Abrir o menú principal

La Gaceta Literaria, subtitulada Ibérica:americana:internacional e letras-arte-ciencia, fundada e dirixida por Ernesto Giménez Caballero dende o 1 de xaneiro de 1927,[1] foi unha publicación periódica cultural madrileña,[2] a máis importante das vangardas españolas e a xeración do 27.[1][3]

La Gaceta Literaria
Revista de letras-arte-ciencia
La Gaceta Literaria 73, 1930.jpg
La Gaceta Literaria n.º 73, 1930.
Tiporevista
Nº de páxinas6-16
Fundación1 de xaneiro de 1927
Remata1 de maio de 1932
DirectorErnesto Giménez Caballero
e Pedro Sainz Rodríguez
FundadorErnesto Giménez Caballero
Linguacastelán e outras
LocalidadeMadrid
Periodicidadequincenal
SucesorEl Robinsón Literario de España

Índice

DescriciónsEditar

Os primeiros meses tivo de secretario a Guillermo de Torre.[1] De saída quincenal, editou en total 123 números,[4] cesando o 1 de maio de 1932.[3]

Entre os redactores e colaboradores estiveron Ramón Gómez de la Serna, Antonio Marichalar, José Moreno Villa, José Bergamín, Antonio Espina, Melchor Fernández Almagro, Benjamín Jarnés, César Arconada, Salvador Dalí, Rafael Sánchez Mazas, Federico García Lorca, Ramiro Ledesma Ramos, Gerardo Diego, Dámaso Alonso, Rafael Alberti, Pedro Salinas, Vicente Aleixandre, Juan Aparicio López, Jorge Guillén, Luis Buñuel, Jean Cassou, Sebastià Gasch, Rosa Chacel, Edgar Neville, Karl Vossler, José María de Sucre, Guillermo Díaz-Plaja, Enrique Díez-Canedo, Carmen de Burgos, Jaime Torres Bodet, Francisco Ayala, Juan Andrade, Eduardo García Maroto, Daniel Vázquez Díaz, Luis Bagaría, Salvador Bartolozzi, Francisco Bores... [5]

Acolleu numerosas colaboracións en catalán, galego, portugués e italiano, fundamentalmente poéticas. Entre os autores galegos estaban Evaristo Correa Calderón, Eduardo Blanco Amor, Augusto María de las Casas, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Eugenio Montes e Valentín Paz-Andrade.[6]

Foi descrita como «unha das máis importantes no panorama cultural español e órgano de expresión e comunicación dos compoñentes da "Xeración do 27"».​[7]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gómez Alfeo, María Victoria; García Rodríguez, Fernando (2009). "Descripción y análisis de las críticas de arte publicadas por La Gaceta Literaria". Documentación de las ciencias de la información (en castelán) (32): 25–50. ISSN 0210-4210. 
  2. "Gaceta Literaria, La". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. 3,0 3,1 Arias Serrano, L. (2012). Las fuentes de la historia del arte en la época contemporánea (en castelán). Del Serbal. pp. 350–351. ISBN 978-84-7628-709-5. 
  4. Molina, César Antonio (1990). Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) (en castelán). Ediciones Endymion. ISBN 9788477310501. 
  5. La Gaceta Literaria "Hemeroteca Digital" Biblioteca Nacional de España.
  6. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. p. 204. ISBN 84-8288-137-X. 
  7. Sánchez Millán, Alberto (1991). "La vanguardia cinematográfica en el cine-club español y "La Gaceta Literaria": (nota informativa)". Actas del III Congreso de la A.E.H.C., San Sebastián, Filmoteca Vasca (en castelán). pp. 353–361. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar