Luis Mateo Díez

escritor español


Luís Mateo Díez Rodríguez, nado en Villablino (provincia de León) o 21 de setembro de 1942, é un escritor español. É membro da Real Academia Española desde o ano 2001, coa cadeira de brazos "l" (ele) minúscula.

Infotaula de personaLuis Mateo Díez
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Villablino, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Real Academia Española (2001–)
Claraboya (en) Traducir (1963–1968) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos2
Premios

Dialnet: 739647

É o único autor en lingua castelá que obtivo en dúas ocasións o Premio Nacional de Narrativa e outras dúas o Premio da Crítica, grazas ás súas novelas La fuente de la edad (1986) e La ruina del cielo (1999). Tamén obtivo o Premio Cervantes (2023), o maior galardón aos autores de lingua literaria española.

Traxectoria editar

Luís Mateo Díez Rodríguez naceu en Villablino, poboado mineiro das montañas do noroeste da provincia de León situado no centro da comarca de Laciana. O seu pai, Florentino Díez, era secretario do Concello dese municipio leonés e o futuro escritor naceu precisamente "no vella casa consistorial, asentada no corazón do val sobre o antigo solar onde un día se alzou a Torre que erguía o recordo dos concellos ancestrais".

A súa familia viviu en Villablino ata que en 1954, aos 12 anos, se trasladou a León onde o seu pai fora nomeado secretario da Deputación. Luís Mateo estudou o bacharelato no colexio leonés Nosa Señora do Bo Consello e en 1961 ingresou en Dereito na Universidade Complutense de Madrid; finalizou a carreira en Oviedo.

Ingresou en 1969, por oposición, no corpo de Técnicos de Administración Xeral do Concello de Madrid, converténdose en xefe do seu servizo de Documentación Xurídica.

Entre 1963 e 1968, participou na redacción da revista poética Claraboya xunto a Agustín Delgado, Antonio Chamas e Ángel Fierro.[1] Por ese entón apareceron os seus primeiros poemas, que foron reunidos en 1972 en Señales de humo.

Con todo, a súa creación lírica foi efémera e deixou paso definitivamente á ficción narrativa. O seu primeiro libro de contos, Memorial de hierbas, apareceu en 1973 e a súa primeira novela, Las estaciones provincialess, case 10 anos máis tarde, en 1982. A estas seguiron moitas outras, algunhas das cales obtiveron prestixiosos premios, como La Fuente de la Edad (1986) o La ruina del cielo (2000); ambas as dúas Premio Nacional de Narrativa e Premio da Crítica).

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine. Así, o conto Los grajos del Sochantre foi levado á pantalla grande por José María Martín Sarmiento (Chema Sarmiento) en El filandón (1984), película na que se relatan cinco historias (Díez relata a súa; e o propio fan Pedro Trapiello con Láncara, Antonio Pereira con Las peras de Dios, José María Merino con El desertor e Julio Llamazares con Retrato de bañista); a novela La fuente de la edad foi rodada en 1991 por Julioo Sánchez Valdés para Televisión Española. Sarmiento tamén adaptou Los males menores en 2011 baixo o título de Viene una chica, película da que Díez foi coguionista.

Foi elixido membro da Real Academia Española o 22 de xuño de 2000 e tomou posesión cadeira de brazos "I" o 20 de maio de 2001. É patrón de honra da Fundación da Lingua Española e membro habitual dun gran número de xurados de concursos de conto e de novela.

Obra editar

Narrativa editar

  • Memorial de hierbas (1973). Contos, E.M.E.S.A., Madrid.
  • Apócrifo del clavel y la espina (1977). prólogo de Agustín Delgado, E.M.E.S.A., Madrid.
  • Relato de Babia (1981). Ensaio, ilustrado con fotos, Papalaguinda, Valencia.
  • Las estaciones provinciales (1982). Novela, Alfaguara, Madrid.
  • La fuente de la edad, novela, Alfaguara (1986).
  • El sueño y la herida (1987).
  • Brasas de agosto (1989). Alfaguara. Contén 13 contos, nove rescatados polo propio autor:
    • El difunto Ezequiel Montes, Los grajos del Sochantre, Albanito, amigo mío, La familia de Villar, Concierto sentimental, Cenizas (Premio Ignacio Aldecoa 1976), El sueño y la herida, Mister Delmas, La llamada, El viaje de doña Saturnina, Carta de amor y batalla, Brasas de agosto e Mi tío César.
  • Albanito, amigo mío y otros relatos (1989). Biblioteca de El Sol, Compañía Europea de Comunicación e Información, Madrid. Contén 8 textos:
    • Albanito, amigo mío; El difunto Ezequiel Montes; Concierto sentimental; Cenizas; Los temores ocultos; La papelera; El pozo; e Naufragios.
  • Las horas completas (1990). Novela.
  • El expediente del náufrago (1992). Novela.
  • Los males menores (1993). Contos e microrrelatos, Alfaguara.
  • Valles de leyenda (1994).
  • Camino de perdición, novela (1995).
  • El espíritu del páramo, novela (1996).
  • La mirada del alma, novela (1997).
  • Días del desván (1997). Colección de 30 estampas evocadoras da infancia do escritor no Valle de Laciana, Edilesa, León.
  • El paraíso de los mortales (1998). Novela.
  • La ruina del cielo (1999). Novela.
  • El porvenir de la ficción (1999). ensaio, Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura, 1999
  • Las estaciones de la memoria: antología (1999).
  • Las palabras de la vida (2000).
  • El pasado legendario (2000).
  • Laciana: suelo y sueño (2000).
  • Balcón de piedra (2001).
  • El diablo meridiano (2001). Son tres novelas curtas: "El diablo meridiano", "La sombra de Anubis" e "Pensión Lucerna"
  • El oscurecer (Un encuentro) (2002). Novela.
  • El eco de las bodas (2003). Son tres novelas curtas: "El eco de las bodas", "El limbo de los amantes" e "La viuda feliz"
  • Fantasmas del invierno (2004). Novela.
  • El fulgor de la pobreza (2005). Son tres novelas curtas: "El fulgor de la pobreza", "La mano del amigo" e "Deudas del tiempo"
  • La piedra en el corazón (2006). Novela.
  • El árbol de los cuentos (2006). Recompilación de todos os relatos escritos entre 1973 e 2004, Alfaguara.
  • La gloria de los niños, novela (2007).
  • El sol de la nieve o el día que desaparecieron los niños de Celama (2008).
  • Los frutos de la niebla (2008). Son tres novelas curtas: "Los frutos de la niebla", "Príncipes del olvido" e "La escoba de la bruja"
  • El expediente del náufrago (2008).
  • El animal piadoso (2009). Novela.
  • Pájaro sin vuelo (2011).novela, Alfaguara.
  • La cabeza en llamas (2012). Galaxia Gutenberg. Son catro novelas curtas:
    • La cabeza en llamas, Luz del Amberes, Contemplación de la desgracia e Vidas de insecto
  • Fábulas del sentimiento (2013). 12 novelas curtas, Alfaguara. Contén os libros El diablo meridiano, El eco de las bodas, El fulgor de la pobreza e Los frutos de la niebla
  • La soledad de los perdidos (2014). Novela, Alfaguara, Madrid.
  • Los desayunos del Café Borenes (2015). Galaxia Gutenberg. Son dúas novelas curtas:
    • Los desayunos del Café Borenes (Un opúsculo); Un callejón de gente desconocida (Un recuento)
  • El cuerpo doblado (2016). Pamplona: Historias de la Clínica Universidade de Navarra. Relato curto.
  • Vicisitudes. Alfaguara (2017). Conxunto de 85 contos que quedou finalista do Premio de la Crítica de Castilla y León en 2018.
  • Juventud de cristal. Alfaguara (2019). Obra finalista do Premio da Crítica de Castela e León en 2020.
  • Los ancianos siderales (2020). Galaxia Gutenberg.
  • Celama (un recuento) (2022). Alfaguara. ISBN 978-84-204-6206-6.
  • Mis delitos como animal de compañía (2022). Galaxia Gutenberg.

Poesía editar

  • Señales de humo (1972). Institución Fray Bernardino de Sahagún, León.
  • Parnasillo provincial de poetas apócrifos (1975). En colaboración con Agustín Delgado e José María Merino. Tamén hai texto narrativo.

Teatro editar

  • Celama (2008). Adaptación realizada xunto a Fernando Urdiales para Teatro Corsario.

Cine editar

  • Viene una chica, película de 2011 dirixida por Chema Sarmiento e da que Díez foi coguionista xunto a este. Adaptación de Los males menores

Autobiografía editar

  • Azul serenidad o la muerte de los seres queridos (2010).

En coautoría editar

  • Sabino Ordás: Las cenizas del fénix (1985). Colección de artigos xornalísticos, con Juan Pedro Aparicio e José María Merino.
  • Palabras en la nieve: un filandón (2007). Contos, con Juan Pedro Aparicio e José María Merino.
  • Cuentos del gallo de oro (2008). Contos con Juan Pedro Aparicio y José María Merino.
  • Participó en Nocturnario (2016). Un libro colectivo con collages de Ángel Olgoso no que 101 escritores hispanoamericanos achegaronun texto para acompañar cada unha das imaxes.
  • «Lectura de Luis Mateo Díez» [do conto «El gobernador» de Antonio Pereira], en Natalia Álvarez Méndez e Ángeles Encinar (ed): Antonio Pereira y 23 lectores cómplices. León: Eolas Ediciones, 2019.

Premios editar

Notas editar

  1. Escritores.org. "Mateo Díez, Luis". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2022-11-08. 
  2. Mora, Miguel (4 de outubro de 2000). "Luis Mateo Díez obtiene el Nacional de Narrativa por su fábula 'La ruina del cielo'". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  3. Lorenci, Miguel (13 d enoviembre de 2020). "Luis Mateo Díez, el gran fabulador "irrealista" con riqueza poética". Diario de Navarra (Pamplona). p. 64. 
  4. García Higueras, Laura (2023-11-07). "Luis Mateo Díez gana el Premio Cervantes 2023". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-11-07. 
  5. Pardo, B. (7 de novembro de 2023). "Luis Mateo Díez, premio Cervantes 2023". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.