Juan Benet
Juan Benet Goitia, nado en Madrid o 7 de outubro de 1927 e finado na mesma cidade o 5 de xaneiro de 1993, foi un escritor español, considerado como un dos máis influentes da segunda metade do século XX en España.[1][2] Exerceu a súa profesión de enxeñeiro de camiños e en literatura practicou diversos xéneros: drama, ensaio, conto e novela, destacando sobre todo nesta última.
Juan Benet | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1927 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 5 de xaneiro de 1993 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Causa | tumor cerebral |
Nacionalidade | España |
Ocupación | enxeñeiro, escritor, poeta, dramaturgo e enxeñeiro civil |
Cónxuxe | Blanca Andreu |
Premios | Premio Planeta |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado en Madrid, o último dos tres fillos —despois de Marisol e Paco— do matrimonio do avogado Tomás Benet Benet e Teresa Goitia Ajuria. O seu pai morreu fusilado na zona republicana ó comezo da guerra civil, en 1936, despois do cal a súa nai foise cos seus fillos a Donostia, onde tiña familiares, ata que en 1939 regresou á capital.
En Donostia, Benet ingresou no Colexio Católico Santa María de Marianistas, en Aldapeta, e en Madrid continuou os seus estudos no da nosa Señora do Pilar, onde rematou o bacharelato en 1944. Catro anos máis tarde, ingresou na Escola Superior de Camiños, Canles e Portos.[3]
En 1946 comezou a frecuentar o faladoiro de Pío Baroja, un dos poucos escritores españois que lle gustaban, e ó que dedicou unhas páxinas no Otoño en Madrid hacia 1950. Ese mesmo ano descubriu, por influxo do seu primo Carmelo Chueca Goitia, residente en Inglaterra, a William Faulkner, quen, segundo recoñeceu máis tarde, foi o que o determinou a escribir. Nos seus anos universitarios converteuse en asiduo dos cafés Gambrinus e Gijón, onde coñeceu a quen foi grande amigo, Luis Martín-Santos, entre outros autores da época.
NotasEditar
- ↑ Blanca, Inés. «Javier Marías habla de Juan Benet.» 8 de febrero de 1993. El Ojo de la Aguja Nº4-4, primavera de 1993. Consultado o 8 de setembro de 2011.
- ↑ Castilla, Amelia. «Inéditos de Juan Benet.» Papeles Perdidos: Babelia. 8 de septiembre de 2011.] El País. Consultado o 9 de setembro de 2011.
- ↑ Cronoloxía de Benet tomada do libro Cartografía personal, edición a cargo de Mauricio Jalón, Cuatro Ediciones, Valladolid, 1997 e recollida na páxina de Javier Marías. Consultado o 8 de setembro de 2011.