Luis Cernuda

poeta español

Luis Cernuda Bidón, nado en Sevilla en 1902 e finado en México en 1963, foi un poeta español, membro da xeración do 27.

Luis Cernuda
Nacemento21 de setembro de 1902
Lugar de nacementoSevilla
Falecemento5 de novembro de 1963
Lugar de falecementoCidade de México
SoterradoPanteón Jardín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónescritor, tradutor, profesor universitario, crítico literario e poeta
Coñecido porDonde habite el olvido
Na rede
Dialnet: 20872 Musicbrainz: 1cb08ce2-5a94-475d-86bf-085d95154f8a Discogs: 1467720 Find a Grave: 6986298 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Casa natal de Luis Cernuda

Traxectoria editar

Fillo dun militar, licenciouse en dereito pola Universidade de Sevilla. Dedicado á poesía obtivo a cátedra de español da Universidade de Tolosa, posteriormente domiciliouse en Madrid e durante a guerra civil española trasladouse a Inglaterra, e viviu en Francia, Escocia, Estados Unidos ata que en 1952 fixou a súa residencia en México.

Obra editar

A súa é unha poesía de meditación. En 1927 publicou as súas primeiras poesías, co título de Perfil del aire e Égloga, elegía, oda onde homenaxea a tradición clásica.
Con Un río, un amor e Los placeres prohibidos escritos entre 1929 e 1931 únese ao surrealismo, ao tempo que se rebela contra a orde establecida e reinvindica abertamente a homosexualidade. La realidad y el deseo (1936, edición definitiva 1964) é a súa principal obra, que comezou a escribir a comezos da década de 1930 e que continou ata a súa morte. Cernuda explora o desexo, o amor, a historia e a sexualidade en poemas con influencias que van do romanticismo e o clasicismo ao surrealismo.
En Las nubes (1940 e 1943) trata da guerra civil.
En México desenvolve a súa última etapa poética. Variaciones sobre tema mexicano (1952), Vivir sin estar viviendo (1944-49) e Con las horas contadas (1950-56), son os principais libros, nos que substitúe a musicalidade elegante, garcilasiana por un ritmo seco, duro e renuncia á ornamentación en favor do concepto; este estilo acada a súa plenitude en Desolación de la Quimera (1962).