Charles Jules Henri Nicolle, nado en Ruán o 21 de setembro de 1866 e finado en Tunes, Tunisia, o 28 de febreiro de 1936, foi un médico francés, especialista en microbioloxía.

Infotaula de personaCharles Nicolle

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles Jules Henri Nicolle Editar o valor em Wikidata
21 de setembro de 1866 Editar o valor em Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 1936 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Tunes Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Pasteur - doutor em medicina (pt) Traducir (–1893)
Lycée Pierre-Corneille (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBacterioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , bacteriólogo , microbiólogo , catedrático , médico , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1932–1936)
Instituto Pasteur (1903–1936) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaC.-J.-H.Nicolle Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
PaiEugène Nicolle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaurice Nicolle (pt) Traducir e Marcel Nicolle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 215998289 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Traballou primeiro no hospital de Ruán onde participou na elaboración dun soro contra a difteria. En 1903, asumiu a dirección do Instituto Pasteur en Tunes, e alí traballou en diversas enfermidades infecciosas, como o tifo e a malaria e estudando o papel que desempeñan algúns animais na súa propagación. Así, en 1909 descobre que o piollo é o principal transmisor do tifo. Con esta constatación, chégase á consecuencia de que a eliminación dos piollos será necesaria para evitar a transmisión da enfermidade e para salvase vidas. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1928.

É o autor desta profética sentenza referente á aparición de novas enfermidades: Así pois, haberá novas enfermidades. É un feito inevitable. Outro feito, tamén inevitable, é que nunca seremos capaces de localizalas nas súas orixes. Cando sexamos coñecedores desas enfermidades, xa estarán formadas, serán, por dicilo así, adultas. E aparecerán como apareceu Atenea, saíndo armada desde a cabeza de Zeus. Como as recoñeceremos, esas novas enfermidades, como poderiamos sospeitar a súa existencia antes de que se vistan con síntomas? Hai que resignarse á ignorancia nos primeiros casos evidentes. Ignoraranse, confundiranse con enfermidades existentes con anterioridade e só tras un longo período de ir ás cegas separaremos o novo tipo patolóxico do taboleiro das enfermidades xa clasificadas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar