Rafael Alonso Rodríguez

mestre galego

Rafael Alonso Rodríguez, nado en Amoeiro o 25 de xullo de 1901[1] e finado en Maceda o 21 de setembro de 1937, foi un mestre galego.

Infotaula de personaRafael Alonso Rodríguez
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Amoeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Maceda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre que procedía da oposición de 1928, obtivo praza en Amoeiro. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. De ideoloxía radical-socialista, caracterizábase polo entusiasmo na práctica dos novos métodos pedagóxicos, e a loita contra o caciquismo local. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[2] Perseguido, foi detido e asasinado o 21 de setembro de 1937 na Curva Grande do Rodicio, na estrada de Ourense a Ponferrada (actual OU-536) pouco antes do Alto do Rodicio (Maceda).

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 48. 
  2. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar