Francisco Umbral

escritor español

Francisco Umbral, nado en Madrid o 11 de maio de 1932[1] e finado en Boadilla del Monte (Madrid) o 28 de agosto de 2007, chamado en realidade Francisco Pérez Martínez, foi un xornalista, novelista, biógrafo e ensaísta español.

Modelo:BiografíaFrancisco Umbral

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Pérez Martínez Editar o valor en Wikidata
11 de maio de 1932 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 2007 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Boadilla del Monte, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNarración Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorABC (1993–1993)
El Mundo (1989, 1993–1993, 2007)
El País (1976–1988)
El Norte de Castilla (pt) Traducir (1957–1968) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, ensaio e biografía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFrancisco Umbral
Paco Umbral Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de novembro de 2020Anatomía de un Dandy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAlejandro Urrutia Cabezón Editar o valor en Wikidata
IrmánsLeopoldo de Luis Editar o valor en Wikidata
ParentesMaría Teresa Gallego Urrutia, sobriña
Jorge Urrutia, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0880827 BNE: XX1043318 Dialnet: 783862 Discogs: 3616693 Find a Grave: 21597267 Editar o valor en Wikidata

Vida persoal

editar

Fillo de Ana María Pérez Martínez, naceu en Madrid se ben botou a infancia na provincia de Valladolid, posto que o levaron a Madrid só para nacer. Pasou os seus primeiros cinco anos na vila de Laguna de Duero. Tivo unha complexa relación coa nai e unha precaria saúde, que motivou tanto a súa escolarización serodia como a compulsiva afección pola lectura e a literatura. Aos catorce anos comezou a traballar de auxiliar nun hotel.

En 1959 casou coa fotógrafa María España Suárez Garrido, fotógrafa de El País, e tivo un fillo, "Pincho", que faleceu con seis anos de leucemia, feito do que naceu o seu libro máis lírico, doído e persoal: Mortal y rosa (1975). No ano 2003 sufriu unha pneumonía derivada dunha operación intestinal, da que se recuperou.

Escritor polémico, protagonizou episodios de discusión pública que foron moi difundidas na prensa española da época, como cando en 1993 chamou "paifocos" aos habitantes de Aranda de Duero por homenaxear a José María Aznar ou cando protestou nun programa televisión porque non lle preguntaran polo libro que acababa de publicar.

Iso inculcou no autor un característico talante altivo e desesperado, absolutamente entregado á escritura, que lle suscitou non poucas polémicas e inimizades.

Traxectoria profesional

editar

En Valladolid comezou a escribir na revista Cisne, do S.E.U., e asistiu a lecturas de poemas e conferencias. Emprendeu a súa carreira xornalística en 1958 en El Norte de Castilla promocionado por Miguel Delibes, quen se deu conta do seu talento para a escritura. Máis tarde trasladouse a León para traballar na emisora La Voz de León e no xornal Proa e colaborar en El Diario de León. En 1961 marchou a Madrid como correspondente, onde frecuentaría o faladoiro do Café Gijón, onde recibiría a amizade e protección do escritor Camilo José Cela, grazas a quen publicaría os seus primeiros libros. Describiría eses anos en La noche que llegué al café Gijón. Converteríase en poucos anos, usando os pseudónimos Jacob Bernabéu e Francisco Umbral, nun cronista e columnista de prestixio en revistas como La Estafeta Literaria, Mundo Hispánico (1970-1972), Ya, El Norte de Castilla, Por Favor, Siesta, Mercado Común, Bazaar (1974-1976), Interviú ou La Vanguardia, aínda que sería principalmente polas súas columnas nos diarios El País (1976-1988), en Diario 16, no que empezou a escribir en 1988, e en El Mundo, onde escribiu desde 1989 ata 2007 a sección Los placeres y los días. Obtivo o Premio González Ruano en 1980 polo seu artigo El trienio, publicado durante a súa etapa en El País e en 1990 o Mariano de Cavia polo artigo Martín Descalzo, xa dos tempos de El Mundo. En 2003 recibiu o premio de xornalismo Mesonero Romanos.

Traxectoria literaria

editar

Alternou a produción xornalística cunha regular publicación de novelas, biografías, crónicas e autobiografías testemuñais; en 1981 fai unha breve incursión no verso con Crímenes y baladas.

O seu estilo foi moi impresionista, de sintaxe moi solta, metaforicamente complexo e abondoso en neoloxismos e referencias intertextuais. Por este requintamento da súa escritura foi escasamente traducido, se ben recibiu o apoio da crítica e doutros colegas escritores, como Fernando Lázaro Carreter e Miguel Delibes, que o cualificaron como "un dos primeiros prosistas da lingua española do século XX" e como "o escritor máis renovador e orixinal da prosa hispánica actual", respectivamente. Como cronista político Umbral foi satírico e agresivo, dende unha posición de completa independencia, non aliñado con ningún dos partidos políticos españois.

Malia ser candidato unha vez (1986), nunca foi elixido como membro da Real Academia Española. Recibiu en 1996 o Premio Príncipe de Asturias das Letras, en 1997 o Premio Nacional das Letras Españolas polo conxunto da súa obra, e no 2000 o Premio Cervantes.

Narrativa

editar
  • Tamouré (1965), premio nacional de cuentos Gabriel Miró
  • Balada de gamberros (1965)
  • Travesía de Madrid (1966)
  • Las vírgenes (1969)
  • Si hubiéramos sabido que el amor era eso (1969)
  • El Giocondo (1970)
  • Las europeas (1970)
  • Memorias de un niño de derechas (1972)
  • Los males sagrados (1973)
  • Mortal y rosa (1975)
  • Las ninfas (1975), premio Carlos Arniches da Sociedade Xeral de Autores e Editores e Premio Nadal.
  • Los amores diurnos (1979)
  • Los helechos arborescentes (1980)
  • La bestia rosa (1981)
  • Los ángeles custodios (1981)
  • Las ánimas del purgatorio (1982)
  • Trilogía de Madrid (1984)
  • Pío XII, la escolta mora y un general sin un ojo (1985), finalista do Premio Planeta
  • Nada en el domingo (1988)
  • El día en que violé a Alma Mahler (1988)
  • El fulgor de África (1989)
  • Y Tierno Galván ascendió a los cielos (1990)
  • Leyenda del César Visionario (1992), premio da Crítica
  • Madrid, 1940 (1993)
  • Las señoritas de Avignon (1995)
  • Madrid 1950 (1995)
  • Capital del dolor (1996)
  • La forja de un ladrón (1997)
  • Historias de amor y Viagra (1998)
  • Un ser de lejanías (2001)
  • Los metales nocturnos (2003)
  • Días felices en Argüelles (2005)
  • Amado Siglo XX (2007)

Ensaios e crónicas

editar
  • Diccionario para pobres (1977)
  • Diccionario cheli (1983)
  • La escritura perpetua (De Rubén Darío a Cela) (1989)
  • Y Tierno Galván subió a los cielos (1990)
  • El socialfelipismo: la democracia detenida (1991)
  • La década roja (1993),
  • Las palabras de la tribu (1994)
  • Diccionario de literatura (1995)
  • Madrid, tribu urbana (2000)
  • Los alucinados (2001)
  • Cela: un cadáver exquisito (2002)
  • La República bananera USA (2002).
  • ¿Y cómo eran las ligas de Madame Bovary? (2003)

Biografías e autobiografías

editar
  • Larra, anatomía de un dandy (1965)
  • Lorca, poeta maldito (1968)
  • Valle-Inclán (1968)
  • Lord Byron (1969)
  • Miguel Delibes (1970)
  • Lola Flores, sociología de la petenera (1971)
  • La noche que llegué al café Gijón (1977), autobiografía
  • El hijo de Greta Garbo (1977), autobiografía
  • Ramón y las vanguardias (1978)
  • Memorias eróticas (Los cuerpos gloriosos) (1992), autobiografía
  • Valle-Inclán: los botines blancos de piqué (1997)
  • Días felices en Argüelles (2005), autobiografía

Escolmas xornalísticas

editar
  • Diario de un snob (1973)
  • Spleen de Madrid (1973)
  • España cañí (1975)
  • Iba yo a comprar el pan (1976)
  • Los políticos (1976)
  • Crónicas postfranquistas (1976)
  • Las Jais (1977)
  • Spleen de Madrid-2 (1982)
  • España como invento (1984)
  • La belleza convulsa (1985)
  • Memorias de un hijo del siglo (1986)
  • Mis placeres y mis días (1994).

Outros premios

editar
  1. Caballé, Anna: Francisco Umbral. El frío de una vida, Espasa-Calpe, 2004, p.69. ISBN 978-84-670-1308-5.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar