Abrir o menú principal

Alexandre Herculano

escritor portugués

Alexandre Herculano de Carvalho e Araújo, nado en Lisboa en 1810 e finado en Vale de Lobos, Santarém en 1877, foi un escritor romántico e historiador portugués. Escritor da xeración romántica, desenvolveu os temas da incompatibilidade do home co medio social, e afirmou a responsabilidade ética do escritor.

Alexandre Herculano
Alexandre Herculano.jpg
Nacemento28 de marzo de 1810
 Lisboa
Falecemento13 de setembro de 1877
 Santarém
SoterradoMosteiro dos Xerónimos
NacionalidadePortugal
Ocupaciónxornalista, poeta, historiador e escritor
Assinatura Alexandre Herculano.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo dunha familia de clase media, a cegueira do seu pai impídelle acudir á universidade e ten que ocupar o seu posto de funcionario. En desacordo co absolutismo monárquico participou en agosto de 1831 nunha revolta contra do absolutismo miguelista, e viuse obrigado a fuxir a Inglaterra para exiliarse en Francia, alí as lecturas de Augustin Thierry, François Guizot ou Victor Hugo marcaríano fondamente. En 1832 integrado na expedición de Pedro IV de Portugal volveu a Portugal e dirixe a biblioteca de Porto ata 1836, trasladouse a Lisboa e en 1837 asumíu a dirección do xornal Panorama e no xornal tamén publicou narracións históricas e algúns estudos.

En 1840 saíu elixido deputado polo Partido Cartista (conservador), en desacordo co golpe de estado de Costa Cabral deixou a política, accedu áo posto de bibliotecario de Ajuda, dedicouse a estudar e escribir. En 1843 apareceu O Bobo, en 1844 publicou Eurico, o Presbítero e O Pároco da aldeia, como historiador publicou História de Portugal (1846-1850), a primeira escrita con rigor histórico, e História da Origem e Estabelecimento da Inquisição em Portugal (1853-1859).

En 1851 tralo golpe de estado da Regeneração, Herculano colaborou co novo goberno, pero o seu enfrontamento con Fernando Pereira de Melo, entón ministro de obras públicas, levouno á oposición e a concorrer ás eleccións municipais en Belém, do que saíu elixido alcalde e fundou en 1856 o Partido Progresista Histórico. En 1866 retitouse ao campo, preto de Santarém, onde morreu.

Véxase taménEditar