Monumentos do ciclismo

Os monumentos do ciclismo son cinco carreiras clásicas consideradas de maior historia e prestixio no calendario internacional.

As cinco carreiras empezaron a disputarse antes da primeira guerra mundial. Pola súa orde de disputa durante a tempada son a Milán-San Remo (Italia), Tour de Flandres (Bélxica), París-Roubaix (Francia), Liexa-Bastogne-Liexa (Bélxica) e o Giro da Lombardía (Italia). As catro primeiras córrense na primavera, mentres que a última dispútase en outono.

Ademais de ser carreiras moi antigas, teñen a característica de ser as máis duras do calendario, non só polos quilómetros, que é superior ós 200 km, senón tamén polo seu percorrido.

As principais características dos monumentos son as seguintes:

  • Milán-San Remo: A súa primeira edición foi no ano 1907, e o seu gañador foi o belga Lucien Petit-Breton. A marca de vitorias na competición teno Eddy Merckx, que chegou a ganala ata 7 veces. Adoita ser a máis longa en quilometraxes, cerca dos 300 quilómetros. É a primeira dos cinco monumentos, e dispútase o penúltimo ou último domingo de marzo.
  • Tour de Flandres: Denominada Ronde van Vlaanderen oficialmente. A súa primeira edición foi no ano 1913, e o seu gañador foi o belga Paul Deman. A marca de vitorias na competición está repartida entre seis ciclistas, con 3 vitorias cada un. O ciclistas son; os belgas Achiel Buysse, Eric Leman, Johan Museeuw, Tom Boonen (en activo), o italiano Fiorenzo Magni, e o suízo Fabian Cancellara (en activo). É unha dos dous monumentos que se corren sobre lastro, e que se denominan clásicas flandrienanas. No calendario é o segundo monumento, que se disputa o primeiro domingo de abril.
  • París-Roubaix: A súa primeira edición foi no ano 1896, e o seu gañador foi o alemán Josef Fischer. A marca de vitorias na competición téñenno dous belgas; Roger De Vlaeminck e Tom Boonen (en activo). É o segundo monumento que se corren sobre lastro, e que se denominan clásicas flandrienanas. No calendario é o terceiro monumento, e dispútase o segundo domingo de abril.
  • Liexa-Bastogne-Liexa: É a máis antiga dos monumentos, disputándose a súa primeira edición no ano 1892, e na que o seu primeiro gañador foi o belga León Houa. A marca de vitorias na competición é de Eddy Merckx, alzouse coa vitoria en 5 ocasións. É a última clásica e único monumento das denominadas clásicas ardenianas ou clásicas das Árdenas. No calendario é o último monumento da primavera, e penúltimo do ano, e dispútase o penúltimo ou último domingo de abril.
  • Giro da Lombardía: Nos últimos anos en Italia pasaron a denominala tamén como il Lombardia. A súa primeira edición foi no ano 1905, e o seu gañador foi o italiano Giovanni Gerbi. Dos cinco monumentos, é a máis montañosa polo que é o monumento na que menos compiten clasicómanos puros. Ademais de non estar encadrada no calendario das clásicas de primavera, xa que se disputa o primeiro domingo de outubro. A marca de vitorias na competición é do italiano Fausto Coppi, alzouse coa vitoria en 5 ocasións.

Máis vitorias [cando?] editar

Coureurs M-S T-F P-R L-B-L GL Total
  Eddy Merckx 7 2 3 5 2 19
  Roger De Vlaeminck 3 1 4 1 2 11
  Costante Girardengo 6 3 9
  Fausto Coppi 3 1 5 9
  Seán Kelly 2 2 2 3 9
  Rik Van Looy 1 2 3 1 1 8
  Gino Bartali 4 3 7
  Tom Boonen 3 4 7
  Fabian Cancellara 1 3 3 7
  Alfredo Binda 2 4 6
  Alfred De Bruyne 1 1 1 3 6
  Francesco Moser 1 3 2 6
  Moreno Argentin 1 4 1 6
  Johan Museeuw 3 3 6
  Henri Pélissier 1 2 3 6
  Gaetano Belloni 2 3 5
  Rik Van Steenbergen 1 2 2 5
  Bernard Hinault 1 2 2 5
  Michele Bartoli 1 2 2 5
  Paolo Bettini 1 2 2 5
  Gaston Rebry 1 3 4
  Alfons Schepers 1 3 4
  Louison Bobet 1 1 1 1 4
  Germain Derycke 1 1 1 1 4
  Felice Gimondi 1 1 2 4
  Walter Godefroot 2 1 1 4
  Hennie Kuiper 1 1 1 1 4
  Jan Raas 1 2 1 4
  Erik Zabel 4 4
  Octave Lapize 3 3
  Giovanni Brunero 1 2 3
  Romain Gijssels 2 1 3
  Achiel Buysse 3 3
  Fiorenzo Magni 3 3
  Jo de Roo 1 2 3
  Émile Daems 1 1 1 3
  Tom Simpson 1 1 1 3
  Eric Leman 3 3
  Peter Van Petegem 2 1 3
  Andrea Tafi 1 1 1 3
  Andreï Tchmil 1 1 1 3
  Óscar Freire 3 3
  Damiano Cunego 3 3
  Philippe Gilbert 1 2 3
  Alejandro Valverde 3 3
  • En letra grosa están as marcas en cada competición.