Léo Delibes

compositor francés

Clément Philibert Léo Delibes, nado en Saint-Germain-du-Val o 21 de febreiro de 1836, e finado en París o 16 de xaneiro de 1891, foi un compositor francés de ballets e óperas. Entre as súas obras máis destacadas atópanse os ballets Coppélia (1870) e Sylvia (1876) e as óperas Le roi l'a dit (1873) e Lakmé (1883).

Léo Delibes
Delibes Leo Luckhard.png
Claude Debussy fotografado por Félix Nadar.
Nacemento21 de febreiro de 1836
 Saint-Germain-du-Val, Flag of France.svg Francia
Falecemento16 de xaneiro de 1891 (55 anos)
 París, Flag of France.svg Francia
SoterradoCemiterio de Montmartre
NacionalidadeFrancia
Educado enConservatorio de París
Instrumento(s)Piano, órgano
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Era fillo dun carteiro profesional. A súa madre era músico, e o seu avó foi cantante de ópera. Foi criado sobre todo pola súa nai e o seu tío despois da morte do seu pai. En 1871, ós 35 anos, casou con Leontine Estelle Denainekin. Delibes morreu 20 anos máis tarde en 1891, e foi soterrado no Cimetière de Montmartre, París. O seu sobriño Frédéric foi o avó paterno do escritor español Miguel Delibes.[1]

NotasEditar

  1. «Miguel Delibes. Un castellano de tierra adentro», entrevista por Joaquín Soler Serrano, Escritores a fondo. Entrevistas con las grandes figuras literarias de nuestro tiempo, Barcelona, Editorial Planeta, 1986, p. 17, segundo se cita na Biografía literaria do Centro Virtual Cervantes