Premio Miguel de Cervantes

premio literario do ministerio de Cultura español a escritores e escritoras en lingua española de calquera nacionalidade

O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Monumento a Cervantes na Plaza de España, Madrid.

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio,[Cómpre referencia] e o resto repartido a grandes escritores de América.

Actualmente está dotado con 125.000 euros[1] e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Historia e características editar

A súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira concederlles o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.

Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.

O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.

O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Filipe VI, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardoado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.

Lista de gañadores do Premio Cervantes editar

 
Edición
Ano
País
Autor
48ª 2023 España Luis Mateo Díez[2][3]
47ª 2022 Venezuela Rafael Cadenas[4][5]
46ª 2021 Uruguai Cristina Peri Rossi[6][7]
45ª 2020 España Francisco Brines[8]
44ª 2019 España Joan Margarit[1]
43ª 2018 Uruguai Ida Vitale[9]
42ª 2017 Nicaragua Sergio Ramírez[10]
41ª 2016 España Eduardo Mendoza[11][12]
40ª 2015 México Fernando del Paso[13][14]
39ª 2014 España Juan Goytisolo
38ª 2013 México Elena Poniatowska
37ª 2012 España José Manuel Caballero Bonald
36ª 2011 Chile Nicanor Parra
35ª 2010 España Ana María Matute[15]
34ª 2009 México José Emilio Pacheco[16]
33ª 2008 España Juan Marsé
32ª 2007 Arxentina Juan Gelman
31ª 2006 España Antonio Gamoneda
30ª 2005 México Sergio Pitol
29ª 2004 España Rafael Sánchez Ferlosio
28ª 2003 Chile Gonzalo Rojas
27ª 2002 España José Jiménez Lozano
26ª 2001 Colombia Álvaro Mutis
25ª 2000 España Francisco Umbral
24ª 1999 Chile Jorge Edwards
23ª 1998 España José Hierro
22ª 1997 Cuba Guillermo Cabrera Infante
21ª 1996 España José García Nieto
20ª 1995 España Camilo José Cela
19ª 1994 Perú Mario Vargas Llosa
18ª 1993 España Miguel Delibes
17ª 1992 Cuba Dulce María Loynaz
16ª 1991 España Francisco Ayala
15ª 1990 Arxentina Adolfo Bioy Casares
14ª 1989 Paraguai Augusto Roa Bastos
13ª 1988 España María Zambrano
12ª 1987 México Carlos Fuentes
11ª 1986 España Antonio Buero Vallejo
10ª 1985 España Gonzalo Torrente Ballester
1984 Arxentina Ernesto Sabato
1983 España Rafael Alberti
1982 España Luis Rosales
1981 México Octavio Paz
1980 Uruguai Juan Carlos Onetti
1979 Arxentina e España Jorge Luis Borges e Gerardo Diego
1978 España Dámaso Alonso
1977 Cuba Alejo Carpentier
1976 España Jorge Guillén

Premios Cervantes por países editar

Datos actualizados a abril de 2023.

País
Premios
  España 23
  México 6
  Arxentina 4
  Chile 3
  Cuba 3
  Uruguai 3
  Paraguai 1
  Perú 1
  Colombia 1
  Nicaragua 1
  Venezuela 1

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Joan Margarit, Premio Cervantes 2019". El País (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  2. García Higueras, Laura (2023-11-07). "Luis Mateo Díez gana el Premio Cervantes 2023". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-11-07. 
  3. Pardo, B. (7 de novembro de 2023). "Luis Mateo Díez, premio Cervantes 2023". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  4. Fanjul, Sergio C. (20 de abril de 2023). "Rafael Cadenas, premio Cervantes: “Ojalá los soldados solo se ocuparan del lenguaje”". elpais.com. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  5. Cultura y Deporte (10 de novembro de 2022). "Rafael Cadenas, Premio Cervantes 2022". lamoncloa.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  6. Marcos, Javier Rodríguez (2021-11-10). "La uruguaya Cristina Peri Rossi, ganadora del Premio Cervantes 2021". El País (en castelán). Consultado o 2021-11-10. 
  7. Ramón, Esteban (10 de novembro de 2021). "Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021". rtve.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  8. Redacción (16 de novembro de 2020). "El poeta Francisco Brines gana el premio Cervantes 2020". abc.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  9. "Así recibió la uruguaya Ida Vitale el histórico Premio Cervantes en España" (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  10. "Sergio Ramirez, primer Premio Cervantes centroamericano" (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  11. Alemany, Luis (30 de novembro de 2016). "Eduardo Mendoza gana el Premio Cervantes 2016". elmundo.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  12. Arce, Begoña; Alós, Ernest (30 de novembro de 2016 [actualizado o 1 de decembro de 2016]). "Eduardo Mendoza, Premio Cervantes 2016". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  13. Redacción (12 de novembro de 2015). "Fernando del Paso, premio Cervantes 2015". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  14. Ministerio de Cultura e Deporte (12 de novembro de 2015). "Fernando del Paso, galardonado con el Premio Cervantes 2015". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  15. "Ana María Matute, Premio Cervantes 2010, [[La Vanguardia]], 25/11/2010". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 24/11/2010. 
  16. ABC, 30 de novembro de 2009 (en castelán)(en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar