Antonio Candido

sociólogo brasileiro

Antonio Candido de Mello e Souza, nado no Río de Xaneiro o 24 de xullo de 1918 e finado en São Paulo o 12 de maio de 2017, foi un sociólogo, crítico literario e profesor universitario brasileiro. Foi Premio Camões en 1998.

Infotaula de personaAntonio Candido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHérnia de hiato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de São Paulo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , crítico literario , sociólogo , poeta , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de São Paulo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJacó Guinsburg (pt) Traducir, Ligia Chiappini Moraes Leite (pt) Traducir e Norma Seltzer Goldstein (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGilda de Melo e Sousa Editar o valor em Wikidata
FillosMarina de Mello e Souza Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Fillo do médico Aristides Candido de Mello e Souza e de Clarisse Tolentino de Mello e Souza, pasou a infancia entre os límites xeográficos e culturais de Minas Xerais e São Paulo (Cássia, Pozos de Caldas e San João da Boa Vista), para fixarse na cidade São Paulo en 1937.[1]

Ingresou na Facultade de Dereito e na Facultade de Filosofía, Letras e Ciencias Humanas da Universidade de São Paulo en 1939, abandonando a primeira o quinto ano e graduándose en Ciencias Sociais en 1942.[1]

Estudoso da literatura brasileira e estranxeira, é autor dunha obra crítica extensa, respectada nas principais universidades do Brasil. Á actividade de crítico literario sumouse a actividade académica, como profesor da Facultade de Filosofía, Letras e Ciencias Humanas da Universidade de São Paulo (USP), onde, entre outros feitos, introduciu, en 1962, a literatura comparada, transformando a disciplina de Teoría Literaria en Teoría Literaria e Literatura Comparada.[2] Foi tamén profesor emérito da USP e da Universidade Estadual Paulista (UNESP), e doutor honoris causa da Universidade Estadual de Campinas (Unicamp) e da Universidade da República do Uruguai (2005).[3]

Iniciou súa carreira como crítico na revista Clima (1941-1944), xuntamente con Paulo Emílio Salles Gomes, Alfredo Mesquita, Décio de Almeida Prado, Gilda Rocha de Mello e Souza (filla dun primo de Mário de Andrade), con quen acabou casando, e outros.

É considerado un dos grandes expoñentes da crítica literaria brasileira polo feito das súas obras se teren tornado base esencial para o debate da formación literaria nacional asociada a unha construción sociológica e ao humanismo.[4] De método dialético, comparatista e sociológico, anticipou a interdisciplinaridade para entender a literatura como expresión da cultura brasileira. Como militante político, foi un dos varios precursores do socialismo democrático no Brasil.[5]

A súa idealización do Suplemento Literario, en 1956, caderno de crítica anexo ao xornal O Estado de S. Paulo, até 1966, contando con colaboración de Paulo Emílio Salles Gomes, Wilson Martins, do propio Antonio Candido e outros, é visto como marco do pensamento crítico brasileiro.[4] A súa obra máis influente, Formação da Literatura Brasileira, foi lanzada en 1959. Estreitou relacións e amizades con polo menos dúas das grandes xeracións de importantes escritores brasileiros, como Oswald de Andrade, Guimarães Rosa, Graciliano Ramos, dos cales escribiu tamén recensións, estudos e críticas referenciais para o entendemento das súas obras.[6]

Traxectoria política editar

Paralelo ás actividades literarias, Candido militou no Partido Socialista Brasileiro e participou do Grupo Radical de Acción Popular, integrado tamén por Paulo Emílio Salles Gomes, Germinal Feijó, Paulo Zingg e Antônio Costa Correia, editando un xornal clandestino, de oposición ao goberno ditatorial de Getúlio Vargas, chamado Resistencia. Antonio Candido axuda a consolidar a Unión Democrática Socialista (UDS). Coa disolución desta última, adhire á Esquerda Democrática, que en 1947 se funde cos remantes en UDS, para formar o Partido Socialista Brasileiro (PSB). Foi demandante a deputado estadual por esa sigla, na cal ocupou o cargo de dirixente da sección paulista e militou até 1954.[7] Posteriormente, participou do proceso de fundación do Partido dos Traballadores, onde, entre outras funcións, foi Presidente do 1º Consello Curador da Fundación Wilson Pinheiro, fundación de apoio partidaria instituída polo PT en 1981, antecesora da Fundación Perseu Abramo.[8] Foi afiliado ao PT até súa morte, apoiando a candidatura de Dilma Rousseff en 2010.

