Giro da Lombardía
O Giro da Lombardía é unha carreira ciclista profesional dun so día disputada na rexión italiana da Lombardía, tradicionalmente no mes de outubro.
Tipo | carreira dun día |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | RCS MediaGroup (pt) |
Parte de | Monumentos do ciclismo |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1905 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ilombardia.it |
Comezou a correrse no 1905 e interrompeuse sódurante a primeira e a segunda guerra mundial. É unha das cinco clásicas da tempada consideradas monumentos do ciclismo e a que ten un perfil máis montañoso de todas elas, polo que o seu palmarñes está cheo de grandes escaladores. O corredor con máis vitorias na proba é o ciclista italiano Fausto Coppi, vencedor en cinco edicións. No ano 2012 cambiou o seu nome tradicional de Giro di Lombardía polo de Il Lombardía[1].
Percorrido
editarA saída e a chegada de Il Lombardia cambia con frecuencia, sendo Milán, Como e Bérgamo, as cidades mais empregadas para o comezo e o fin. Dende 2017 Como é a cidade da liña de meta. Entre o 2004 e o 2006 a proba saíu de fóra de territorio italiano, tomando a saída en Mendrisio, Suíza.
O lago Como e as montañas que o rodean son parte fundamental da proba. Destacan as ascensións á Madonna Ghisallo e o Muro di Sormano. Estas dúas dificultades montañosas fan que a chegada a liña de meta sexa en grupos pequenos ou en solitario, favorecendo ós escaladores e complicando moito que os velocistas poidan disputar a vitoria.
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "CQ Ranking". cqranking.com. Consultado o 2020-04-17.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |