Gerardo Doval

avogado e político galego

Gerardo Doval Rodríguez Formoso, nado en Noia o 21 de setembro de 1863[1] e finado en Madrid o 23 de abril de 1940, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaGerardo Doval

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1863 Editar o valor en Wikidata
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1068436 BUSC: doval-gerardo-1861-1940

Traxectoria

editar

Estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1891 trasladouse a Madrid, onde se doutorou en Dereito e impartiu clases de Filosofía e Retórica no Colexio Isabel a Católica. Membro do Partido Liberal, foi deputado por Ágreda (1901 e 1905) e Chinchón (1916), e senador por Teruel en 1919. Foi xefe superior de policía de Barcelona (1919). En 1923 foi elixido deputado por un dos distritos de Lugo. En 1926 formou parte da Xunta de Goberno do Ateneo de Madrid presidida por José Soto Reguera. Exerceu a avogacía e foi un notable penalista. Foi Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e académico correspondente da Real Academia Galega dende a súa fundación. Estaba en posesión da Orde de Isabel a Católica.

  • El Jurado como institución popular. Reformas necesarias en el procedimiento, 1903.
  • Higiene y acción social. Intervención del Derecho en los matrimonios de los tuberculosos, 1912.
  • Un problema nacional. Los foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación, 1925 (con prólogo de Alfonso de Cal).
  • Lo infinito ha creado y rige por acción directa la marcha de su obra, 1927.
  • Cánovas ateneista, 1928.

Vida persoal

editar

A súa filla Carmen Doval del Campo casou en 1922 con Luis Barrena Alonso de Ojeda[2].

  1. Segundo o Dicionario de autores/as do Barbanza naceu en 1861.
  2. Noticia en ABC

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar