Miguel Delibes

escritor español

Miguel Delibes Setién, nado en Valladolid o 17 de outubro de 1920 e finado en Valladolid o 12 de marzo de 2010,[1] foi un escritor de novelas, xornalista español e membro da Real Academia Española.

Miguel Delibes
Miguel Delibes (1998) - 1.tif
AlcumeMax
Nacemento17 de outubro de 1920
 Valladolid
Falecemento12 de marzo de 2010
 Valladolid
CausaCancro colorrectal
SoterradoPanteón de Hijos Vallisoletanos Ilustres
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónescritor, novelista, xornalista e avogado
CónxuxeÁngeles de Castro
FillosMiguel Delibes de Castro e Germán Delibes de Castro
XénerosNarrativa, ensaio, ficción, teatro
Coñecido/a porEL HEREJE, El camino, The Holy Innocents e sen etiquetar
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Premio Príncipe de Asturias das Letras, Premio Fastenrath, Premio Nadal, honorary doctorate of the University of Valladolid, Medalla de Ouro da Provincia de Valladolid, Medalla de Ouro ó Merito no Traballo, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, honorary doctor of the Saarland University, Premio Nacional das Letras Españolas e Premio Nacional de Narrativa
Na rede
http://www.fundacionmigueldelibes.es/ e http://fondomigueldelibes.fundacionmigueldelibes.es/
IMDB: nm0217154 Dialnet: 120506 Editar o valor em Wikidata
Firma de Miguel Delibes.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nace en Valladolid en 1920. Estudou Dereito e Comercio, foi catedrático de Dereito Mercantil e xornalista. Dirixiu o xornal El Norte de Castilla desde 1958 ata 1963. A súa primeira incursión na novela foi A sombra do ciprés é alargada (La sombra del ciprés es alargada) (1947), que obtivo o premio Nadal.

En O Camiño (El camino) (1950) narra o proceso que sofre un neno no descubrimento da vida e da experiencia ante a ameaza de deixar o campo e marchar á cidade.

En 1953 publicou O meu idolatrado fillo Sisí (Mi idolatrado hijo Sisí), novela de tese na que aborda a vida da burguesía provinciana nunha cidade que se parece á súa Valladolid natal, así como a novela curta O Tolo (El loco).

Outras novelas son A folla vermella (La hoja roja) (1959), obra de contido existencialista onde un fotógrafo rememora a súa vida ao bordo da xubilación; As ratas (Las ratas) (1962), construída a partir dunha sucesión de anécdotas autobiográficas nas que se evoca o ambiente rural dun poboo castelán desaparecido e, sobre todo, Cinco horas con Mario (1966), considerada a súa obra mestra, longo monólogo de Carmen, unha burguesa de dereitas e mentalidade moi estreita, ante o cadáver de Mario, profesor de instituto e de ideoloxía esquerdista. Fóra dos seus contidos existenciais, a novela é unha furiosa sátira da mediocridade das clases medias xurdidas ao amparo do desenvolvemento económico da posguerra española baixo o goberno franquista.

Por outra banda, existe un grupo de novelas que trata na súa obra sobre unha das grandes afeccións do autor, a caza, unidas polo personaxe dun bedel de instituto afeccionado ao deporte cinexético, personaxe que despois se transforma nun emigrante en terras de Chile e nun xubilado. Estas novelas forman unha triloxía composta por Diario de un cazador (1955), co que obtivo o Premio Nacional de Literatura, Diario de un emigrante (1958) e Diario de un jubilado (1996), e están escritas na castiza e precisa linguaxe habitual do autor.

En 1969 publica unha novela que se aparta da súa temática habitual: Parábola do náufrago (Parábola del náufrago) inspirada nos feitos da primavera de Praga.

En 1973 foi elixido para formar parte da Real Academia Española da Lingua e ocupar a cadeira do e minúsculo. En novembro de 1974 morreu a súa esposa Ángeles, deixando ó escritor sumido nunha depresión durante case tres anos, aínda que pouco despois se publicou, en 1975, a súa obra teatral xa terminada As guerras dos nosos antepasados (Las guerras de nuestros antepasados). Nestas circunstancias tomou posesión como académico o 25 de maio de 1975 e o seu discurso de ingreso versou sobre O sentido do progreso desde a miña obra. A súa seguinte publicación foi a novela O disputado voto do señor Cayo (El disputado voto del señor Cayo), (1978) e pouco despois publicouse o seu discurso de entrada na Real Academia Española baixo o título Un mundo que agoniza (1979).

