Abrir o menú principal

Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), elaborado baixo a moderación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, aínda que na súa redacción participaron representantes dunha pluralidade de forzas vivas galegas (sindicatos, administración, Igrexa católica, asociacións, partidos, MNL ou AS-PG, pero non o ILG, a RAG ou o CCG). Aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 7 de setembro de 2004, presentouse o 22 de xaneiro de 2005 en Santiago de Compostela e divídese en sectores de acción (e estes á súa vez en áreas). Contén unha análise do estado sociolingüístico de cada sector e unha serie de medidas correctoras que a Xunta se compromete a levar a cabo.

PartesEditar

O Plan divídese en tres eidos transversais aplicados a sete sectores estratéxicos. Os ámbitos horizontais son:

  • Dereitos lingüísticos;
  • Novas tecnoloxías;
  • Introdución do corpus;

Os sete sectores nos que se aplicarán son:

  • administración;
  • educación, familia (transmisión xeracional) e mocidade;
  • medios de comunicación e industrias culturais (editoriais);
  • economía (e industria);
  • sanidade;
  • sociedade (asociacionismo, turismo, lecer);
  • proxección exterior da lingua galega;

FormulaciónEditar

Os obxectivos xerais do plano son:

  • garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións;
  • conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos;
  • introducir na sociedade a oferta positiva (a atención do cidadán ou cliente inicialmente en galego coma norma de cortesía) simbolizando unha nova espírito de convivencia lingüística;
  • promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega, que esfarele prexuízos, reforce a súa estimación e aumente a súa demanda;
  • dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna;

Os criterios estratéxicos para os sete sectores serían:

  • implicación dos sectores sociais ós que vai dirixido;
  • asociación da lingua ós elementos máis innovadores do progreso social;
  • rendemento das intervencións, selecionado accións con poder multiplicador;
  • preferencia polos procedementos persuasivos sobre os coercitivos;
  • consenso, con tal de evitar conflitos;

MedidasEditar

Entre algunhas das 445 accións programadas, de moi distinta importancia, pódense comentar as seguintes:

  • incremento da presenza do galego coma vehicular no ensino ata un 50% mínimo en primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato;
  • aumento da presenza do galego nos xornais de maior tiraxe mediante acordos ata chegar a un 30% en dez anos;
  • creación do Instituto de Lingua e Cultura Galegas "Rosalía de Castro" para coordinar os centros de estudos galegos existentes no exterior e as accións de promoción exterior;
  • solicitude conxunta con Cataluña e Euskadi ó estado español para que os niveis de ensino non universitario de toda España se estude unha das lingua co-oficiais;

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • PXNLG. Nun documento .pdf