Tony Rominger
Tony Rominger, nado en Vejle o 27 de marzo de 1961, foi un ciclista profesional de fondo en estrada suízo de orixe dinamarquesa.
Traxectoria
editarComezou a súa carreira profesional en 1986, nun momento de transición no ciclismo mundial onde nas grandes probas por etapas salientaban corredores como Stephen Roche, Pedro Delgado ou Álvaro Pino. No Tour en 1990 aínda non puido pasar da posición 57. Empezou brillando noutro tipo de probas como o Giro dell´Emilia ou o prestixioso Giro da Lombardía.
Unha axustada preparación pemitiulle facerse coa Volta a España de 1992, o que supuxo a súa consagración mundial. A partir dese momento comezou un período inzado de grandes triunfos: as novas voltas a España de 1993 e 1994 (un récord aínda non superado). Un segundo posto no Tour de Francia de 1993, por detrás do todopoderoso Miguel Indurain. O Giro de Italia en 1995. Outro Giro da Lombardía en 1992. O récord da hora que bateu en dúas ocasiónsen o 22 de outubro de 1994 e o 5 de novembro do mesmo ano.
En total gañou trece etapas da Volta a España, 3 etapas no Tour de Francia e 5 etapas no Giro de Italia, o que dá conta do seu dominio nun período en que reinaba un imbatible Miguel Indurain.
En 1995, ano da súa vitoria no Giro, sería oitavo no Tour e décimo ao ano seguinte, no que sería terceiro na Volta a España e tamén terceiro no campionato do mundo de fondo en estrada, a súa última actuación destacada.
Entre os seus éxitos debe salintarse o triunfo no Gran Premio das Nacións en 1991 e 1994, dúas París-Niza en 1991 e 1994, tres voltas ao País Vasco en 1992, 1993 e 1994, a subida ao Naranco en 1992, a Subida ao Urkiola de 1993 e a Escalada ao Montjuic de 1994. Corredor todo terreo, da proba disto o gran premio da montaña no Tour de 1993 e nas Voltas a España de 1993 e 1996.
Cando empezaba o seu declive, unha lesión afastouno definitivamente da estrada en 1997.
Resultado nas Grandes Voltas e o Campionato do Mundo
editarCarreira | 1986 | 1987 | 1988 | 1989 | 1990 | 1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 | 1996 | 1997 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | - | Ab. | 44º | - | - | - | - | - | - | 1º | - | - |
Tour de Francia | - | - | 68º | - | 57º | - | - | 2º | Ab. | 8º | 10º | Ab. |
Vuelta a España | - | - | - | - | - | - | 1º | 1º | 1º | - | 3º | 38º |
Mundial en Ruta | - | Ab. | Ab. | 14º | 56º | Ab. | 4º | - | - | - | 9º | Ab. |
Mundial Contra o reloxo | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 3º | 4º |