Comunidade de Madrid

comunidade autónoma en España
(Redirección desde «Provincia de Madrid»)

A Comunidade de Madrid[1] (en castelán: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.

Modelo:Xeografía políticaComunidade de Madrid
Comunidad de Madrid (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHymn of the Community of Madrid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°25′31″N 3°41′26″O / 40.42526, -3.69063
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
CapitalMadrid Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación7.000.621 (2023) Editar o valor en Wikidata (872,03 hab./km²)
Xeografía
Superficie8.028 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Texo, Río Jarama, Río Guadarrama, Río Manzanares, Río Lozoya, Río Henares e Río Tajuña Editar o valor en Wikidata
Altitude678 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPeñalara (2.430 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Texo (470 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1983 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGoberno da Comunidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Comunidade Editar o valor en WikidataIsabel Díaz Ayuso (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea de Madrid , (Escano: 136) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ES-MD Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES30 Editar o valor en Wikidata
Código INE28 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Pequín (2005–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmadrid.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575395

A súa poboación estimada é de 7 000 621 habitantes (INE 2023) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.

O seu Estatuto de Autonomía aprobouse por Lei Orgánica de 25 de febreiro de 1983 [2] e entrou en vigor o 1 de marzo dese mesmo ano.

Xeografía

editar

Relevo

editar

Situada na Meseta Central, a Serra de Guadarrama marca as súas lindes polo noroeste, e drena unha serie de ríos que conducen as súas augas cara ao sur, onde as verten no río Texo, que atravesa a zona meridional da comunidade.

Ao sur da serra do Guadarrama o relevo é plano de abondo, xa que está situada na parte sur da Meseta Central, que atinxe aquí unha altura media de arredor de 650 metros sobre o nivel do mar. Nesta chaira só algúns outeiros e encostas de escasa altura e pequenos vales na zona sueste rompen a monotonía. A Serra de Guadarrama e Somosierra, cordais pertencentes ao Sistema Central, conforman a zona montañosa da comunidade, con cimas que superan os 2.000 m. Ambas as dúas serras érguense no noroeste e norte do territorio, respectivamnte. O pico máis elevado da comunidade é Peñalara, con 2.430 m.

Hidrografía

editar
 
Xunto co Texo, o Jarama é o río máis importante da rexión. Na imaxe, o Jarama ao seu paso por Titulcia.

A Comunidade de Madrid forma parte da conca hidrográfica do Texo, río que asuca a zona meridional da rexión, na Comarca de Las Vegas, á altura de Belmonte de Tajo, Brea de Tajo, Fuentidueña de Tajo e Aranjuez. Existen outras catro concas hidrográficas menores, todas elas subsidiarias do Texo: a do Jarama, a do Guadarrama, a do Alberche e a do Tiétar. Todos estes ríos percorren unha distancia media de aproximadamente 167 km desde o seu nacemento no Sistema Central ata a súa desembocadura no Texo. Sen saír da rexión, é posible contemplar o curso alto dalgúns deles, con paisaxes típicas de ríos de montaña, así como o seu curso medio e baixo, como ríos de chaira.

A auga da Comunidade de Madrid é unha das mellores de Europa grazas ás condicións xeolóxicas da Serra de Guadarrama, unhas montañas con abundancia de granito. Esta roca tan dura deixa moi poucos residuos nos ríos da serra e fai que a pureza da auga sexa moi elevada.

 
Peñalara no inverno. A neve é moi común no inverno nas zonas de montaña da rexión.
 
Neve nunha praza de Madrid. As nevadas por baixo dos 800 metros de altitude son ocasionais.

A pesar da súa reducida superficie (8.021,80 km²), a Comunidade de Madrid presenta dous climas diferenciados, consecuencia da súa localización entre o Sistema Central e o val do Texo:

  • Clima de montaña. As zonas máis altas das serras de Guadarrama e Ayllón -aproximadamente por encima dos 1.200 m- teñen clima de montaña, con temperaturas frías ou moi frías no inverno e suaves no verán. Aquí as precipitacións son abundantes: poden superar os 1.500 mm ao ano e son en forma de neve durante o inverno e parte da primavera.
  • Clima mediterráneo continentalizado. O resto do territorio madrileño posúe un clima mediterráneo continentalizado, de carácter atenuado no piedemonte e extremado na chaira mesetaria, na que se sitúa a capital. Nestas zonas os invernos son frescos, con temperaturas inferiores aos 8 °C, xeadas nocturnas moi frecuentes e nevadas ocasionais (tres ou catro ao ano). Pola contra, os veráns son calorosos, con temperaturas medias superiores aos 24 °C en xullo e agosto e con máximas que moitas veces superan os 35 °C. A oscilación diaria é de aproximadamente de 10 °C. As precipitacións non adoitan superar os 700 mm ao ano e concéntranse especialmente na primavera, seguida do outono.

En canto a marcas meteorolóxicos (datos do INM), a temperatura máxima absoluta alcanzada na Comunidade de Madrid deuse o 31 de xullo de 1878 no Observatorio Astronómico de Madrid, cando se chegou aos 44,3 °C. A temperatura mínima absoluta da rexión (rexistrada nunha estación meteorolóxica homologada) deuse o 25 de decembro de 1962 no Porto de Navacerrada (1.858 m) cando se alcanzaron os -20,3 °C. A precipitación máxima en 24 horas produciuse neste mesmo porto de montaña o 21 de xaneiro de 1996, cando caeron 150,0 mm.

Símbolos

editar

A Lei 2/1983, de 23 de decembro, da bandeira, escudo e himno da Comunidade de Madrid define e regula os símbolos da Comunidade de Madrid:[3]

Bandeira

editar
         
As sete estrelas da bandeira madrileña están presentes nos escudos de distintos municipios que pertenceron ao antigo concello da Tierra de Madrid (caso do propio Madrid e de Las Rozas de Madrid) e noutros da súa zona de influencia (Fresno de Torote e Valdemorillo). Tres Cantos, cuxo concello foi constituído en 1991, tamén toma esta simboloxía.

A bandeira madrileña toma o fondo vermello carmesí do pendón de Castela. As sete estrelas, que simbolizan a constelación da Osa Maior, proceden do escudo da Terra de Madrid, concello formado en tempos da Reconquista. As cinco puntas das estrelas representan ás cinco provincias limítrofes a Madrid (Ávila, Cuenca, Guadalaxara, Segovia e Toledo). As sete estrelas alíñanse en dúas filas: na superior sitúanse catro e na inferior as tres restantes. Diferentes municipios que formaron parte do antigo concello da Terra de Madrid incorpóranas nos seus escudos heráldicos. É o caso da Vila de Madrid e de Las Rozas de Madrid, que as integraba ata 1995, cando o consistorio roceño deseñou un novo escudo. Poboacións situadas baixo a influencia deste concello tamén inclúen nos seus escudos as sete estrelas (Guadarrama, Valdemorillo ou Fresno de Torote). O escudo de Tres Cantos igualmente incorpóraas, aínda que, neste caso, non como reflexo da súa pertenza ao concello da Tierra de Madrid, senón en clara referencia á simboloxía da comunidade autónoma. Trátase do municipio máis novo da provincia, constituído en 1991 -cando se segregou de Colmenar Viejo-, oito anos logo de ser aprobada a bandeira e o escudo da Comunidade de Madrid. Popularmente, as sete estrelas coñécense como as sete portas de entrada a Madrid.[4]

Escudo

editar

 

O escudo da Comunidade de Madrid é descrito heráldicamente no Anexo 2 do Decreto 2/1984, nos seguintes termos:

"(...) de un solo cuartel de gules y en él, de oro, dos castillos pareados, almenados, donjonados, aclarados de azur y mampostados de sable, surmontados en el jefe por siete estrellas de plata, colocadas cuatro y tres. Al timbre, corona real, cerrada, que es un círculo de oro engastado de piedras preciosas, compuesto de ocho florones de hojas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas y de cuyas hojas salen sendas diademas sumadas de perlas, que convergen en un mundo de azur, con el semimeridiano y el ecuador de oro, sumado de cruz de oro. La corona, forrada de gules."

Organización territorial

editar
 
Moralzarzal, municipio situado na comarca da Cuenca del Guadarrama.
 
Encoro de El Atazar, no municipio do mesmo nome, na comarca da Sierra Norte.

Comarcas

editar

A diferenza doutras comunidades autónomas, a Comunidade de Madrid carece dunha comarcalización que teña relevancia administrativa. No entanto, algunhas institucións autonómicas delimitaron diferentes áreas a partir de criterios de homoxeneidade xeográfica e sociodemográfica, que toman o seu nome dos puntos cardinais e dos principais ríos da rexión. A súa validez limítase a promocións turísticas ou a divisións agrícolas.

Nin sequera se atopa definida legalmente a área metropolitana de Madrid, a pesar da súa importancia social, demográfica e económica e as necesidades que, en termos de infraestruturas, urbanismo ou transportes, comparten os municipios situados baixo a zona de influencia da capital.

A clasificación que conseguiu un maior nivel de implantación, elaborada pola Dirección Xeral de Turismo, establece oito grandes comarcas e deixa á marxe á área metropolitana de Madrid:

Popularmente, os madrileños clasifican a súa rexión a partir das áreas de influencia das seis autovías radiais que asucan a provincia. A que se articula ao redor da A-2 recibe o nome oficioso do Corredor del Henares.

A ausencia dunha comarcalización administrativa é consecuencia da conformación do área metropolitana de Madrid ao longo do século XX e, especialmente, na súa segunda metade. A progresiva implantación desta nova realidade desdebuxou o perfil das comarcas históricas madrileñas, que se relacionan a continuación:

 
Torrejón de Ardoz, municipio pertencente ao Corredor del Henares.

Municipios

editar

A Comunidade de Madrid organízase territorialmente en 179 municipios e en 801 localidades e entidades menores de poboación. Posúe o 2,2% dos municipios totais que integran o territorio español (8.110). É a vixésimo terceira provincia española en número de concellos e sitúase lixeiramente por riba da media, cifrada en 165 municipios por provincia (Burgos conta co maior número de termos municipais con 371 concellos, e As Palmas é a provincia que ten menos con 34).

 
Mapa municipal da Comunidade de Madrid.

Existen vinte partidos xudiciais, cuxas cabezas corresponden aos seguintes municipios (o histórico partido xudicial de San Martín de Valdeiglesias perdeu esta consideración no ano 1985):

 
Vista de Valdemoro, cabeza do partido xudicial do mesmo nome.
 
Concello de Aranjuez, o segundo termo municipal máis extenso da rexión, despois do de Madrid.

A superficie media dos municipios madrileños é de 44,8 km², unha media baixo o que se esconden grandes oscilacións. O máis extenso de todos eles é Madrid, concello que anexionou, entre 1948 e 1954, os municipios limítrofes de Chamartín de la Rosa, Fuencarral, Hortaleza, Canillas, Canillejas, Moratalaz, Vallecas, Villaverde, Carabanchel e Aravaca, convertidos hoxe en distritos ou barrios.

Os cinco termos municipais máis grandes son Madrid, con 605,8 km²; Aranjuez, con 189,1 km²; Colmenar Viejo, con 182,6 km²; Rascafría, con 150,3 km²; e Manzanares el Real, con 128,4 km².

Os de menor superficie superficie son Casarrubuelos, con 5,3 km²; La Serna del Monte, con 5,4 km²; Pelayos de la Presa, con 7,6 km²; Madarcos, con 8,5 km²; e Torrejón de la Calzada, con 9,0 km².

Demografía

editar
 
Mapa dos municipios da Comunidade de Madrid segundo a súa densidade de poboación (2002).

Madrid é a provincia máis poboada de España, con 6 661 949 habitantes, a 1 de xaneiro de 2019 (INE). Por autonomías, esta comunidade uniprovincial é a terceira de maior poboación do país, por detrás de Andalucía (nas súas oito provincias residen máis 8,4 millóns de persoas) e de Cataluña (con 7,5 millóns en catro provincias).

A densidade de poboación da rexión é de 829,84 hab/km² (INE 2019), moi superior á do conxunto español (92,77 hab/km²). Con todo, este indicador esconde enormes oscilacións, conforme se considere a zona central da provincia ou os límites da mesma. Mentres que o municipio de Madrid ten unha densidade de 5265,91 hab/km², na comarca da Sierra Norte redúcese a menos de 10 hab/km².

A gran maioría da poboación da comunidade autónoma concéntrase na capital e nos seus arredores, que conforman a área metropolitana máis importante de España, onde reside aproximadamente o 90% dos habitantes da Comunidade de Madrid. A medida que aumenta a distancia da capital, máis se reducen as cifras demográficas, principalmente no que respecta ao norte e ao suroeste da rexión.

Cidades máis poboadas

editar
Listaxe Cidade Pob. Listaxe Cidade Pob.
 
Madrid
 
Móstoles
 
Alcalá de Henares
1 Madrid 3.223.334 11 Las Rozas 95.550
2 Móstoles 207.095 12 San Sebastián de los Reyes 87.724
3 Alcalá de Henares 193.751 13 Pozuelo de Alarcón 86.172
4 Fuenlabrada 193.586 14 Rivas-Vaciamadrid 85.893
5 Leganés 188.425 15 Coslada 81.860
6 Xetafe 180.747 16 Valdemoro 74.745
7 Alcorcón 169.502 17 Majadahonda 71.785
8 Torrejón de Ardoz 129.729 18 Collado Villalba 63.074
9 Parla 128.256 19 Aranjuez 59.037
10 Alcobendas 116.037 20 Arganda del Rey 54.554
Censo 2018[5]

Economía

editar
 
Zona financeira AZCA no centro de Madrid.

A Comunidade de Madrid gozaba en 2009 da segunda maior renda por habitante de España (30.029€) por detrás do País Vasco (30.703€) e seguida pola comunidade de Navarra (29.598€).[6]

A pesar destes datos, a rexión só ocupa o posto 34º na clasificación das rexións europeas máis prósperas (ano 2002) e a posición 50º na lista de cidades-rexión máis competitivas do planeta (ano 2007), elaborada a partir do indicador do Produto Interior Bruto (PIB) por habitante. Nesta clasificación, encabezada por San Francisco (Estados Unidos), figuran por diante de Madrid dezasete metrópole europeas, entre elas Dublín (Irlanda), Milán (Italia), Lión (Francia) e Roma (Italia), ademais de Londres (Reino Unido) e París (Francia). A rexión madrileña colócase por diante de Barcelona, no lugar 58º, e de Valencia, no 64º, as outras dúas grandes áreas metropolitanas españolas que aparecen no estudo.

No Informe Plataforma de seguimiento de la Estrategia de Lisboa,[7] promovido pola Unión Europea en 2007, sinálase que os puntos fortes da economía madrileña son o seu escaso desemprego, o seu gasto en investigación, o seu desenvolvemento relativamente elevado e os seus servizos de alto valor engadido. Entre os seus puntos débiles aparecen a falta de conexións de banda larga (novas tecnoloxías da información e a comunicación) e a súa taxa de actividade relativamente baixa entre as mulleres. Neste estudo, destácase á Comunidade de Madrid como unha rexión-municipio preferentemente asentada no sector dos servizos.

Política

editar
 
Asemblea de Madrid.

O Estatuto de Autonomía da Comunidade de Madrid, norma fundamental da comunidade, establece que a Asemblea de Madrid, o Goberno e o Presidente da Comunidade son os órganos que exercen os poderes da Comunidade de Madrid:

  • A Asemblea de Madrid «representa ao pobo de Madrid, exerce a potestade lexislativa da Comunidade, aproba e controla o Orzamento da Comunidade, impulsa, orienta e controla a acción do Goberno e exerce as demais competencias que lle atribúen a Constitución, o Estatuto e o resto do ordenamento xurídico», segundo sinálase no Estatuto de Autonomía da Comunidade de Madrid (LO 3/1983, de 25 de febreiro, BOE do 01/03/1983). A súa sede, que se atopa no barrio madrileño de Vallecas, ocupa unha superficie de 7.148,87 m². Inicialmente estivo situada no vello caserón da antiga Universidade da rúa de San Bernardo.
  • O Goberno é «o órgano colexiado que dirixe a política da Comunidade de Madrid, correspondéndolle as funcións executivas e administrativas, así como o exercicio da potestade regulamentaria en materias non reservadas á Asemblea». Está composto polo Presidente, os Vicepresidentes e os Conselleiros.
  • O Presidente da Comunidade «ostenta a suprema representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado na mesma, preside e dirixe a actividade do Goberno, designa e separa aos Vicepresidentes e Conselleiros e coordina a Administración». A Presidencia da Comunidade de Madrid atópase actualmente situada na Real Casa de Correos, na praza da Porta do Sol, de Madrid. O edificio, que foi sede da Dirección Xeral de Seguridade do Estado, foi restaurado e acondicionado entre 1996 e 1998, logo da súa adquisición pola Comunidade de Madrid.

