Premio Nacional de Narrativa de España

O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa é un galardón literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España.[1] Premia a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas, entre tódalas obras deste xénero publicadas en España no ano anterior. Está dotado con 20.000 euros.

Ten os seus antecedentes na Orde de creación do Ministerio da Gobernación de 25 de xaneiro de 1949. A súa configuración actual data de 1995.[2] Os seus anos de historia permitíronlle asistir á renovación da novela española.

O premio tense outorgado en catro ocasións a obras escritas en lingua galega: Xa vai o griffón no vento, de Alfredo Conde en 1986; Que me queres, amor?, de Manuel Rivas en 1996; Trece badaladas, de Suso de Toro en 2003; Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga en 2021 e As malas mulleres, de Marilar Aleixandre en 2022.

Galardoados Editar

Antigos gañadores Editar

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar