Manuel Antônio de Almeida

Manuel Antônio de Almeida, nado no Río de Xaneiro o 17 de novembro de 1830 e finado en Macaé o 28 de novembro de 1861, foi un médico, escritor e profesor brasileiro.[1]

Infotaula de personaManuel Antônio de Almeida

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1831 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1861 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Macaé, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortenaufraxio, afogamento Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio do Brasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , mestre , novelista , xornalista , médico escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioUm Brasileiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1208725

Biografía

editar

Fillo do tenente Antônio de Almeida, e de Josefina Maria de Almeida. Seu pai morreu cando Manuel Antônio tiña dez anos de idade. Concluíu a Facultade de Medicina en 1855, mais nunca exerceu a profesión. Dificultades financeiras levárono ao xornalismo e ás letras. Cando tiña ao redor de vinte anos, súa nai faleceu.

Foi redactor do xornal Correio Mercantil, para o cal escribía un suplemento, A Pacotilha. Neste suplemento publicou nas páxinas dos folletíns a súa única obra en prosa, a novela Memórias de um Sargento de Milícias, de 1852 a 1853, en capítulos.

Pertenceu á primeira sociedade carnavalesca do Río de Xaneiro, o Congreso das Sumidades Carnavalescas, fundado en 1855.

Foi profesor do Liceu de Artes e Ofícios do Río de Xaneiro.

En 1858 foi nomeado director da Tipografia Nacional, onde coñeceu o mozo aprendiz de tipógrafo Machado de Assis.

Procurou iniciar a carreira na política. Cando ía facer as primeiras consultas entre os electores, morreu no naufraxio do navío Hermes, en 1861, na costa fluminense.

Memórias de um sargento de Milícias, de 1852, foi o seu único libro. Retrata as clases medias e baixas, algo moi excepcional para a época, na cal as novelas retrataban os ambientes aristocráticos. A experiencia de ter unha infancia pobre influenciou Manuel Antônio de Almeida no desenvolvemento da súa obra.

A acción sitúase na época de D. João VI e narra a historia das aventuras de Leonardo, desde o seu nacemento até o casamento con Luisinha. Fillo de Leonardo Pataca e Maria das Hortaliças, o heroe vive libremente, practicando travessuras, que son o centro da narrativa e só rematan cano el é escollido, polo xefe de polícia, para ocupar o cargo de sarxento de milicias.[2]

En español Memorias de un sargento de milicias (2016), Mármara Ediciones.

Escribiu tamén a peza de teatro Dois Amores en 1861, que foi presentada tras a súa morte, con música da Condessa Rosawadowska, sen alcanzar éxito.

Tamén escribiu crónicas, críticas, artigos, etc., publicadas en xornais da época e que foron reunidas en libro, en 1991, por Bernardo de Mendonça a partir da pescuda de fontes primarias, a comezar polo xornal Correio Mercantil, do Río de Xaneiro. A Obra Dispersa de Manuel Antônio de Almeida reúne non só a colaboración dispersa en xornais e a opereta Dois Amores, mais tres antoloxías complementarias: a correspondencia activa, descubrimento entre os recentes anos 50 e 60, dirixida a Quintino Bocaiuva, Francisco Ramos da Paz e José de Alencar; as declaracións de contemporáneos, como Francisco Otaviano, Machado de Assis, Augusto Emílio Zaluar, Félix Ferreira, Joaquim Manuel de Macedo; e, por fin, unha mostra das dúbidas críticas nas lecturas pre-modernistas das Memórias de Um Sargento de Milícias.

  1. "Manuel Antônio de Almeida". Academia Brasileira de Letras (en portugués). 2014-11-04. Consultado o 2020-04-21. 
  2. "Biografia de Manuel Antônio de Almeida". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-21. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bernardo de Mendonça, "D'Almeida, Almeida, Almeidinha, A., Maneco, Un Brasileiro: máis unha novela de costumes", in Obra Dispersa de Manuel Antônio de Almeida. Río de Xaneiro, Graphia, 1991.
  • Antônio Cândido, Dialética da Malandragem, in Revista do Instituto de Estudos Brasileiros, da Universidade de São Paulo, 1970, n. 8, p. 67-88.