Transporte

editar
 
Vista da autovía A-1.
 
Aeroporto de Madrid-Barajas. Terminal 4.

A Comunidade de Madrid é o centro da rede de comunicacións españolas, dada a estrutura radial das estradas do Estado, que ten a súa orixe no século XVIII. Aínda que, nos últimos tempos, a articulación radial das estradas españolas foise desdibujando mediante a apertura de eixos transversais, Madrid segue sendo paso obrigado nas comunicacións interprovinciales por estrada.

Extremo que se subliña aínda máis no transporte por tren, que aínda mantén a configuración radial deseñada no século XIX, e nos desprazamentos por avión, co Aeroporto de Madrid-Barajas como punto de referencia de todos os aeroportos españois para as conexións internacionais.

A isto engádense os desprazamentos internos dos propios madrileños, que tamén teñen o seu epicentro na cidade de Madrid, como punto de destino e saída preferente. Estes resultan especialmente intensos no área metropolitana, na que residen aproximadamente 5,3 millóns de habitantes, nunha superficie de apenas 1.900 km².

Todo iso dá lugar a unha estrutura de comunicacións de gran complexidade, en cuxa articulación resultan igualmente decisivas as actuacións do Ministerio de Fomento (que xestiona as estradas radiais e de circunvalación -excepto a Rúa 30, antes M-30, e a M-45-, o transporte por tren e o Aeroporto de Madrid-Barajas), da Comunidade de Madrid (responsable das estradas rexionais, do Metro e dos autobuses interurbanos) e dos distintos municipios metropolitanos, con especial mención ao Concello de Madrid (do que dependen a Rúa 30 e o servizo de autobuses urbanos da capital).

A partir da creación do Consorcio Rexional de Transportes de Madrid en 1985, as citadas administracións coordínanse no establecemento de servizos e tarifas nos medios de transporte público de toda a rexión. Entre as súas iniciativas máis destacadas, figura a creación do Abono Transportes e dos billetes combinados.

Patrimonio cultural

editar
 
Palacio Real de Madrid.

O sector do turismo converteuse nunha das actividades máis puxantes da economía madrileña. A comunidade recibiu a visita de 8 651 891 turistas en 2006, un 9,41% máis que o ano anterior. Con esta cifra, a máis alta na historia do turismo madrileño, a rexión superou en número de visitantes a países como Brasil, Croacia, Suíza ou Exipto.[8]

A Comunidade de Madrid engade ao seu relevante patrimonio histórico-artístico unha variada oferta cultural, museística e de lecer. Esta base turística complétase con diferentes infraestruturas dirixidas a captar o chamado turismo de negocios, un dos subsectores que experimentaron un maior crecemento en número de visitantes.

 
Vista do Mosteiro de El Escorial, un dos tres Patrimonios da Humanidade cos que conta a Comunidade de Madrid.

A rexión conta con tres Patrimonios da Humanidade: o Mosteiro e Real Sitio de San Lorenzo de El Escorial, a Paisaxe Cultural de Aranjuez e a Universidade e recinto histórico de Alcalá de Henares. Xunto coa Barcelona, Madrid é a provincia española que posúe un maior número de Patrimonios da Humanidade.

O valor turístico da Comunidade de Madrid increméntase pola súa proximidade cos Patrimonios da Humanidade de Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia, que se atopan nun raio de aproximadamente 150 quilómetros; de Salamanca, a uns 200 quilómetros; e de Cáceres, a uns 300 quilómetros da Porta do Sol.

Contando os Patrimonios da Humanidade da Comunidade de Madrid e os da súa contorna máis próxima, contabilízanse nove conxuntos históricos, artísticos e paisaxísticos declarados así pola Unesco, no que constitúe unha das maiores concentracións de Patrimonios da Humanidade do mundo.

Deporte

editar
 
Madrid Arena, sede do Masters de Madrid e de diferentes torneos de baloncesto.
 
Estadio Santiago Bernabéu, do Real Madrid.
 
Estadio Vicente Calderón, do Atlético de Madrid.

O fútbol acapara o interese deportivo dos madrileños, do mesmo xeito que ocorre no resto de España. A rexión conta con tres equipos de gran tradición, o Real Madrid, equipo máis laureado de España, o Atlético de Madrid, con varios títulos a nivel nacional e internacional, e o Rayo Vallecano. Cabe destacar tamén o Getafe Club de Fútbol, que chegou a disputar competicións europeas, o Club Deportivo Leganés, que tamén xoga en Primeira e fundado en 1928, a Agrupación Deportiva Alcorcón, o Club de Fútbol Rayo Majadahonda e a Real Sociedad Deportiva Alcalá, fundada en 1929.

Outro deporte moi popular na comunidade autónoma é o baloncesto. Clubs como o Real Madrid, o Estudiantes ou o Fuenlabrada atópanse na primeira liña do baloncesto español.

O ciclismo reúne tamén a un gran número de afeccionados. Na rexión dispútanse tradicionalmente as etapas finais da Volta ciclista a España, que discorre polos pobos e portos de montaña da comunidade ata a súa conclusión no Paseo da Castellana, na capital.

A Serra de Guadarrama é un punto de referencia para os numerosos clubs ciclistas cos que conta a rexión, á que se suman os diferentes carrís e circuítos urbanos de uso ciclista e peonil. En maio de 2007 púxose en marcha o Anel verde ciclista,[9] que circunvala o termo municipal de Madrid cun trazado de máis de 64 km; e nas Eleccións Autonómicas, celebradas no mesmo mes, a presidenta rexional, Esperanza Aguirre, anunciou a creación de 1.400 km de carril-bici.

O boxeo, a hípica, o golf, o tenis, as artes marciais, a natación e o balonmán atópanse tamén entre as preferencias deportivas dos madrileños, como avala a existencia de numerosas escolas, clubs, asociacións e federacións, así como a celebración de distintos campionatos internacionais (caso do Masters de Madrid, torneo de tenis que se disputa nas canchas do Madrid Area).

Mención á parte merecen os chamados deportes de natureza, cun elevado número de afeccionados, dadas as idóneas condicións orográficas da rexión. Hai varias escolas e federacións de escalada, alpinismo, montañismo e sendeirismo, entre elas a Real Sociedad de Alpinismo Peñalara, creada en 1912, unha das máis antigas de España nesta especialidade. La Pedriza del Manzanares, La Maliciosa, as formacións graníticas de Torrelodones e os rocódromos da capital atópanse entre os lugares máis frecuentados polos amantes da escalada.

Pola súa parte, os encoros, estanques e ríos da rexión permiten a práctica de diferentes deportes náuticos. Aquí destacan o Encoro de San Juan, en San Martín de Valdeiglesias e Pelayos de la Presa, o Lago da Casa de Campo e a ría do Parque Juan Carlos I, ambos en Madrid, así como o río Texo, á altura de Aranjuez.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1983-6317
  3. "Lei 2/1983, de 23 de decembro, da bandeira, escudo e himno da Comunidade de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2011. 
  4. As estrelas da bandeira da Comunidade de Madrid son coñecidas como as sete portas de entrada[Ligazón morta]
  5. Instituto Nacional de Estadística.
  6. Eurostat. "Contabilidade nacional. 2009. Primeira estimación" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2010. Consultado o 27 de maio de 2011. 
  7. "Informe Plataforma de seguimiento de la Estrategia de Lisboa: puntos fortes e débiles da economía madrileña" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2007. Consultado o 09 de xuño de 2007. 
  8. "A Comunidade de Madrid, referente do turismo internacional con máis de 8,6 millóns de turistas en 2006". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 28 de maio de 2011. 
  9. "O Anel verde ciclista de Madrid ten un trazado de 64,2 km". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 28 de maio de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar