Porto de Navacerrada

Coordenadas: 40°47′19″N 4°00′13″O / 40.788623, -4.003674

O Porto de Navacerrada é un porto de montaña situado a 1.858 metros de altitude, na Serra de Guadarrama (Sistema Central), na fronteira entre as provincias de Madrid e Segovia. Na parte superior atópase a estación de esquí do mesmo nome, provista de varios hoteis, apartamentos e restaurantes.

Vista do porto dende o sur.
Porto de Navacerrada dende a Bola del Mundo.

Estrada editar

Este porto e o paso natural entre os montes de Siete Picos (ó oeste) e Bola del Mundo (ó leste), e está atravesado por unha estrada autonómica que recibe a denominación M-601 na vertente madrileña e CL-601 na vertente segoviana. Esta estrada comunica o concello de Collado Villalba co de Segovia.

O Porto de Navacerrada é empregado con frecuencia como paso montañoso pola organización da Vuelta a España. Trátase dun dos destinos clásicos desta carreira ciclista.

Estación de esquí editar

A estación de esquí é unha das máis visitadas en España, contando cunha estación de ferrocarril propia, da liña C-9 de Cercanías Madrid.

As súas 14 pistas divídense en:

  •   Pistas Verdes = 2
  •   Pistas Azuis = 7
  •   Pistas Vermellas = 3
  •   Pistas Negras = 2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar