Jorge Guillén
Jorge Guillén, nado en Valladolid o 18 de xaneiro de 1893 e finado en Málaga o 6 de febreiro de 1984, foi un poeta español, membro da Xeración do 27.
Jorge Guillén | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jorge Guillén Álvarez |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1893 |
Lugar de nacemento | Valladolid |
Falecemento | 6 de febreiro de 1984 e 2 de febreiro de 1984 |
Lugar de falecemento | Málaga |
Soterrado | Cementerio de los Ingleses |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Central e Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) |
Ocupación | poeta, escritor, profesor universitario e crítico literario |
Fillos | Claudio Guillén |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Premio Miguel de Cervantes, Prêmio Antonio Feltrinelli, Alfonso Reyes International Prize e fillo predilecto de Andalucía |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou en España, Suíza e Alemaña, doutorouse en letras pola Universidade de Madrid e foi profesor nas Universidades de Murcia e Sevilla e lector na Sorbona e Oxford.
Considerado o discípulo máis directo de Juan Ramón Jiménez, pola súa inclinación á poesía pura. Publicou a súa primeira colección de poemas en 1928, Cántico (edición definitiva 1950).
En 1938 por mor da guerra civil española exiliouse e viviu en Colombia, México, Porto Rico e sobre todo nos Estados Unidos. En 1976 recibiu o primeiro Premio Cervantes.
Clamor é unha obra pesimista, observa a miseria, guerra, dor e morte, consta de tres volumes: Maremágnum (1957), Que van a dar en el mar (1960) e A la altura de las circunstancias (1963).
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Fundación Jorge GuillénArquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Portal consagrado a Jorge Guillén (en castelán)