Abrir o menú principal

Joaquim Maria Machado de Assis

escritor brasileiro

Joaquim Maria Machado de Assis, nado no Río de Xaneiro o 21 de xuño de 1839 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1908, foi un escritor brasileiro.

Joaquim Maria Machado de Assis
Machado de Assis real negro.jpg
Nacemento21 de xuño de 1839
 Río de Xaneiro
Falecemento29 de setembro de 1908
 Río de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
EtniaAfro-latino-americanos
Ocupaciónescritor, lingüista, poeta, xornalista, novelista, tradutor, dramaturgo, crítico literario e tipógrafo
CónxuxeCarolina Augusta Xavier de Novais
Coñecido/a porCrisálidas, O Alienista e Dom Casmurro
PremiosImperial Ordem da Rosa
Assinatura de Machado de Assis.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Considerado o pai do realismo no Brasil, escribiu obras memorables, como Memorias Póstumas de Brás Cubas, Don Casmurro, Quincas Borba, Esaú e Jacó e varios libros de contos, entre eles, Papéis Avulsos, no cal se encontra unha das maiores obras-primas da literatura universal, o conto (ou novela) O Alienista, que discute a loucura. Tamén escribiu poesía e foi un activo crítico literario, alén de ser un dos criadores da crónica no país. Foi o fundador da Academia Brasileira de Letras.

Fillo de Francisco José de Assis, fillo de escravos libertos, e de Maria Leopoldina Machado de Assis, portuguesa dos Azores. Machado de Assis perdeu á súa nai e á súa única irmá de moi noviño. Non asistiu de xeito regular á escola e ata aprendeu a escribir el só, tamén de forma autodidacta máis tarde adquiriu un bo coñecemento do francés e inglés. Comezou a traballar como aprendiz de tipógrafo e aos quince anos publicou o seu primeiro poema, Ela.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar