Thomas Mann

escritor alemán, premio Nobel de Literatura


Thomas Mann, nado en Lübeck o 6 de xuño de 1875 e finado en Zürich o 12 de agosto de 1955, foi un novelista alemán, considerado por algúns como un dos maiores novelistas do século XX. Recibiu o premio Nobel de Literatura en 1929. Foi o irmán máis novo do novelista Heinrich Mann e o pai de Klaus, Erika, Golo (Angelus Gottfried Thomas), Monika, Elisabeth e Michael Thomas Mann.

Modelo:BiografíaThomas Mann

Thomas Mann en 1937
Nome orixinal(de) Thomas Mann Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Paul Thomas Mann Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1875
Lübeck Imperio Alemán Imperio Alemán
Morte12 de agosto de 1955
Zürich Suíza Suíza
Causa da morteAneurisma Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Kilchberg Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade Técnica de Múnic
Katharineum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela, Escrita creativa e profesional e Prosa Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic
Princeton Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, autor de diarios, guionista, profesor universitario, crítico social, autobiógrafo, escritor de contos, ensaísta, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1890 Editar o valor en Wikidata - 1955 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Simplicissimus Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Alemán Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovelista e ensaísta
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeKatia Pringsheim Editar o valor en Wikidata
FillosErika Mann, Klaus Mann, Golo Mann, Monika Mann, Elisabeth Mann-Borgese, Michael Mann Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Johann Heinrich Mann Editar o valor en Wikidata  e Júlia da Silva Bruhns Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarla Mann
Julia Löhr
Heinrich Mann
Viktor Mann Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de maio de 1906Railway Accident at Regenstauf (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Nobel de Literatura (1929)
Sinatura

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:4, p.584-589)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Манн Томас) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0003407 TV.com: people/thomas-mann IBDB: 11089
BNE: XX1051568 iTunes: 17357088 Musicbrainz: b6458172-8cd1-47c3-a8d3-2011dd96b4cf Discogs: 247337 WikiTree: Mann-8243 Find a Grave: 7029 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do comerciante Johann Heinrich Mann e da brasileira Júlia da Silva Bruhns, naceu en Lübeck, unha cidade do norte da Alemaña, onde máis do 90% da poboación é protestante. A familia de Thomas Mann tiña alí un negocio, desde hai varias xeracións.

 
Thomas (sentado) e o irmán Heinrich Mann nunha fotografía tirada por volta de 1900. Nesta altura Heinrich tiña xa publicado polo menos dous libros, en canto que Os Buddenbrook de Thomas estaba a piques de saír.

En 1892 (cando tiña 17 anos) morre o seu pai, co que os negocios da familia son abandonados. No ano seguinte, el escribe algúns textos en prosa e artigos para a revista "Der Frühlingsturn" (a tempestade de Primavera) que el coedita. En 1894 (con 19 anos), non gustando da escola, el abandona o liceo e xuntase á nai en Múnic, cidade do sur da Alemaña, decididamente católica e conservadora. A nai mudárase a Múnic co resto da familia un ano antes.

Aló chegado, fai un estaxio non remunerado nunha sociedade de seguros, mais acabou por abandonar esta actividade en 1895, tornándose escritor libre.

Entre 1896 e 1898 estivo en Palestrina (Italia) de visita ao seu irmán máis vello Heinrich Mann, tamén el un romancista e que se tornou famoso máis cedo do que Thomas. Thomas acompaña o irmán nos seus paseos a Roma e por outros lugares da Italia. Thomas Mann comezou a traballar no manuscrito de "Buddenbrooks" en Italia. De volta a Munique, Mann tornase un dos editores do xornal satírico-humorístico "Simplicisimus".

En 1901 é editado "Buddenbrooks". Thomas Mann tornase famoso. Curiosamente, o editor (Fischer Verlag) tentou convencer Thomas Mann a recortar o libro. Thomas Mann non asentiu e o libro publicouse íntegro. En xeito de retrospectiva, Thomas Mann dixo que xulgaba que o libro pasaría desapercibido e sería posibelmente o final da súa carreira literaria. A realidade foi ben diferente, como el conclúe, con ironía.

O 11 de febreiro de 1905, casou con Katia Pringsheim, pertencente a unha coñecida e secular familia xudía de intelectuais. Katia era neta da activista polos dereitos da muller Hedwig Dohn. Nos anos seguintes nacen seus fillos Erika, Klaus, Golo (Angelus Gottfried Thomas), Monika, Elisabeth e Michael.

Durante a primeira guerra mundial, Thomas Mann entra en conflito co irmán Heinrich Mann. Non se irán atopar durante algúns anos. Thomas acolleu con agrado a entrada de Alemaña na guerra. Tomábase por patriota. Defendeu a política do káiser Wilhelm II, en oposición directa a Heinrich Mann, que se vía do lado de Francia e da "Civilization" (termo de Thomas). Thomas Mann chegou mesmo a ignorar a casa que posuía en Bad Tölz en 1917 a favor do esforzo de guerra. A nai, Xulia da Silva Bruhns, escribiu aos irmáns tentando amenizar o conflito. A perspectiva de Thomas Mann ao longo deste período atópase sumarizada na novela A montaña máxica, escrita entre 1912 e 1924.

En 1929, Thomas Mann volveuse aínda máis famoso tras gañar o premio Nobel de Literatura. O xurado xustificouse aludindo a Buddenbrooks, mais non houbo mención algunha a A montaña máxica. Hoxe, unha opción comprensible tendo en conta a posición proalemá de Thomas Mann neste período de guerra.

Emigrou da Alemaña Nazi para Küsnacht, próximo a Zürich, Suíza, en 1933, o ano da chegada ao poder de Hitler. Durante o réxime nazi, o xornal Völkischer Beobachter (Observador Popular) publicaba as chamadas listas de expatriados. Os nomes de Thomas Mann, a súa muller e os seus fillos máis novos constaban da lista número 7. Dos máis vellos – Erika e Klaus – xa lle fora retirada a cidadanía alemá.

Despois de ter perdido a nacionalidade alemá a 2 de decembro de 1936, Thomas Mann permaneceu na Suíza ata 1938, mudándose entón para Pacific Palisades (California) en 1941. En 1944, obtivo a cidadanía estadounidense. Regresou a Europa en 1952, vivindo en Kilchberg, próximo a Zürich (Suíza) ata a súa morte, en 1955.[1]

A obra de Thomas Mann

editar

Thomas Mann gañou repercusión internacional, aos 26 anos, coa súa primeira obra, Os Buddenbrooks (Buddenbrooks), un romance que conta a historia dunha familia protestante de comerciantes de cereais de Lübeck ao longo de tres xeracións. Fortemente inspirado na historia súa propia familia, o romance foi lido con especial interese polos lectores de Lübeck que descubriron alí moitos trazos de personalidades coñecidas. A publicación deste libro valeu a Thomas Mann unha reprimenda dun tio, que o acusou de ser un "paxaro que emporcallou o propio niño".

Thomas Mann é tamén un novelista analítico, que describe como poucos a tensión entre o carácter nórdico, protestante, frío e ascético (características típicas da súa Lübeck natal) e os personaxes máis rústicos, simples, bonacheiros, das zonas católicas, de onde se destaca o señor Permaneder, o paradigma do Bávaro de Múnic, en Os Buddenbrooks. Esta tensión interior fíxoselle patente durante a súa estadía en Palestrina (Italia), onde visitaba o irmán, e onde comezou a escribir os "Buddenbrooks". Thomas Mann viviu entre estes dous mundos, tal como o irmán. Por unha banda a orixe familiar e o ambiente da ética protestante de Lübeck, por outra a voz interior e a influencia da súa nai brasileira, que o facían interesar menos polos negocios e máis pola literatura. Esta influencia da nai é a que acabou notándose máis. Thomas Mann vía na familia Buddenbrook un exemplo dunha familia en decadencia, onde os descendentes non saberían levar adiante o negocio que herdaron. Non sabia, porén, que, ao publicar Os Buddenbrooks estaba, non só a enterrar definitivamente a liña "comerciante" da súa familia senón que, tamén, a establecerse como un escritor de sona. Ironicamente, os seus fillos irian manter esta nova tradición (literaria) da familia, en especial Klaus e Erika.

Na novela A montaña máxica (Der Zauberberg), publicado pola primeira vez en 1924, Thomas Mann fai un retrato dunha Europa en ebulición, na eclosión da primeira guerra mundial.

Escribiu romances, ensaios e contos. Psicólogo penetrante e estilista consumado, a súa extensa obra abrangue desde contos ata escritos políticos, pasando por novelas e ensaios. Nobel de Literatura (que lle foi outorgado debido a Os Buddenbrooks), en 1929, Thomas Mann é autor de clásicos da literatura como A morte en Venecia e Tonio Kröger, Confesións do impostor Felix Krull, As cabezas trocadas e Xosé e os seus irmáns.

Moitos dos seus romances lidan coa tensión entre a vea artística, rebelde e funesta por un lado, e a boa cidadanía, cumpridora da lei, das tradicións e bos costumes.

Os diarios de Thomas Mann, que foron mantidos en sixilo ata 1975, revelan un Thomas Mann en loita interior cos seus desexos homosexuais, que se tornaran patentes nalgunhas das súas obras, en especial en A morte en Venecia. Mann describe no seu Diario os seus sentimentos polo mozo violinista e pintor Paul Ehrenberg, que el describe como unha "experiencia central do meu corazón".

  • Der kleine Herr Friedemann (1898)
  • Os Buddenbrooks (1901) = Buddenbrooks - Verfall einer Familie
  • Tonio Kröger (1903)
  • Súa Alteza Real (1909) = Königliche Hoheit
  • A morte en Venecia (1912) = Der Tod in Venedig (trad. galega, pres. e notas de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, Cangas do Morrazo, Rinoceronte Editora, Colección Clásica, 14, 2015)
  • Betrachtungen eines Unpolitischen (1918)
  • A República Alemá (1922) = Von deutscher Republik
  • A montaña máxica (1924) = Der Zauberberg
  • Desorde e Tristura Ceda (1926) = Unordnung und frühes Leid
  • Mario und der Zauberer (1930)
  • Xosé e seus Irmáns (1933-43) = Joseph und seine Brüder
    • As Historias de Xacob (1933)
    • O mozo Xosé (1934)
    • Xosé no Exipto (1936)
    • Xosé, o Provedor (1943)
  • Das Problem der Freiheit (1937)
  • Lotte in Weimar ou O amado retorna (1939)
  • As Cabezas Trocadas (1940) = Die vertauschten Köpfe - Eine indische Legende
  • Doutor Fausto (1947) = Doktor Faustus
  • Der Erwählte (1951)
  • Confisións do impostor Félix Krull (1922/1954) = Bekenntnise des Hochstaplers Felix Krull. Der Memoiren erster Teil (non acabado)
  1. Araujo, Laureano (1 de decembro de 2015). "Arte e compromiso: Thomas Mann". Consultado o 3 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

editar