Vladimir Nabokov, nado en San Petersburgo o 23 de abril de 1899 e finado en Montreux (Suíza) o 2 de xullo de 1977, foi un novelista, poeta e crítico estadounidense de orixe rusa. É considerado unha das principais figuras da literatura universal.

Modelo:BiografíaVladimir Nabokov

(1973) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Владимир Владимирович Набоков Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1899 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1977 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Montreux, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Clarens Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMontreux (1961–1977)
Ashland (pt) Traducir (1953–1953)
Ithaca (1948–1959)
Cambridge (1942–1948)
Wellesley (1941–1942)
Manhattan (1940–1941)
Berlín (1922–1937)
Livadiya (en) Traducir (1918–1918)
San Petersburgo (1899–1917)
Fréjus
Antibes
Cambridge
Menton
Praga
París
Cannes
Chauncy Street (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTrinity College - literatura rusa, Ictioloxía, literatura francesa (pt) Traducir (–1922)
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, literatura rusa, poesía, translation into English (en) Traducir, translation into Russian (en) Traducir, translation from English (en) Traducir, translation from Russian (en) Traducir e entomoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cambridge
París
Berlín
Montreux Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario (1941–1961), xornalista, crítico literario, novelista, escritor de ciencia ficción, xadrecista, compositor de xadrez, especialista en literatura, entomólogo, lepidopterólogo, autobiógrafo, escritor, poeta, guionista, zoólogo, dramaturgo, tradutor, estudoso da literatura Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor en Wikidata - 1977 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell (1948–1959)
Wellesley College (pt) Traducir (1941–1948)
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSátira Editar o valor en Wikidata
MovementoModernismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioВладимир Сирин Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Nabokov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeVéra Nabokov (1925, 1925–1977) Editar o valor en Wikidata
FillosDmitri Nabokov Editar o valor en Wikidata
PaisVladimir Dmitrievich Nabokov Editar o valor en Wikidata  e Yelena Rukavishnikova Editar o valor en Wikidata
IrmánsSergey Nabokov
Kirill Nabokov
Yelena Nabokova Editar o valor en Wikidata
ParentesSerge Nabokov, curmán entregue
Vladimír Petkevič, sobriño neto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Russian literature of the 20th century. Volume 2, 2005 (en) Traducir, (p.591-596) >>>:НАБОКОВ Владимир Владимирович,
Writers of St. Petersburg. XX century (en) Traducir >>>:Набоков Владимир Владимирович, Editar o valor en Wikidata
Páxina webvladimir-nabokov.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0618603 Allocine: 829 Allmovie: p302116 TV.com: people/vladimir-nabokov IBDB: 8979
BNE: XX1719689 Bitraga: 2691 iTunes: 57533786 Last fm: Vladimir+Nabokov Musicbrainz: 9e3f4dc0-f90b-4ead-9aa3-7c5b56dd5826 Discogs: 845175 Allmusic: mn0001528433 WikiTree: Набоков-1 Find a Grave: 7914140 Editar o valor en Wikidata
Monumento a Vladimir Nabokov en Montreux.

Traxectoria

editar

Nabokov naceu no seo dunha familia aristocrática. En 1919, a familia abandonou o país para escapar da Revolución Rusa. Tres anos máis tarde, Nabokov graduouse na Universidade de Cambridge coa máxima cualificación. Empezou a escribir para os diarios dos emigrantes rusos en Berlín (onde viviu de 1923 a 1937), baixo o pseudónimo de "Vladimir Sirin"). A súa novela sobre xadrez, Zashchita Luzhina (1930), consagrouno como un dos principais valores da xove xeración de escritores emigrados de Rusia. Durante os cinco anos seguintes escribiu catro novelas e un conto, entre as que destacan Desesperación e Convidado a unha decapitación. Do ano 1936 ao 1938 viviu en Francia, onde comezou a escribir en inglés. En 1940, trasladouse aos Estados Unidos e, cinco anos máis tarde, adoptou a nacionalidade estadounidense. Alí publicaría, en 1947, a súa primeira novela en inglés, Bend Sinister. Porén, a súa fama literaria foi discreta ata a publicación en París de Lolita (1955), obra que supuxo a súa consagración como escritor e que narra a intensa e obsesiva relación dun home maduro cunha adolescente, e que pode considerarse un estudo do amor e do desexo sexual. Xunto con esta obra, a que a seguiu, Pale Fire (1962), foi tamén moi eloxiada.

Éxito das súas obras

editar

Durante a década de 1960 traducíronse a diversas linguas algunhas das súas primeiras novelas escritas en ruso, coma a obra Convidado a unha decapitación. En 1964 publicou, en edición crítica, a súa tradución ao inglés da novela de Alexander Pushkin, Eugene Onegin, en 4 volumes. Speak, Memory (1966) é un nostálxico relato da súa infancia na Rusia imperial e a súa vida posterior ata 1940; as memorias publicáronse orixinalmente en forma abreviada en 1951, baixo o título de Conclusive Evidence. Korol' Dama Valet, escrita en Berlín e publicada en ruso e alemán en 1928, é unha parodia dunha novela tradicional. En 1969 apareceu Ada or Ardor: A Family Chronicle, un exemplo claro da súa obra. En 1973 publicou dous libros: A Russian Beauty and Other Stories, e o ensaio Strong Opinions. En 1959 Nabokov estableceuse en Suíza, onde viviu recluído ata o 2 de xullo de 1977. O territorio exclusivo de Nabokov é a traxicomedia complexa, na que o tempo e o espazo condénsanse ou se expándense, e as metáforas e os símiles entremestúranse nun xogo incesante. Como dixera o propio autor: "Aínda que camiño sempre á beira da parodia, ten que haber, por outra parte, un abismo de seriedade".

 
Lápida de Elena Nabokova, nai de Vladimir

Novelas escritas en ruso:

  • Mashen'ka (Машенька, 1926); Tradución en inglés: Mary (1970).
  • Korol' Dama Valet (Король, дама, валет, 1928); Tradución en inglés: King, Queen, Knave (1968).
  • Zashchita Luzhina (Защита Лужина, 1930); Tradución en inglés: The Luzhin Defense ou The Defense (1964) (tamén levada ao cinema: The Luzhin Defence, no 2001).
  • Sogliadatai (Соглядатай, 1930); tradución ao inglés: The Eye (1965).
  • Podvig (Подвиг, 1932); traduciónn ao inglés: Glory (1971).
  • Kamera Obskura (Камера Обскура, 1932); Traducións ao inglés: Camera Obscura (1936), Laughter in the Dark (1938).
  • Otchayanie (Отчаяние, 1936); Tradución ao inglés: Despair (1937, 1966).
  • Priglasheniye na kazn (Приглашение на казнь, 1938); tradución ao inglés: Invitation to a Beheading (1959).
  • Dar (Дар, 1938); Tradución ao inglés: The Gift (1963).
  • Volshebnik (Волшебник, 1939, inédita); tradución ao inglés: The Enchanter (1985).

Novelas escritas en inglés:

  • The Real Life of Sebastian Knight (1941)
  • Bend Sinister (1947)
  • Lolita (1955), traducida ao galego no 2008 por Xesús Fraga [1]
  • Pnin (1957)
  • Pale Fire (1962)
  • Ada or Ardor: A Family Chronicle (1969)
  • Transparent Things (1972)
  • Look at the Harlequins! (1974)
  • The Original of Laura (sen terminar, 1977)

Teatro:

  • Izobretenie Val'sa (1938); tradución ao inglés: The Waltz Invention: A Play in Three Acts (1966).
  • The Man from the USSR and Other Plays (1984)
  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

editar