Almeida Garrett

escritor, dramaturgo e político portugués

João Baptista da Silva Leitão, nado no Porto o 4 de febreiro de 1799[1] e finado en Lisboa o 9 de decembro de 1854, foi un escritor e dramaturgo romántico, orador, Par do Reino, ministro e secretario de Estado honorario portugués, nomeado vizconde de Almeida Garrett.

Infotaula de personaAlmeida Garrett

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) João Baptista de Almeida Garrett
(pt) João Baptista da Silva Leitão de Almeida Garrett Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) João Baptista da Silva Leitão de Almeida Garrett Editar o valor em Wikidata
4 de febreiro de 1799 Editar o valor em Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1854 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIgreja de Santa Engrácia Editar o valor em Wikidata
Ministro de Relacións Exteriores
1852 – 1852 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , dramaturgo , político , diplomático , poeta , novelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeRomanticismo
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaPortugués
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0308075 Allocine: 565538 Allmovie: p309703
Musicbrainz: 529fc51e-cd32-4a32-894d-72800ac53dc1 Discogs: 1436620 Find a Grave: 18547716 Editar o valor em Wikidata


Almeida Garrett, polo escultor A. Pinheiro.

Traxectoria editar

Fillo segundo do selador-mor da Alfándega do Porto, acompañou a familia cando esta se refuxiou nos Azores, onde tiña propiedades, fuxindo da segunda invasión francesa, realizada polo exército comandado polo mariscal Soult que entrando en Portugal por Chaves se dirixiu para o Porto, ocupándoo.

Pasou a adolescencia na illa Terceira, sendo destinado á vida eclesiástica, debendo entrar na Orde de Cristo, por intercedência do tío paterno, Frei D. Alexandre da Sagrada Familia, bispo de Malaca e despois de Angra.

En 1816, regresando ao continente, inscribiuse na Universidade, na Facultade de Leis, sendo aí que entrou en contacto cos ideais liberais. En Coímbra, organiza unha tenda masónica, que será frecuentada por alumnos da Universidade como Manuel Passos. En 1818, comeza a usar o apelido Almeida Garrett, así como toda a súa familia.

Participa entusiasticamente na revolución de 1820, da que parece ter coñecemento atempado, como parece probar a poesía As férias, escrita en 1819. Sendo dirixente estudantil e orador defende o vintismo con ardor escribindo un Himno Patriótico recitado no Teatro de San João. En 1821, funda a Sociedade dos Xardineiros, e volta aos Azores nunha viaxe de posíbel motivación masónica. De regreso ao Continente, establécese en Lisboa, onde continúa a publicar escritos patrióticos. Concluíndo a licenciatura en novembro deste ano.

En Coímbra publica o poema libertino O Retrato de Venus, que lle vale ser acusado de materialista e ateo, así como de «abuso da liberdade de prensa», do que será absolto en 1822. Tórnase secretario particular de Silva Carvalho, secretario de estado dos Negocios do Reino, ingresando en agosto na respectiva secretaría, co lugar de xefe de negociado da instrución pública. No fin do ano, o 11 de novembro, casa con Luísa Midosi.

A Vilafrancada, o golpe militar de D. Miguel que, en 1823, acaba coa primeira experiencia liberal en Portugal, lévao para o exilio. Establécese en marzo de 1824 no Havre, cidade portuaria francesa na foz do Sena, mais en decembro está desempregado, o que o leva a ir vivir para París. Non lle sendo permitido o regreso a Portugal, volta ao seu antigo emprego no Havre. En 1826 está de volta a París, para ir traballar na libraría Aillaud. A muller regresa a Portugal.

É amnistiado tras a morte de D. João VI, regresando cos últimos emigrados, tras o outorgamento da Carta Constitucional, reocupando en agosto o seu lugar na Secretaría de Estado. En outubro comeza a editar «O Português, diário político, literário e comercial», sendo prendido a finais do ano seguinte. Liberado, volta ao exilio en xuño de 1828, debido ao restabelecimento do réxime tradicional por D. Miguel. De 1828 a decembro de 1831 vive en Inglaterra, indo despois para Francia, onde se integra nun batallón de cazadores, e máis tarde, en 1832, para os Azores integrado na expedición comandada por D. Pedro IV. Nos Azores trasládase para o corpo académico, sendo máis tarde chamado, por Mouzinho da Silveira, para a Secretaría de Estado do Reino.

Participa na expedición liberal que desembarca no Mindelo e ocupa o Porto en xullo de 1832. No Porto, é reintegrado como oficial na secretaría de estado do Reino, acumulando co traballo na comisión encargada do proxecto de creación do Códigos Criminal e Comercial.

En novembro parte con Palmela para unha misión a varias cortes europeas, mais a misión é disolta en xaneiro e Almeida Garrett abandona en Inglaterra, indo para París onde se encontra coa muller.

Só coa ocupación de Lisboa en xullo de 1833, consegue apoio para o seu regreso, que acontece en outubro. O 2 de novembro é nomeado vogal-secretario da Comisión de reforma xeral dos estudos. É por esa altura que se instala no palacio dos Condes de Almada, na Praza de S. Domingos, en Lisboa, onde reunía a referida comisión[2]. En febreiro do ano seguinte é nomeado cônsul-xeral e encargado de negocios na Bélxica, onde chega en xuño, mais é de novo abandonado polo goberno.

Regresa a Portugal en principios de 1835, regresando ao seu posto en maio. Estaba en París, en tratamento, cando foi substituído sen aviso previo na embaixada belga. Nomeado embaixador na Dinamarca, é cesado antes mesmo de abandonar a Bélxica.

Estes sucesivos abandonos por parte dos gobernos cartistas, lévano a envolverse co Setembrismo, dando así orixe á súa carreira parlamentaria. Logo en 28 de setembro de 1836 é incumbido de presentar unha proposta para o teatro nacional, o que fai propondo a organización dunha Inspección-Xeral dos Teatros, a edificación do Teatro D. Maria II e a creación do Conservatório de Arte Dramática.[3] Os anos de 1837 e 1838, son cubertos nas discusións políticas que levarán á aprobación da Constitución de 1838, e na renovación do teatro nacional.

O 20 de decembro é nomeado cronista-mor do Reino, organizando pronto no principio de 1839 un curso de lecturas públicas de Historia. O ano seguinte o curso versa a «historia política, literaria e científica de Portugal o século XVI».

En 15 de xullo de 1841 ataca violentamente o ministro António José d'Ávila, nun discurso a propósito da Lei da Décima, o que implica a súa pasaxe para a oposición, e o leva á dimisión de todos os seus cargos públicos. En 1842, oponse á restauración da Carta proclamada no Porto por Costa Cabral. Electo deputado nas eleccións para a nova Cámara dos Deputados cartista, rexeita calquera nomeamento para as comisións parlamentarias, como toda a esquerda parlamentaria. O ano seguinte ataca violentamente o goberno cabralista, que compara ao absolutista.

É este ano de 1843 que comezou a publicar, na Revista Universal Lisbonense, as Viagens na Minha Terra, describindo a viaxe ao vale de Santarém comezada o 17 de xullo. Anteriormente, o 6 de maio, lera no Conservatório Nacional unha memoria en que presentou a peza de teatro Frei Luís de Sousa, facendo a primeira lectura do drama.

Continuando a súa oposición ao Cabralismo, participa na Asociación Electoral, dirixida por Sá da Bandeira, así como nas eleccións de 1845, onde foi un dos 15 membros da minoría da oposición na nova Cámara. O 17 de xaneiro de 1846, proferiu un discurso en que consideraba a minoría como representante da «gran nación dos oprimidos», petición o 7 de maio a dimisión do goberno, e en xuño a convocatoria de novas Cortes.

Co rexurdir da revolución da Maria da Fonte, e da Guerra Civil da Patuleia, Almeida Garrett que apoia o movemento, ten que pasar a andar escondido, reaparecendo en xuño, coa sinatura da Convención do Gramido.

Coa vitoria cartista e o regreso de Costa Cabral ao goberno, Almeida Garrett é afastado da vida política, até 1852. En 1849, pasa unha breve tempada na casa de Alexandre Herculano, na Ajuda. En 1850, subscribe con máis de 50 outras personalidades unha Protesta contra a Proposta sobre a Liberdade de Prensa, máis coñecida por «lei das rolhas». Costa Cabral noméao, en decembro, para a comisión do monumento a D. Pedro IV.

Co fin do Cabralismo e o comezo da Rexeneración, en 1851, Almeida Garrett é consagrado oficialmente. É nomeado sucesivamente para a redacción das instrucións ao proxecto da lei electoral, como plenipotenciario nas negociacións coa Santa Sé, para a comisión de reforma da Academia das Ciencias, vogal na comisión das bases da lei electoral, e na comisión de reorganização dos servizos públicos, para alén de vogal do Consello Ultramarino, e de estar encargado da redacción do que irá ser o Acto Adicional á Carta.

Por decreto do Rei D. Pedro V de Portugal, datado de 25 de xuño de 1851, Garrett é feito Vizconde de Almeida Garrett, en vida (tendo o título que ser posteriormente renovado por 2 veces). En 1852 colle, por poucos días, a carpeta dos Negocios Estranxeiros en goberno presidido polo Duque de Saldanha.

En 1852 é elixido novamente deputado, e de 4 a 17 de agosto será ministro dos Negocios Estranxeiros. A súa última intervención no Parlamento será en marzo de 1854 atacando ataca o goberno na persoa de Rodrigo de Fonseca Magalhães.

Falece a 9 de decembro de 1854, vítima dun cancro de orixe hepática, na súa casa situada na actual Rúa Saraiva de Carvalho, en Campo de Ourique, Lisboa. Foi sepultado no Cemiterio dos Praceres, en Lisboa, sendo trasladado a 3 de maio de 1903[8] para o Mosteiro dos Jerónimos[4]. Os seus restos mortais foron posteriormente trasladados para o Panteão Nacional[5] da Igrexa de Santa Engrácia aquando do termo deste edificio. A cerimonia foi en homenaxe a el e a outras ilustres figuras portuguesas, entre os días 1 e 5 de decembro de 1966.

Valoración na cultura portuguesa editar

No século XIX e en boa parte do século XX, a obra literaria de Garrett era xeralmente tida como unha das máis xeniais da lingua portuguesa, inferior só á de Camões. A crítica do século XX (notabelmente João Gaspar Simões) veu cuestionar esta apreciación, sinalando os aspectos máis febles da produción garrettiana.

No entanto, a súa obra conservará para sempre o seu lugar na historia da literatura portuguesa, polas innovacións que a ela trouxo e que abriron novos rumbos aos autores que se o seguiron. Almeida Garrett, até polo acentuado individualismo que atravesa toda a súa obra, merece ser considerado o autor máis representativo do romanticismo en Portugal.

A obra literaria editar

Ancorada o tempo histórico do Liberalismo, a súa obra literaria está inserida no contexto político e cultural que a motivou.

A poesía lírica e narrativa dominou a primeira fase da súa carreira (década de 1920), oscilante entre o neoclassicismo convencional e a nova corrente romántica, de inspiración nacionalista. Despois de O Retrato de Venus (1821) publica, no exilio, os poemas Camões (1825) e Dona Branca (1826), textos iniciadores do Romanticismo portugués. Seguiu a colectánea Lírica de João Mínimo (1829). Comezou a recolleira dos textos do cancioneiro tradicional portugués. Na mesma época o xornalismo ocupa un lugar importante na súa escrita. Xa en 1822 lanzara un pequeno xornal O Toucador (destinado ás señoras). Dirixiu dous xornais, O Português e O Cronista. fundou O Português Constitucional (1836) e o xornal teatral O Entreato (1837). Do exilio son tamén os ensaios: Da Educação (1829), un tratado de filosofía pedagóxica dedicado á futura raíña D. Maria II; e Portugal na Balança da Europa (1830).[6]

Na madureza (década de 1940) escribiu as obras maiores: lírica, narrativa e drama.

Foi un renovador do teatro, pola súa función civilizadora. Despois de obras como as traxedias Catão, Lucrécia e Mérope, en 1838 chégallo o éxito con Um Auto de Gil Vicente. Despois virá o drama histórico con O Alfageme de Santarém, Frei Luís de Sousa, D. Filipa de Vilhena; e a comedia: Falar verdade a mentir, Profecias do Bandarra, Um Noivado no Dafundo etc. Frei Luís de Sousa (1844) é a que mellor recolle o seu ideal artístico: combinando o pathos da traxedia clásica e a actualidade vivencial do drama familiar.[6] Segue sendo un texto de referencia en Portugal. Tamén é de renovada inspiración a poesía lírica. Dúas colectáneas poéticas Flores sem Fruto (1845) e Folhas Caídas (1853), a última exemplo de individualismo romántico. Ten pouca obra novelística, mais moi orixinal, sobre todo Viagens na Minha Terra (1843/1846) que pode considerarse a primeira narrativa moderna portuguesa. Conestrutura digressiva e aparentemente desconexa está a novela histórica O Arco de Sant’Ana (1845/ 1851), un texto polémico e cheo de humor, que lembra unha revolta popular contra o bispo do Porto, no século XIV.

É autor dunha vasta produción fragmentaria, de natureza literaria, ensaística e xornalística (en particular no dominio da crónica política, cultural e mundana), ben como diversos discursos e textos de circunstancias.[6]

Viagens na Minha Terra editar

O libro é o punto de arranque da moderna prosa literaria portuguesa: pola mestura de estilos e de xéneros, polo cruzamento dunha linguaxe clásica, popular, xornalística e dramática. Resaltan a vivacidade de expresións e imaxes e o ton oralizante do narrador. Almeida Garrett liberou o discurso da pesada tradición clásica, anticipando o mellor que a este nivel había de realizar Eça de Queirós. Mais a obra vale tamén pola análise da situación política e social do país e pola simboloxía que Frei Dinis e Carlos representan: no primeiro é visíbel o que aínda restaba de positivo e negativo do Portugal vello, absolutista; o segundo representa, até certo punto, o espírito renovador e liberal. No entanto, o fracaso de Carlos é en gran parte o fracaso do país que acababa de saír da guerra civil entre miguelistas e liberais e que daba os primeiros pasos dunha vivencia social e política en moldes modernos.[7]

Usando un estilo desenvolto e informal, en diálogo permanente co lector, o autor realiza, ao xeito de Stern, unha obra-prima de ironía intelectual; co pretexto dunha crónica de viaxe (que tamén é), ofrécenos unha ampla e lúcida representación do tempo histórico e social do Liberalismo portugués.[6]

Cronoloxía das obras editar

Primeiras edicións ou representacións editar

  • 1819: Lucrécia
  • 1820: Mérope (non chegou a ser representada)
  • 1821: O Retrato de Vénus; Catão (representado o 29 de setembro, no Teatro do Bairro Alto, en S. Roque);
  • 1822: O Toucador
  • 1825 Camões
  • 1826: Dona Branca
  • 1828: Adozinda
  • 1829: Lírica de João Mínimo; Da Educação (ensaio)
  • 1830: Portugal na Balança da Europa (ensaio)
  • 1838: Um Auto de Gil Vicente (representado no teatro Nacional da rúa dos Condes)
  • 1841 O Alfageme de Santarém (1842 segundo algunhas fontes; representado no teatro Nacional da rúa dos Condes)
  • 1843: Romanceiro e Cancioneiro Geral - tomo 1; Frei Luís de Sousa (representado no teatro particular da Quinta do Pinheiro)
  • 1845: O Arco de Sant'Ana - tomo 1; Flores sem fruto
  • 1846: Viagens na minha terra; D. Filipa de Vilhena (inclúe Falar Verdade a Mentir e Tio Simplício; representada no teatro da rúa do Salitre, por alumnos do Conservatório Dramático)
  • 1848: As profecias do Bandarra; Um Noivado no Dafundo; A sobrinha do Marquês
  • 1849: Memória Histórica de J. Xavier Mouzinho da Silveira
  • 1850: O Arco de Sant'Ana - tomo 2;
  • 1851: Romanceiro e Cancioneiro Geral - tomos 2 e 3
  • 1853: Folhas Caídas
  • 1871: Discursos Parlamentares e Memórias Biográficas (antoloxía póstuma)

Publicacións periódicas editar

  • 1827 :O cronista
  • 1830 Memórias de uma África sofrida

Bibliografía ordenada e completa editar

Poemas editar

  • Hino Patriótico, poema. Porto, 1820
  • Ao corpo académico, poema. Coímbra 1821
  • Retrato de Vénus, poema. Coímbra, 1821
  • Camões, poema. París, 1825
  • Dona Branca ou a Conquista do Algarve, poema. París, 1826 (pseud. de F. E.)
  • Adozinda, poema. Londres, 1828
  • Lyrica de João Mínimo. Londres, 1829
  • Miragaia, poesia. Lisboa, 1844 (
  • Flores sem Fruto, poesia. Lisboa, 1845
  • Os Exilados, À Senhora Rossi Caccia , poesía. Lisboa, 1845
  • Folhas Caídas, poesía. Río de Xaneiro e despois Lisboa,1853
  • Camões, poema. 4ª ed. revisada, con estudo de Camilo Castelo Branco. Porto, 1854

Póstumos editar

  • Dona Branca ou a Conquista do Algarve, poema. Porto Alegre, 1859
  • Dona Branca ou a Conquista do Algarve, poema. Nova York, 1860
  • Bastardo do Fidalgo, poema. Porto, 1877
  • Odes Anacreônticas: Ilha Graciosa. Évora, 1903
  • A Anália, poesía inédita de Garrett. Lisboa 1932 (redac., Porto 1819)
  • Magriço ou Os Doze de Inglaterra, poema. Coímbra, 1948
  • Roubo das Sabinas, poemas libertinos I. Lisboa, 1968
  • Afonseida, ou Fundação do Império Lusitano, poema. Lisboa 1985 (pseud.: Josino Duriense, redac., Angra 1815-16)
  • Poesías Dispersas. Lisboa, 1985
  • Magriço e os Doze de Inglaterra, poema incompleto, Lisboa, 1914

Pezas teatrais editar

  • Catão, traxedia. Lisboa, 1822
  • O Corcunda por amor. Lisboa, 1822 [edición conxunta con Catão]
  • Catão, traxedia. Londres, 1830
  • Catão, traxedia. Río de Xaneiro, 1833
  • Catão, traxedia. Lisboa, 1845
  • Mérope, traxedia. Lisboa, 1841
  • O Alfageme de Santarém ou A Espada do Condestável. Lisboa, 1842
  • Um Auto de Gil Vicente. Lisboa, 1842
  • Frei Luís de Sousa, 1843
  • Dona Filipa de Vilhena, comedia. Lisboa, 1846
  • Falar Verdade a Mentir, comedia. Lisboa 1846
  • A Sobrinha do Marquês, 1848
  • Camões do Rossio, e. Lisboa, 1852 (co-autoría de Inácio Feijó)

Póstumas editar

  • Um noivado no Dafundo ou Cada terra com seu uso, cada roca com seu fuso: provérbio n'um acto (redac., Lisboa, 1847). Lisboa, 1857 ;
  • Impromptu de Sintra, comedia (redac., Sintra, 1822). Lisboa, Guimarães, Libanio, [1898];
  • Átala, drama (redac., Coímbra 1817). Lisboa, 1914 [inacabado];
  • Lucrécia, tragédia (redac., Coímbra, 1819). Lisboa, 1914;
  • Afonso de Albuquerque, traxedia (redac., Coímbra, 1819). Lisboa, 1914 [inacabado];
  • Sofonisba, tragédia (redac., Coímbra, 1819). Lisboa, 1914[inacabado];
  • O Amor da Pátria, eloxio dramático (redac. Coímbra 1819). Lisboa, 1914;
  • La Lezione Agli Amanti, ópera bufa (redac., Porto, 1819-20). Lisboa, 1914;
  • Conde de Novion, comédia (redac., Lisboa). Lisboa, 1914;
  • Édipo em Colona, traxedia (redac., Terceira, 1816; revisão, Coímbra, 1818). Lisboa, 1952 [inacabado];
  • Ifigénia em Tauride, traxedia (redac., Terceira, 1816). Lisboa, 1952 [inacabado];
  • Falar Verdade a Mentir, comédia (redac., Lisboa). Río de Xaneiro, 1858;
  • As Profecias do Bandarra, comédia (redac., Lisboa 1845). Lisboa, 1877;
  • Os Namorados Extravagantes, drama (redac. Sintra, 1822). Coímbra 1974.

Artigos, ensaios, biografías e folletos editar

  • Proclamações Académicos, Coímbra, 1820, folletos
  • O Dia Vinte e Quatro de Agosto, ensaio político. Lisboa, 1821, 53 p.
  • Aos Mortos no Campo da Honra de Madrid, folheto. Lisboa, Jornal da Sociedade Literária Patriótica, 1822
  • Da Europa e da América e de Sua Mútua Influência na Causa da Civilização e da Liberdade, ensaio político. Londres 1826
  • Da Educação. Londres, 1829
  • Portugal na Balança da Europa: do que tem sido e do que ora lhe convém ser na nova ordem de coisas do mundo civilizado, Londres, 1830
  • Relatório dos Decretos nº 22, 23 e 24 (Reorganização da Fazenda, Administração Pública e Justiça). Lisboa, 1832, folheto
  • Manifesto das Cortes Constituintes à Nação, folheto. Lisboa, 1837
  • Necrologia do Conselheiro Francisco Manuel Trigoso de Aragão Morato, Lisboa, 1838
  • Relatório ao Projecto de Lei sobre a Propriedade Literária e Artística, Lisboa, 1839
  • Memória Histórica do Conselheiro A. M. L. Vieira de Castro, Lisboa, 1843
  • Conselheiro J. B. de Almeida Garrett, autobiografía, Lisboa, 1844
  • Memória Historica da Duqueza de Palmella: D. Eugénia Francisca Xavier Telles da Gama, Lisboa, 1845
  • Memória Histórica do Conde de Avilez, 1ª ed., Lisboa, 1845
  • Da Poesia Popular em Portugal, ensaio literario. Lisboa, 1846
  • Sermão pregado na dedicação da capela de Nª Srª da Bonança, folleto, Lisboa, 1847
  • A Sobrinha do Marquês, Lisboa, 1848, 176 p.
  • Memória Histórica de J. Xavier Mousinho da Silveira, Lisboa, 1849
  • Necrologia de D.ª Maria Teresa Midosi, Lisboa, 1950
  • Protesto Contra a Proposta sobre a Liberdade de Imprensa, abaixo-assinado/folheto. Lisboa 1850

Póstumos editar

  • Discursos Parlamentares e Memorias Biographicas, Lisboa, Imprensa Nacional, 1871, 438, p.
  • Necrologia do Sr. Francisco Krus; Monumento ao Duque de Palmela, D. Pedro de Sousa Holstein, Lisboa, 1899 (redac., Lisboa, 1839);
  • Memórias Biográficas, Lisboa, Empreza da História de Portugal, 1904
  • Necrologia à Morte de D. Leocádia Teresa de Lima e Melo Falcão Vanzeler, Lisboa, 1904 (redac., Lisboa, 1848)
  • Apontamentos Biográficos do Visconde d'Almeida Garrett, autobiografía. Porto, 1916
  • Entremez dos Velhos Namorados que Ficaram Logrados, Bem Logrados, Lisboa, 1954 (redac., 1841)

Novelas, cancioneiros e contos editar

  • Bosquejo da História da Poesia e da Língua Portuguesa, París, 1826
  • Lealdade, ou a Vitória da Terceira, canção. Londres, 1829
  • Romanceiro e Cancioneiro Geral, vol. I. Lisboa, 1843
  • O Arco de Sant'Ana, novela. Lisboa, na Imprensa Nacional, 1845, vol. 1
  • Viagens na Minha Terra, novela. Lisboa, Typ. Gazeta dos Tribunais, 1846, 2 v. (Vol. I (eBook); Vol. II (eBook); 2 vol. juntos (eBook))
  • O Arco de Sant'Ana, novela. Lisboa, na Imprensa Nacional, 1850, vol. 2
  • Romanceiro e Cancioneiro Geral, vols. II e III, Lisboa 1851

Póstumas editar

  • Helena: fragmento dunha novela. Lisboa, 1871
  • Memórias de João Coradinho, aventuras picarescas. Lisboa, 1881 (redac., 1825)
  • Joaninha dos Olhos Verdes. Lisboa, 1941
  • Komurahi - História Brasileira, conto. 1956 (redac., 1825)
  • Cancioneiro de romances, xácaras e soláus e outros vestígios da antiga poesia nacional. Lisboa, 1987 (redac., 1824)

Cartas e diarios editar

  • Carta de Guia para Eleitores, em Que se Trata da Opinião Pública, das Qualidades para Deputado e do Modo de as Conhecer, ensaio político. Lisboa, 1826
  • Carta de M. Cévola ao futuro editor do primeiro jornal liberal que em português se publicar, panfleto político. Londres, 1830 (pseud.: Múcio Cévola)
  • Carta sobre a origem da língua portuguesa, ensaio literario. Lisboa, 1844

Póstumas editar

  • Diário da minha viagem a Inglaterra, Lisboa 1881 (redac., Birmingham, 1823)
  • Cartas a Agostinho José Freire, Lisboa, 1904, 132 p. (redac., Bruxelas, 1834)
  • Cartas Íntimas, edición revisada, coordenada e dirixida por Teófilo Braga. Lisboa, Empresa da História de Portugal, 1904, 172 p.
  • Cartas de Amor à Viscondessa da Luz, Lisboa, 1955
  • Correspondência do Conservatório, Lisboa, 1995 (redac.: Lisboa 1836 – 1841)

Discursos editar

  • Oração Fúnebre de Manuel Fernandes Tomás, Lisboa, 1822
  • Parnaso Lusitano ou Poesias Selectas de Autores Antigos e Modernos, París, 1826-1827, 5 v.
  • Elogio Fúnebre de Carlos Infante de Lacerda, Barão de Sabrozo, Londres, 1830
  • Da formação da segunda Câmara das Côrtes: discursos pronunciados pelo deputado J. B. de Almeida Garrett nas sessões de 9 a 12 de Outubro de 1837, Lisboa, Imprensa Nacional, 1837
  • Discurso do Sr. Deputado pela Terceira J. B. de Almeida Garrett na discussão, Lisboa, 1840
  • Discussão da Resposta ao Discurso da Coroa, pronunciado na sessão de 8 de Fevereiro de 1840, Lisboa, 1840
  • Discurso do Sr. Deputado por Lisboa J. B. de Almeida Garrett, na discussão da Lei da Decima, Lisboa, 1841
  • Elogio Histórico do Sócio Barão da Ribeira de Saborosa, Lisboa, 1843
  • Parecer da Comissão sobre a Unidade Literária, Lisboa, 1846 (dito Parecer sobre a Neutralidade Literária, da Associação Protectora da Imprensa Portuguesa, asinado por Rodrigo da Fonseca Magalhães, Vizconde de Juromenha, Alexandre Herculano e João Baptista de Almeida Garrett).

Póstumos editar

  • Política: reflexões e opúsculos, correspondência diplomática. Lisboa, 1904, 2 v.

Participacións en publicacións periódicas editar

  • Toucador - Periódico sem política, dedicado às senhoras portuguesas. Lisboa, 1822 (dirección e redacción)
  • Heraclito e Demócrito. Lisboa, Ano III, 1823 (4 mar.) [nº único]
  • Português - Diário político, literário e comercial. Lisboa, 1826 – 1827 (dirección e redacción)
  • Cronista - Semanário de política, literatura, ciências e artes. Lisboa, 1827 (dirección e redacción)
  • Chaveco Liberal. Londres, 1829 (dirección e redacción); Vol. I, 1 - 17 [1]
  • Precursor. Londres, 1831
  • Português Constitucional. Lisboa, 1836 (dirección e redacción)
  • Entreacto: Jornal de Teatros. Lisboa, 1837 (dirección e redacción)
  • Jornal do Conservatório. Lisboa, 1839 - 1840 (dirección , dirección e redacción)
  • Jornal das Belas-Artes. Lisboa, 1843 – 1846 (dirección )
  • Ilustração - Jornal Universal. Lisboa, 1845 – 1846 (dirección )

Publicacións periódicas editar

Cinema e TV editar

Miniserie: Almeida Garret, 2000, 4 episodios, coprodución RTP e Francisco Manso.[8]

Ademais inspirados na súa obra:[9]

  • 2014: Frei Luís de Sousa (Curta) (filme "Frei Luís de Sousa")
  • 2012: A nau catrineta (Curta) (libro)
  • 2010: Um Noivado do Dafundo (TV Movie) (filme)
  • 2008: O Dia das Mentiras (TV Movie) (filmes)
  • 2001: Quem És Tu? (filme)
  • 1996: Um Auto de Gil Vicente (TV Movie) (filme)
  • 1988: D. Filipa de Vilhena (TV Movie) (filme)
  • 1983: Capitali culturali d'Europa (Serie de televisión documental) (filme- 1 episodio)
  • 1978: As Profecias de Bandarra (TV Movie)
  • 1977: O Conde de Novion (TV Movie) (filme)
  • 1977: Os Noivos do Dafundo (TV Movie) (filme)
  • 1976: Um Auto de Gil Vicente (TV Movie)
  • 1972: As Profecias de Bandarra (TV Movie) (filme)
  • 1972: Um Auto de Gil Vicente (TV Movie) (filme)
  • 1970: El Rei Seleuco (TV Movie) (flme)
  • 1968: O Conde de Novion (TV Movie) (filme)
  • 1967: Frei Luís de Sousa (TV Movie) (filme)
  • 1963: O Alfageme de Santarém (TV Movie)
  • 1962: D. Filipa de Vilhena (TV Movie)
  • 1958: O Tio Simplício (TV Movie) (filme)
  • 1957: As Profecias de Bandarra (TV Movie)
  • 1957: Falar Verdade a Mentir (TV Movie)
  • 1950: Frei Luís de Sousa (play)
  • 1924: Der Mönch von Santarem (filme)

Notas editar

  1. "Biografia de Almeida Garrett". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-05-14. 
  2. "Olisipo: boletim do Grupo "Amigos de Lisboa." - Volume 2 - Páxina 186". 
  3. "O Portal da História - Biografia: Almeida Garrett (1799-1854)". www.arqnet.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 2020-05-14. 
  4. "Virtual Memories: 22-01-2012 - 29-01-2012" (en portugués). Consultado o 2020-05-14. 
  5. "Almeida Garrett (1799-1854) - Find A Grave...". www.findagrave.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 2020-05-14. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Almeida Garrett - Século XIX - Centro Virtual Camões - Camões IP". cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-05-14. 
  7. "Viagens na Minha Terra" (en portugués). 2020-02-29. 
  8. "Almeida Garrett". Consultado o 2020-05-14. 
  9. "Almeida Garrett". IMDb. Consultado o 2020-05-14. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amorim, Francisco Gomes de. Garrett, memorias biographicas. Lisboa : Imprensa nacional, 1881.
  • Crabée-Rocha, Andrée, O Teatro Inédito de Garrett. Coimbra: [s.n.], 1949.
  • Crabée-Rocha, Andrée, O Teatro de Garrett. Tese de doutoramento en Filoloxía Románica pola Universidade de Coimbra. Coimbra: [s.n.], 1954.
  • Crabée-Rocha, Andrée, Garrett homme de théâtre. Lisbonne: [s.n.], 1954.
  • Fernandes, Domingos Manuel. Biographia politico-litteraria do visconde de Almeida Garrett. Lisboa, Typ. luso-brittannica de W.T. Wood, 1873.
  • Ferreira, Maria Gabriela Rodrigues, Jornal do Conservatório: Comédia e drama de Almeida Garrett. Lisboa: Fronteira do Caos, 2010. (Tese de mestrado Faculdade de Letras/ Universidade do Porto, 2007.
  • Marinho, Cristina, "O jovem Garrett: fundamentos franceses de um teatro nacional", en Marinho, Cristina (1998), Teatro francês em Portugal: entre a alienação e a consolidação de um Teatro Nacional (1737 - 1820). Tese de doutoramento en Literatura Comparada. Porto: Faculdade de Letras/ Universidade do Porto.
  • Monteiro, Ofélia Paiva, A Formação de Almeida Garrett: experiência e criação. Tese de doutoramento en Filoloxía Románica. Coimbra: Centro de Estudos Românicos, 1971. 2 volumes.
  • Monteiro, Ofélia Paiva, Os namorados extravagantes: uma peça inédita da juventude de Garrett. Coimbra, 1974.
  • Monteiro, Ofélia Paiva, O essencial sobre Almeida Garrett. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2001.
  • Motta Junior, José Carlos A.. Escorço litterario e politico do Visconde d'Almeida Garrett. Braga : Typ. Conflança, 1902.