José María Fernández Colmeiro
José María Fernández Colmeiro, nado en Toxa (Silleda) o 21 de setembro de 1894[1] e finado en París o 10 de xuño de 1959, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1894 Toxa, España |
Morte | 10 de xuño de 1959 (64 anos) París, Francia |
Educación | Universidade da República |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Traxectoria
editarAos 18 anos emigrou a Uruguai, onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 graduouse en Medicina na Universidade da República en Montevideo. Nos anos trinta foi representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.
En 1935 foi nomeado agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballou co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrolouse como médico no exército da República. Pasou a Xibraltar e colaborou na fuxida de republicanos desde Marrocos. Enviou unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica.
Dende 1938 traballou na Fundación Curie de París, que chegou a dirixir. Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en 1959 cando dirixía o Servizo de roentgenoterapia da Fundación Curie.
Homenaxe
editarNo ano 2009 o goberno municipal de Silleda aprobou o cambio de denominación do centro de saúde da capital, que desde entón se coñece como Centro de Saúde Doutor Fernández Colmeiro.[2]
Notas
editar- ↑ Aínda que na maioría das fontes aparece como ano de nacemento 1898, o libro de Rodríguez da Torre reproduce a súa acta de nacemento, na que figura 21 de setembro de 1894,
- ↑ "El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6". Faro de Vigo (en castelán). 26 de setembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodríguez da Torre, Matías (2006). José María Fernández Colmeiro.Doutor contra o cancro fascista. Silleda: Autor-editor. ISBN 84-96368-55-6.
- José María Fernández Colmeiro. Su vida y su obra. Conferencia de Alejandro Dussaut, pronuniada o 15 de agosto de 1959 na homenaxe tributado polo Ateneo Pi y Margall, Sección Cultural do Centro Republicano Español. Buenos Aires, 1959.