Javier Marías
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2021.) |
Javier Marías, nado en Madrid o 20 de setembro de 1951 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2022, foi un escritor, tradutor e editor español, membro da Real Academia Española.[1][2][3] No seu tempo foi considerado un dos novelistas máis relevantes da literatura española contemporánea.
Biografía
editarFillo do filósofo Julián Marías, pasou parte da súa infancia xunto coa súa familia en Estados Unidos, xa que ó seu pai, encarcerado e represaliado por ser republicano, prohibíuselle impartir clases na Universidade española. Recibiu unha sólida educación liberal no Colexio Estudio, herdeiro da Institución Libre de Enseñanza. Licenciouse en Filosofía e Letras (sección de Filoloxía Inglesa) pola Universidade Complutense de Madrid.[4]
Sobriño e curmán, respectivamente, dos cineastas Jess e Ricardo Franco, colaborou con eles na súa xuventude traducindo ou escribindo guións, e mesmo aparecendo como extra nalgunha longametraxe.[4]
En 1970 escribiu a súa primeira novela, Los dominios del lobo, que sería publicada ó ano seguinte. Entre a escritura da obra e a súa publicación, coñeceu ó escritor Juan Benet moi importante na súa vida persoal e literaria.
En 1972 publicou a súa segunda novela, Travesía del horizonte, e en 1978 a terceira, El monarca del tiempo. Ese mesmo ano apareceu a súa tradución da novela de Laurence Sterne: "La vida y opiniones del caballero Tristram Shandy", pola que lle foi concedido o ano seguinte o Premio Nacional de Tradución. En 1983 publicou a súa cuarta novela, El siglo.
Entre 1983 e 1985 impartiu clases de Literatura Española e Teoría da Tradución na Universidade de Oxford. En 1984 faríao no Wellesley College en Boston e entre 1987 e 1992 na Universidade Complutense de Madrid.
En 1986 publicou a novela El hombre sentimental e, en 1988, Todas las almas. Esta última, aínda que obra de ficción, narra a historia dun profesor español que imparte clases en Oxford, o que deu lugar a algún equívoco ó ser identificado de forma errónea o narrador co autor.
En 1990 publicouse a súa primeira recompilación de relatos breves, Mientras ellas duermen e en 1991 a súa primeira recompilación de artigos a súa obra publicada en prensa e revistas.
A novela Corazón tan blanco (1992) tivo un grande éxito tanto de público coma de crítica, e significou a súa definitiva consagración como escritor. Foi traducida a decenas de linguas, e o crítico alemán Marcel Reich-Ranicki, auténtico gurú literario no seu país, mencionou a Marías coma un dos máis importantes autores vivos de todo o mundo. Á súa seguinte novela, publicada en 1994, Mañana en la batalla piensa en mí (título tomado dun verso de Shakespeare, ó igual que Corazón tan blanco), chovéronlle os premios en Europa e América.
En 1998 apareceu Negra espalda del tiempo, novela na que Javier Marías detalla os cruces entre ficción e vida real producidos pola falsa interpretación de Todas las almas como un roman à clef. É tamén nesta obra onde se conta a historia do "lendario, real e ficticio" Reino de Redonda, do que Marías se acababa de converter en soberano, co nome de Xavier I, trala abdicación de Jon Wynne-Tyson. Con evidente ton lúdico, Marías (pese ó seu republicanismo confeso) aceptou o título co obxecto de defender o legado literario do Reino, nomeou unha corte formada por personaxes da cultura nacional e internacional e convocou un premio anual. No ano 2000 creou a editorial Reino de Redonda.
En 2002 comezou a publicar a que podería cualificarse coma a súa novela máis ambiciosa, Tu rostro mañana. Aínda que de lectura independente, continúa con algúns dos personaxes (en particular, o narrador) de Todas las almas. Debido á súa extensión, o autor tiña previsto publicala en dous tomos, aínda que serán tres como mínimo, xa que tras os dous primeiros (Fiebre y lanza, 2002 e Baile y sueño, 2004) está aínda inconclusa.
En 2006 foi elixido membro da Real Academia Española de la Lengua, na que, tras ler o seu discurso de ingreso, ocupará a cadeira R, vacante trala morte de Fernando Lázaro Carreter. Anteriormente declinara pertencer á institución porque o seu pai xa ocupaba unha praza.
É considerado un dos escritores vivos máis relevantes en lingua española. As súas Corazón tan blanco e Mañana en la batalla piensa en mí foron catalogadas por moitos entre os clásicos da literatura castelá case desde a súa publicación. O seu labor como articulista foi moi influente tanto en España como en América Latina e apareceu en medios moi relevantes coma os xornais españois El País, El Semanal (ó que renunciou despois de ser censurado) e a revista mexicana Letras Libres.
Ademais (exclusivamente en termos literarios) é rei de Redonda baixo o nome de King Javier I (a historia do nomeamento aparece en Negra espalda del tiempo). Coa súa investidura outorgou títulos nobiliarios (ficticios) a unha gran cantidade de personaxes das artes e das letras, entre eles Pedro Almodóvar, Arturo Pérez-Reverte, Francis Ford Coppola e John Maxwell Coetzee.
Malia o seu éxito de crítica e público (ou quizais a causa disto), a Marías non lle faltan detractores. A nivel literario, algúns considérano pouco español e estranxeirizante. Outros, un tanto sobrevaluado. Ademais, foron públicas as súas diferenzas e enfrontamentos, entre outros, con Jorge Herralde (editor de Anagrama, na que Javier Marías publicou algunha das súas primeiras obras), Elías e Gracia Querejeta, pola adaptación cinematográfica de Todas las almas, co suplemento de prensa El Semanal, que se negou a publicar un dos seus artigos, ou coa Asociación de Vítimas do Terrorismo, a raíz da publicación do artigo Un país demasiado anómalo.
Obras
editarNovelas
editar- Los dominios del lobo (1971). Edhasa.
- Travesía del horizonte (1972). La Gaya Ciencia.
- El monarca del tiempo (1978). Alfaguara.
- El siglo (1983). Seix Barral.
- El hombre sentimental (1986). Anagrama.
- Todas las almas (1989). Anagrama.
- Corazón tan blanco (1992). Anagrama.
- Mañana en la batalla piensa en mí (1994). Anagrama.
- Negra espalda del tiempo (1998).
- Tu rostro mañana (2002 - 2007):
- Los enamoramientos (2011). Alfaguara.
- Así empieza lo malo (2014). Alfaguara.
- Berta Isla (2017). Alfaguara.
- Tomás Nevinson (2021). Alfaguara.
Relatos
editar- Mientras ellas duermen (1990; edición ampliada en 2000). Anagrama.
- Cuando fui mortal (1996). Alfaguara.
- Mala índole (1998). Plaza & Janés
- Mala índole. Cuentos aceptados y aceptables (2012). Alfaguara. Recompilación de 30 relatos
Coleccións de artigos
editar- Pasiones pasadas (1991). Anagrama.
- Tres ciudades, un barrio y una casa: Venecia, un interior; El manojo de llaves de la sabiduría; La ciudad más presumida; En Chamberí; La biblioteca invasora
- Cinco retratos: El señor Benet recibe; El tío Jesús; Retrato imaginario del artista en casa; La espera de un entendido; La muerte de Aliocha Coll
- Asuntos vitales y asuntos mortales: La edad del recreo; No pareces español; Ocultarse el destino; De la actual dificultad de insultar; La venganza y el mayordomo; Contra la larga vida; Quiénes hacen la cultura; Deseo ser protegido; Lo que no ocurre; El aborigen; Elogio del egoísta; Desalmadas de pensamiento; "Qué asco"; Amor eterno
- Asuntos no muy literarios: Falsificaciones literarias; Añoranza del árbitro; El hombre que no pudo ser rey; Nada importa; Polvoriento espectáculo; Seis recomendaciones superficiales a los críticos jóvenes
- Una despedida: La dificultad de perder la juventud
- Literatura y fantasma (1993), ampliado en 2001. Siruela.
- Vida del fantasma (1995), ampliado en 2001. Aguilar.
- Salvajes y sentimentales. Letras de fútbol (2000), ampliado en 2010. Aguilar.
- Donde todo ha sucedido. Al salir del cine (2005). Galaxia Gutenberg.
- Aquella mitad de mi tiempo. Al mirar atrás (2008). Galaxia Gutenberg.
- Los villanos de la nación. Letras de política y sociedad (2010). Libros del Lince.
- Publicados no suplemento dominical XL Semanal (diario ABC e 22 diarios rexionais):
- Mano de sombra (1997), artigos de 1995-97. Alfaguara.
- Seré amado cuando falte (1999), artigos de 1997-99. Alfaguara.
- A veces un caballero (2001), artigos de 1999-01. Alfaguara.
- Harán de mí un criminal (2003), artigos de 2001-02. Alfaguara.
- Publicados no suplemento dominical El País Semanal (diario El País):
- El oficio de oír llover (2005), artigos de 2003-05. Alfaguara.
- Demasiada nieve alrededor (2007), artigos de 2005-07. Alfaguara.
- Lo que no vengo a decir (2009), artigos de 2007-09. Alfaguara.
- Ni se les ocurra disparar (2011), artigos de 2009-11. Alfaguara.
- Tiempos ridículos (2013), artigos de 2011-13. Alfaguara.
- Juro no decir nunca la verdad (2015), artigos de 2013-15. Alfaguara.
- Cuando los tontos mandan (2018), artigos de 2015-17. Alfaguara.
- Cuando la sociedad es el tirano (2019), artigos de 2017-19Alfaguara.
- ¿Será buena persona el cocinero? (2022), artigos de 2019-21. Alfaguara.
- Lección pasada de moda. Letras de lengua (2012). Galaxia Gutenberg. 49 artigos sobre o idioma español.
Infantil
editar- Ven a buscarme (2011). Alfaguara.
Traducións
editarObras (excluídos artigos) traducidas por Javier Marías:
- El brazo marchito y otros relatos de Thomas Hardy (1974). Alianza Tres.
- La vida y las opiniones del caballero Tristram Shandy. Los sermones de Mr. Yorick de Laurence Sterne (1978). Alfaguara.
- De vuelta del mar de Robert Louis Stevenson (1980). Hiperión.
- El espejo del mar de Joseph Conrad (1981). Hiperión.
- Ehrengard de Isak Dinesen (1984). Bruguera.
- El violinista ambulante, de Thomas Hardy (en Textos paralelos I. Cuentos británicos, Turner, 1984)
- El crepúsculo celta de William Butler Yeats (1985). Alfaguara.
- Religio Medici. Hydriotaphia de Thomas Browne (1986). Alfaguara.
- Autorretrato en espejo convexo de John Ashbery (1990).
- Un poema no escrito de W. H. Auden (1996). Pre-Textos.
- Notas para una ficción suprema de Wallace Stevens (1996). Pre-Textos.
- Si yo amaneciera otra vez de William Faulkner (1997). Alfaguara.
- Desde que te vi morir de Vladimir Nabokov (1999). Alfaguara.
Si yo amaneciera otra vez e Desde que te vi morir inclúen traducións de poemas de Faulkner e Nabokov, respectivamente, e ensaios de Javier Marías.
Outros
editar- Cuentos únicos (1989). Siruela.
- Vidas escritas (1992). Siruela.
- El hombre que parecía no querer nada (1996). Espasa.
- Miramientos (1997). Alfaguara.
- Faulkner y Nabokov: dos maestros (2009). Debolsillo.
- Si yo amaneciera otra vez de William Faulkner (1997). Alfaguara.
- Desde que te vi morir de Vladimir Nabokov (1999). Alfaguara.
- El Quijote de Wellesley: Notas para un curso en 1984 (2016). Alfaguara.
Galardóns
editar- Premio Nacional de Tradución por La vida y las opiniones del caballero Tristram Shandy (1979).
- Premio Herralde de Novela por El hombre sentimental (1986).[5]
- Premio Cidade de Barcelona por Todas las almas (1989).
- Premio da Crítica por Corazón tan blanco (1993).
- Prix L'Œil et la Lettre por Corazón tan blanco (1993).
- Premio Rómulo Galegos por Mañana en la batalla piensa en mí (1995).
- Premio Fastenrath (Real Academia Española de la Lengua) por Mañana en la batalla piensa en mí (1995).
- Prix Femina Étranger (Francia) á mellor novela estranxeira por Mañana en la batalla piensa en mí (1996).
- Premio Nelly Sachs (Dortmund) polo conxunto da súa obra (1997).
- IMPAC International Dublin Literary Award (Trinity College de Dublín) por Corazón tan blanco (1997).
- Premio Letterario Internazionale Mondello-Città di Palermo por Mañana en la batalla piensa en mí (1998).
- Premio Comunidade de Madrid á creación artística polo conxunto da súa obra (1998).
- Premio Internazionale Ennio Flaiano por El hombre sentimental (2000).
- Premio Grinzane Cavour (Turín) polo conxunto da súa obra (2000).
- Premio Internacional Alberto Moravia de narrativa estranxeira (Roma) polo conxunto da súa obra (2000).
- Premio Nacional de Periodismo Miguel Delibes polo artigo El oficio de oír llover (2003).
- Premio Salambó ó mellor libro de narrativa por Tu rostro mañana, 1: Fiebre y lanza (2003).
- Premio José Donoso en polo conxunto da súa obra, Universidade de Talca, Chile (2008).
- Premio Internacional de Literatura Nonino polo conxunto da súa obra, (Italia) (2011).
- Premio Austríaco de Literatura Europea (2011).
- Premio Nacional de Narrativa (de España) por Los enamoramientos: rexeitado polo autor (2012).
- Premio Formentor de las Letras (2013)
- Premio da Crítica de narrativa castelá por Berta Isla (2017)
- Premio de Periodismo Diario Madrid (2020).
Notas
editar- ↑ 20minutos (2022-09-11). "Muere el novelista español Javier Marías a los 70 años". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Muere Javier Marías, el gran novelista español del último medio siglo". abc (en castelán). 2022-09-11. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Javier Marías". Real Academia Española (en castelán). Consultado o 2022-09-11.
- ↑ 4,0 4,1 "Biografía de Javier Marías". www.javiermarias.es. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ Jarque, Fietta (18 de novembro de 1986). "Javier Marías gana el Premio Herralde de novela con 'El hombre sentimental'". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2021.