Vuelta a España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
A Volta Ciclista a España (castelán: Vuelta Ciclista a España), comunmente chamada Volta a España ou A Volta (castelán: La Vuelta), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras o ciclista máis laureado, con 4 vitorias na clasificación xeral por tempos, seguido de Tony Rominger e Alberto Contador, con 3.
Tipo | Grandes Voltas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unipublic (pt) |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1935 – |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Propietario | Unipublic (pt) |
A Volta a España xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, son as únicas carreiras de tres semanas do calendario da UCI, recibindo o sobrenome de "as tres grandes". Durante moito tempo a carreira española era a primeira das tres en disputarse, pero no ano 1995 cambiou de datas para instalarse entre finais do mes de agosto e comezos de setembro. Este cambio viu acompañado tamén dunhas novas propostas no deseño das etapas, buscando distancias máis curtas e espectaculares. O vixente gañador é o esloveno Primož Roglič.
Historia
editarA Vuelta Ciclista a España iniciouse no ano 1935 e tivo unha duración de 14 etapas e 3.431 km, grazas a Clemente López Doriga (en colaboración con Juan Pujol). Pouco despois, só tras terse disputado dúas Vueltas, houbo de suspenderse pola guerra civil española.
Nun principio, os participantes eran fundamentalmente españois; arredor dos anos 60-80 comezou a adquirir prestixio internacional. Nos últimos anos, a súa importancia diminuíu.
A Vuelta de 2005 viuse afectado polo escándalo da dopaxe. O seu gañador, Roberto Heras, foi desposuído do seu título en favor de Denis Menchov, xa que deu positivo nun control de EPO.
Organizadores
editarA primeira edición foi organizada polo desaparecido xornal Informaciones. A partir de 1945 foi o xornal Ya o que se fixo cargo da organización da carreira. O xornal El Correo tomou o relevo en 1955 até finais dos anos 70. A empresa de publicidade Unipublic é a organizadora da carreira dende 1979.
- Informaciones (1935-1944)
- Ya (1945-1954)
- El Correo (1955-1978)
- Unipublic (1979-...)
Xerseis
editarPara facilitar o recoñecemento dos líderes das diversas clasificacións da carreira dentro do pelotón de ciclistas, estes levan uns xerseis dunhas cores determinadas, do mesmo xeito que nas outras grandes voltas: Tour de Francia (maillot amarelo) e Giro de Italia (maglia rosa).
No caso da Vuelta a España, estes son os xerseis que dende o ano 2010 distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Historial da Vuelta a España
editarPodios
editarCorredor | Edicións | |||
---|---|---|---|---|
Roberto Heras | 4 | 1 | 2 | 8 |
Tony Rominger | 3 | 0 | 1 | 4 |
Alberto Contador | 3 | 0 | 0 | 3 |
Primož Roglič | 3 | 0 | 0 | 3 |
Julián Berrendero | 2 | 2 | 0 | 7 |
Chris Froome | 2 | 2 | 0 | 7 |
Pedro Delgado | 2 | 1 | 2 | 11 |
Alex Zülle | 2 | 1 | 0 | 11 |
Bernard Hinault | 2 | 0 | 0 | 2 |
Gustaaf Deloor | 2 | 0 | 0 | 2 |
José Manuel Fuente | 2 | 0 | 0 | 4 |
... | ... | ... | ... | ... |
Emilio Rodríguez | 1 | 1 | 0 | ? |
Delio Rodríguez | 1 | 0 | 1 | 6 |
Álvaro Pino | 1 | 0 | 0 | 9 |
Ezequiel Mosquera | 0 | 1 | 0 | 4 |
Manuel Rodríguez | 0 | 1 | 0 | ? |
Vitorias de etapa
editar- Con 38: Delio Rodríguez
- Con 20: Alessandro Petacci
- Con 18: Laurent Jalabert e Rik Van Looy
- Con 16: Sean Kelly
Días como líder
editar- Con 48: Alex Zülle
- Con 34: Roberto Heras
- Con 32: Delio Rodríguez e Gustaaf Deloor
- Con 31: Tony Rominger, Julián Berrendero e Domingo Perurena
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vuelta a España |