Seguiu publicando Os santos inocentes (Los santos inocentes) (1982), onde noveliza a degradación dunha familia rural explotada por uns burgueses que encarnan a España vencedora e sen principios da posguerra civil. Foi levada ao cine por Mario Camus con grande éxito. Entre as súas últimas producións atópanse Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1983), 377A, Madeira de heroe (377A, Madera de héroe) (1987), Señora de vermello sobre fondo gris (Señora de rojo sobre fondo gris) (1991), onde está clara a evocación da figura da súa esposa e máis recentemente O herexe (El hereje) (1998), unha novela histórica sobre a persecución aos luteranos por parte da Inquisición española en Valladolid durante o século XVI, que constitúe unha alegación en favor da liberdade relixiosa e o seu autor dedícaa a a súa cidade, Valladolid. Con esta obra volvería obter o Premio Nacional de Literatura en 1999.

Por outra banda, Miguel Delibes é autor de magníficos relatos breves como os incluídos en Sestas con vento sur (Siestas con viento sur) (1957), que obtivo o Premio Fastenrath ou en Vellas historias de Castilla a Vella (Viejas historias de Castilla la Vieja).

No ano 2000, a Xunta de Castilla e León propuxo a candidatura de Miguel Delibes ao Premio Nobel de Literatura, que obtivo apoio de numerosas entidades culturais e intelectuais españolas e internacionais.

ObraEditar

NovelaEditar

  • La sombra del ciprés es alargada (1947)
  • Mi idolatrado hijo Sisí (1953)
  • Las ratas (1962)
  • Aún es de día (1968)
  • Diario de un cazador (1955)
  • Diario de un emigrante (1958)
  • La hoja roja (1968)
  • Cinco horas con Mario (1971)
  • La caza de la perdiz roja (1975)
  • La sombra del ciprés es alargada (1977)
  • Madera de héroe (1988)
  • El camino (1977)
  • Mi idolatrado hijo Sisí (1977)
  • Los santos inocentes (1982)
  • Señora de rojo sobre fondo gris (1993)
  • El disputado voto del señor Cayo (1993)
  • Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1997)
  • El hereje (1998)
  • Diario de un jubilado (1996)
  • El príncipe destronado (1978)
  • Parábola del náufrago (1978)
  • Las guerras de nuestros antepasados (1978)
  • El loco (2001)

Relato curtoEditar

  • Viejas historias de Castilla la Vieja (1964)
  • La partida (1984)
  • Siestas con viento sur (1993)
  • Tres pájaros de cuenta (1987)
  • La mortaja (1987)

ViaxesEditar

  • Un novelista descubre América (Chile en el ojo ajeno) (1956)
  • Europa : parada y fonda (1963)
  • USA y yo (1966)
  • Por esos mundos (1970)
  • La primavera de Praga (1970)
  • Dos viajes en automóvil (1982)

CazaEditar

  • El libro de la caza menor (1966)
  • Con la escopeta al hombro (1975)
  • Alegrías de la Caza (1977)
  • Aventuras, venturas y desventuras de un cazador a rabo (1978)
  • Las perdices del domingo (1981)
  • Mis amigas las truchas (1987)
  • Dos días de caza (1988)
  • La caza en España (1993)
  • 25 años de escopeta y pluma (1995)

Ensaio e periodismoEditar

  • Mi mundo y el mundo (1970)
  • Castilla en mi obra (1972)
  • Vivir al día (1975)
  • Un año de mi vida (1975)
  • S.O.S (1976)
  • Un mundo que agoniza (1979)
  • El otro fútbol (1982)
  • La censura en los años cuarenta (1984)
  • Mi querida bicicleta (1988)
  • Castilla, lo castellano y los castellanos (1988)
  • Mi vida al aire libre (1990)
  • Pegar la hebra (1991)
  • El conejo (1991)
  • La vida sobre ruedas (1992)
  • El último coto (1992)
  • El tesoro (1992)
  • Un deporte de caballeros (1993)
  • Los niños (1995)
  • He dicho (1997)
  • Los estragos del tiempo (1999)
  • Castilla habla (2000)
  • Castilla como problema (2001)

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar