Abrir o menú principal

Francisco Ayala García-Duarte, nado en Granada, o 16 de marzo de 1906 e finado en Madrid o 3 de novembro de 2009, foi un escritor español.

Francisco Ayala
Francisco Ayala.jpg
Nome completoFrancisco Ayala García-Duarte
Nacemento16 de marzo de 1906
 Granada
Falecemento3 de novembro de 2009
 Madrid
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónescritor, tradutor, novelista, sociólogo, avogado, poeta, crítico literario, catedrático de universidade, xurista e Cátedra universitaria
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Premio Príncipe de Asturias das Letras, Hijo Predilecto de Andalucía, Premio Nacional das Letras Españolas, doutor honoris causa e honorary doctorate of the University of Granada
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Ós dezaseis anos trasladouse a Madrid, onde estudou Dereito e Filosofía e Letras. Nesta época publicou as súas dúas primeiras novelas, Tragicomedia de un hombre sin espíritu e Historia de un amanecer.

Colaborou habitualmente en Revista de Occidente e La Gaceta Literaria. Residía en Berlín entre 1929 e 1931 durante o xurdimento do nazismo. Doutorouse en Dereito na Universidade de Madrid e impartía clases na mesma.

Foi letrado das Cortes desde a proclamación da República. No comezo da guerra civil atopábase dando conferencias en Sudamérica, e durante a mesma exerciu como funcionario do Ministerio de Estado.

Ó caer a República exiliouse en Buenos Aires, onde pasou dez anos traballando e colaborando na revista Sur e no diario La Nación. Nese tempo foi cofundador da revista Realidad.

Posteriormente, aínda na década dos cincuenta, Ayala trasladouse a Puerto Rico, país no que impartiu cursos na Facultade de Dereito da Universidade de Puerto Rico, invitado polo Decano de dita institución, o renomeado xurista, Manuel Rodríguez Ramos. Desde o arquipélago de Puerto Rico viaxou a Estados Unidos de América, onde impartiu clases de Literatura española nas universidades de Princeton, Rutgers, Universidade de Nova York (NYU) e Chicago, aínda que tamén mantivo estreitos nós intelectuais e culturais con Puerto Rico, onde igualmente viviron longos exilios os nomeados Pau Casals e Juan Ramón Jiménez, entre outros.

En 1960 regresou por primeira vez a España e, pouco a pouco, reintegrouse na vida literaria española. En 1976 instalouse definitivamente en Madrid, continuando o seu labor de escritor, conferenciante e colaborador de prensa. En 1983, ós 77 anos, foi elixido membro da Real Academia Española e leu o seu discurso de ingreso un ano despois. Ata moi avanzada idade seguiu escribindo con plena lucidez. En 1988 obtivo o Premio Nacional das Letras Españolas; en 1990 foi nomeado Fillo Predilecto de Andalucía; en 1991 foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes e en 1998 co Premio Príncipe de Asturias das Letras.

A crítica dividiu xeralmente a traxectoria narrativa de Francisco Ayala en dúas etapas: a anterior e a posterior á guerra civil.

A primeira etapa corresponde a antes da guerra civil. Escribiu Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Historia de un amanecer (1926), que se inscriben nunha liña narrativa tradicional. Con El boxeador y un ángel (1929) e Cazador en el alba (1930) aborda a prosa vangardista. En ambas coleccións de contos predominan o estilo metafórico, a brillantez expresiva, a falta de interese pola anécdota e a fascinación polo mundo moderno.

Tras un longo silencio, Francisco Ayala inicia a súa segunda etapa no exilio con El hechizado (1944), relato sobre o intento dun crioulo de entrevistarse co rei Carlos II que formou parte en 1949 de Los usurpadores, libro composto por sete narracións cuxo tema común é a ansia de poder. A historia serve aquí para reflexionar sobre o pasado, a fin de coñecer con maior profundidade o presente. Tamén en 1949 publica La cabeza del cordero, conxunto de relatos sobre a guerra civil, nos que presta maior atención á análise das paixóns e comportamentos dos personaxes que á crónica duns acontecementos externos. Muertes de perro (1958) constitúe unha denuncia da situación dun pobo sometido a unha ditadura, ó tiempo que presenta a degradación humana nun mundo sen valores. El fondo del vaso (1962) é un complemento da novela anterior, que está presente neste novo relato a través dos comentarios que dela fan os personaxes. A ironía convértese no recurso central desta obra, aínda que unha maior comprensión cara ó xénero humano vai substituíndo ó desprezo. Nalgunhas ocasións, coma en El hechizado, achégase ó mundo existencial e absurdo de Franz Kafka, cunha denuncia implícita da inmoralidade e estupidez do poder.

Despois destas novelas Francisco Ayala seguiu publicando relatos, coma os recollidos en El As de Bastos (1963), El rapto (1965) e El jardín de las delicias (1971) , libro que se basea no contraste entre a obxectividade satírica da primeira parte, «Diablo mundo», e o ton evocativo, subxectivo e lírico da segunda, «Días felices». En 1982 apareceu De triunfos y penas, e en 1988 El jardín de las malicias, onde recolleu seis contos escritos en diferentes épocas da súa vida.

Gran importancia ten tamén a súa obra ensaística, que abrangue temas políticos e sociais, reflexións sobre o presente e o pasado de España, o cine e a literatura.

Escribiu unhas interesantes memorias: "Recuerdos y olvidos" (1982, 1983, 1988 e 2006).

O 16 de marzo de 2006 cumpriu os 100 anos de idade. Foi membro da Academia de Buenas Letras de Granada.

TítulosEditar

NarrativaEditar

  • Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925).
  • Historia de un amanecer (1926).
  • El boxeador y un ángel (1929).
  • Cazador en el alba (1930).
  • El hechizado (1944).
  • Los usurpadores (1949).
  • La cabeza del cordero (1949).
  • Historia de macacos (1955).
  • Muertes de perro (1958).
  • El fondo del vaso (1962).
  • El as de Bastos (1963).
  • Mis mejores páginas (1965).
  • El rapto (1965).
  • Cuentos (1966).
  • Obras narrativas completas. Glorioso triunfo del príncipe Arjuna (1969).
  • Lloraste en el Generalife.
  • El jardín de las delicias (1971).
  • El hechizado y otros cuentos (1972).
  • De triunfos y penas (1982).
  • El jardín de las malicias (1988).
  • Relatos granadinos (1990).
  • Recuerdos y olvidos 1 (1982) (Memorias).
  • Recuerdos y olvidos 2 (1983) (Memorias).
  • El regreso (1992).
  • De mis pasos en la tierra (1996).
  • Dulces recuerdos (1998).
  • Un caballero granadino y otros relatos (1999).
  • Cuentos imaginarios (1999).

EnsaioEditar

  • El derecho social en la Constitución de la República española (1932).
  • El pensamiento vivo de Saavedra Fajardo (1941).
  • El problema del liberalismo (1941).
  • El problema del liberalismo (1942). Edición ampliada.
  • Historia de la libertad (1943).
  • Los políticos (1944).
  • Histrionismo y representación (1944).
  • Una doble experiencia política: España e Italia (1944).
  • Ensayo sobre la libertad (1945).
  • Jovellanos (1945).
  • Ensayo sobre el catolicismo, el liberalismo y el socialismo (1949). De Donoso Cortés, con edición y estudio preliminar de Francisco Ayala.
  • La invención del Quijote (1950).
  • Tratado de sociología (1947).
  • Ensayos de sociología política (1951).
  • Introducción a las ciencias sociales (1952).
  • Derechos de la persona individual para una sociedad de masas (1953).
  • Breve teoría de la traducción (1956).
  • El escritor en la sociedad de masas (1956).
  • La crisis actual de la enseñanza (1958).
  • La integración social en América (1958).
  • Tecnología y libertad (1959).
  • Experiencia e invención (1960).
  • Razón del mundo (1962).
  • De este mundo y el otro (1963).
  • Realidad y ensueño (1963).
  • La evasión de los intelectuales (1963).
  • Problemas de la traducción (1965).
  • España a la fecha (1965).
  • El curioso impertinente, de Miguel de Cervantes (1967). Edición y prólogo.
  • El cine, arte y espectáculo (1969).
  • Reflexiones sobre la estructura narrativa (1970).
  • El Lazarillo: reexaminado. Nuevo examen de algunos aspectos (1971).
  • Los ensayos. Teoría y crítica literaria (1972).
  • Confrontaciones (1972).
  • Hoy ya es ayer (1972).
  • Cervantes y Quevedo (1974).
  • La novela: Galdós y Unamuno (1974).
  • El escritor y su imagen (1975).
  • El escritor y el cine (1975).
  • Galdós en su tiempo (1978).
  • El tiempo y yo. El jardín de las delicias (1978).
  • Palabras y letras (1983).
  • La estructura narrativa y otras experiencias literarias (1984).
  • La retórica del periodismo y otras retóricas (1985).
  • La imagen de España (1986).
  • Mi cuarto a espaldas (1988).
  • Las plumas del Fénix. Estudios de literatura española (1989).
  • El escritor en su siglo (1990).
  • Contra el poder y otros ensayos (1992).
  • El tiempo y yo, o el mundo a la espalda (1992).
  • En qué mundo vivimos (1996).
  • Miradas sobre el presente: ensayos y sociología, 1940-1990 (2006)

Artigos de prensaEditar

  • El mundo y yo (1985).

TraduciónsEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • K. Ellis, El arte narrativo de Francisco Ayala (Madrid, 1964)
  • F. Ayala, Obras narrativas completas, prólogo de A. Amorós (México, 1969)
  • E. Irizarry, Teoría y creación literaria en Francisco Ayala (Madrid, 1970)
  • R. Hiriart, Los recursos técnicos en la novelística de Francisco Ayala (Madrid, 1972)
  • A. Amorós, Bibliografía de Francisco Ayala (Nova York, 1973)
  • T. Mermall, Las alegorías del poder en Francisco Ayala (Madrid, 1983)
  • AA. VV., Francisco Ayala (Barcelona, 1989).
  • A.J. Ribes Leiva, Paisajes del siglo XX: sociología y literatura en Francisco Ayala, Ed. Biblioteca Nueva (Madrid, 2007).
  • A.J. Ribes Leiva, "La mirada sociológica y el compromiso con el presente de Francisco Ayala", en F. Ayala, Miradas sobre el presente, Colección Obra Fundamental, Fundación Santander (Madrid, 2006).
  • A.J. Ribes Leiva (ed.), Francisco Ayala, Agencia Española de Cooperación Internacional (AECI), Prólogo José Enrique Rodríguez Ibáñez (Madrid, 2006).
  • A.J. Ribes Leiva, "Sociología y literatura en Francisco Ayala", en Política y Sociedad, 41, Núm. 2, 2004.
  • A.J. Ribes Leiva, "Introducción a la sociología de Francisco Ayala: reflexiones en torno a la Ley de Unificación del Mundo", en Sistema, xaneiro de 2002.

Ligazóns externasEditar