Traxectoria académica editar

En 1942 ingresou no corpo docente da Universidade de São Paulo (USP) como asistente de ensino do profesor Fernando de Azevedo, na cadeira de Socioloxía II, onde foi compañeiro de Florestan Fernandes. A partir de 1943 pasou a colaborar co xornal Folha da Manhã, en que escribiu diversos artigos e destacou os primeiros libros de João Cabral de Melo Neto e Clarice Lispector.

En 1945, obtivo o título de libre-docente coa tese Introdução ao Método Crítico de Sílvio Romero e, en 1954, o grao de doutor en Ciencias Sociais coa tese Parceiros do Rio Bonito, aínda hoxe un marco nos estudos brasileiros sobre sociedades tradicionais. Entre 1958 e 1960 foi profesor de literatura brasileira na Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras de Assis, hoxe integrada á Universidade Estadual Paulista.

En 1961 regresou á USP e, a partir de 1974, tórnase profesor-titular de Teoría Literaria e Literatura Comparada da Facultade de Filosofía, Letras e Ciencias Humanas (así denominada a partir de 1970) da USP, sendo responsábel pola formación de gran parte da intelectualidade nacional, directa ou indirectamente. Entre os seus discípulos están Antônio Lázaro de Almeida Prado, Fernando Henrique Cardoso, Roberto Schwarz, Davi Arrigucci Jr., Walnice Nogueira Galvão, João Luiz Lafetá, Antônio Arnoni Prado e Antônio Luiz Cagnin entre outros.

Xubilouse en 1978, porén mantívose aínda como profesor do curso de posgrao até 1992, ano en que orientou a última tese, a do crítico mexicano Jorge Ruedas de La Serna e crítico atuante non só na vida literaria, como tamén na política, sendo un dos fundadores do Partido dos Traballadores. Recibiu o Premio Camões en 1998.

Antonio Candido foi o primeiro brasileiro a recibir o Premio Internacional Alfonso Reyes, un dos máis importantes da América Latina. Foi o 8 de outubro de 2005, en Monterrey, a cidade natal de Reyes. Escritores como Borges, Carpentier, Malraux, Octavio Paz, Harold Bloom figuran entre os premiados.

Vida persoal editar

Antonio Candido fcasou con Gilda de Mello e Souza, profesora de Estética no Departamento de Filosofía da Facultade de Filosofía, Letras e Ciencias Humanas da Universidade de São Paulo. Falecida o 25 de decembro de 2005, Gilda era filla dun primo do escritor Mário de Andrade, con quen conviviu na mesma casa por 12 anos e cuxa obra ela estudou, especialmente en O Tupi e o Alaúde. Candido deixou tres fillas: Ana Luísa e as tamén profesoras de Historia da USP, Laura de Mello e Souza e Marina de Mello e Souza.[9]

Mesmo discreto, xubilado e afastado da vida social e académica, era frecuentemente requirido por alumnos e institucións, por conta da súa erudición.[10]

Morte editar

Antonio Candido morreu o 12 de maio de 2017, en São Paulo, no transcurso dunha hernia de hiato inoperábel.[9]

Principais obras editar

  • Introdução ao método crítico de Sílvio Romero (1945)
  • Ficção e confissão: estudo sobre a obra de Graciliano Ramos (1956)
  • Formação da literatura brasileira: momentos decisivos (1959)
  • O observador literário (1959)
  • Tese e antítese: ensaios (1964)
  • Os parceiros do Rio Bonito: estudo sobre o caipira paulista e a transformação dos seus meios de vida (1964)
  • Literatura e sociedade: estudos de teoria e história literária (1965)
  • Vários escritos (1970)
  • Formação da literatura brasileira (1975)
  • Teresina etc. (1980)
  • Na sala de aula: caderno de análise literária (1985)
  • A educação pela noite e outros ensaios (1987)
  • O estudo analítico do poema (1987)
  • Recortes (1993)
  • O discurso e a cidade (1993)
  • Teresina e seus amigos (1996)
  • Iniciação à literatura brasileira (Resumo para principiantes) (1997)
  • O Romantismo no Brasil (2002)
  • Um funcionário da Monarquia: ensaio sobre o segundo escalão (2002)
  • O Albatroz e o Chinês (2004)
  • Iniciação à Literatura Brasileira (2004)

Obras colectivas editar

  • Presença da literatura brasileira: história e antologia, 1964 (con José Aderaldo Castello);
  • A personagem de ficção, 1968 (con Paulo Emílio Salles Gomes, Décio de Almeida Prado e Anatol Rosenfeld);
  • Política cultural, 1984 (con Marilena Chaui, Lélia Abramo e Edélcio Mostaço);
  • USP: 1968-1969. Hélio Lourenço de Oliveira, 1995 (con Lólio Lourenço de Oliveira e Alberto Carvalho da Silva).

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mota, Lourenço Dantas (2011). Introduçao Ao Brasil - Um Banquete No Tropico (en portugués). Editora SENAC São Paulo. ISBN 978-85-7359-765-3. 
  2. Nitrini, Sandra (1996). "Um comparatista dialético". Revista de Letras. 
  3. "Título de Doctor Honoris causa para el brasileño Antonio Cândido de Mello Souza.| Portal Universidad de la República". www.universidad.edu.uy (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  4. 4,0 4,1 Cultural, Instituto Itaú. "Antonio Candido". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  5. Ribeiro, Duanne (2017-05-25). "Max Gimenes: "Candido é Precursor do Socialismo Democrático no Brasil"". Medium (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 2020-04-13. 
  6. "Agraciados". www.capes.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 2020-04-13. 
  7. Fagundes, Ana Carolina. "Um intelectual comprometido com as causas sociais". www.unifesp.br (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  8. "Centro Sérgio Buarque de Holanda: Guia de Acervo" (PDF). 2010-11-20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20/11/2010. 
  9. 9,0 9,1 "Antonio Candido, crítico literário e sociólogo, morre aos 98 anos em São Paulo". G1 (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  10. Entretenimento, Portal Uai; Entretenimento, Portal Uai (2017-05-13). "Antonio Candido foi o maior pensador e divulgador da literatura brasileira". Portal Uai Entretenimento (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aguiar, Flávio (org.). Antonio Candido: pensamento e militância. Fundação Perseu Abramo e Humanitas FFLCH/USP, 1999.
  • Antelo, Raúl (org.). Antonio Candido y los Estúdios Latinoamericanos. Instituto Internacional de Literatura Ibero-Americana da Universidade de Pittsburgh, 2002.
  • Arantes, Paulo Eduardo. Sentimento da Dialética. Rio de Janeiro: Paz e Terra, 1992.
  • Corpas, Danielle et al. (org.). 40 anos de Formação da literatura brasileira. v. 1. Rio de Janeiro: Fundação Universitária José Bonifácio (UFRJ), 2000.
  • Dantas Vinícius. "Bibliografia de Antonio Candido", São Paulo, Duas Cidades / 34 Letras, 2004.
  • Goto, Roberto. Malandragem revisitada. Campinas: Pontes, 1988.
  • Jackson, Luiz Carlos. A tradição esquecida; Belo Horizonte: Ed. UFMG, 2002.
  • Lafer, Celso. (org.). Esboço de Figura. São Paulo, Duas Cidades, 1979.
  • Martinello, André Souza; Schneider, Sérgio. “PARALELOS ENTRE ANTONIO CANDIDO E ALEXANDRE CHAYANOV: economia fechada, equilíbrio mínimo e rusticidade.” In: CARVALHO, Horacio Martins de (Org.). CHAYANOV E O CAMPESINATO. São Paulo: Editora Expressão Popular, 2014, p. 273-298.
  • Pontes, Heloísa. "Destinos Mistos. Companhia das Letras. 1998.
  • Schwarz, Roberto. "Pressupostos, salvo engano, de Dialética da malandragem". In: ___ Que Horas São? São Paulo: Companhia das Letras, 1989.
  • Schwarz, Roberto. Sequências Brasileiras. São Paulo: Companhia das Letras, 1999.
  • Serna, Jorge Ruedas de la (org.). "História e Literatura: Homenagem a Antonio Candido", Unicamp, 2003.
  • MARTINELLO, André Souza; SCHNEIDER, Sérgio. 'PARALELOS ENTRE ANTONIO CANDIDO E ALEXANDRE CHAYANOV: ECONOMIA FECHADA, EQUILIBRIO MÍNIMO E RUSTICIDADE.' Revista Territórios e Fronteiras (UFMT). V.3, número 02 - Jul/Dez 2010. p. 138-158, 2010.