José María Merino
José María Merino Sánchez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1941 é un escritor en lingua castelá. En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa de España pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.
José María Merino | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José María Merino Sánchez |
Nacemento | 5 de marzo de 1941 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e crítico literario |
Fillos | Ana Merino |
Premios | Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España, Premio Nacional de Narrativa, Premio de la Crítica de Castilla y León, Premio Castela e León das Letras, Salambó Prize, Premio Torrente Ballester, Premio da Crítica Española e Premio Nacional das Letras Españolas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
En 2022 foi Premio Rosalía de Castro do PEN Club.[1]
Traxectoria Editar
Aínda que naceu en Galicia, pouco despois a familia marchou á cidade do pai, León, onde pasou a infancia e a adolescencia. Estudou dereito na Universidade Complutense de Madrid e logo de exercer un tempo como avogado ingresou como funcionario no Ministerio de Educación. Foi director do Centro das Letras do Ministerio de Cultura (1987-1989).
En 1972 publicou o seu primeiro libro, o poemario Sitio de Tarifa. Aínda que Merino é sobre todo coñecido polas súas novelas e contos, a primeira novela publicouna en 1976, Novela de Andres Choz.
Obra Editar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Sitio de Tarifa (1972).
- Cumpleaños lejos de casa (1973).
- Novela de Andrés Choz (1976).
- El caldero de oro (1981).
- Cuentos del reino secreto (1982).
- La orilla oscura (1985).
- El viajero perdido (1990).
- Los trenes del verano -No soy un libro- (1992).
- Las visiones de Lucrecia (1996).
- Intramuros (1998).
- Los invisibles (2000).
- El heredero (2003).
- El lugar sin culpa (2006).
- La sima (2009).
- El río del Edén (2012).
Recoñecementos Editar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa de España, pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.
Notas Editar
- ↑ Diario, Nós (2022-10-31). "Os premios Rosalía de Castro do PEN Clube xa teñen gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2022-11-01.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Merino |
Bibliografía Editar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.