Paolo Bettini
Paolo Bettini, nado o 1 de abril de 1974 en Cecina (Livorno), alcumado Il Grillo (o grilo), é un ciclista italiano, profesional dende 1997 e especialista en espríns.
Traxectoria deportiva
editarPaolo Bettini comezou no ciclismo con 7 anos, colleitando todo tipo de vitorias en carreiras para nenos e rapaces. En 1996, clasifícase da cuarto nos mundiais para afeccionados e ao ano seguinte pasa a ser profesional co equipo MG-Technogym. Ao ano seguinte muda para o Asics-CGA, e ao outro ano para o Mapei, onde militará tres anos. É con este conxunto co que consegue a súa primeira vitoria como profesional, unha tirada do Tour de Romandía.
Medallas olímpicas | ||
Ouro | rota en estrada | Atenas 2004 |
En 2000 consegue a súa única vitoria no Tour de Francia e a súa primeira clásica, a Liexa-Bastogne-Liexa. Ao ano seguinte consegue o subcampionato do mundo en estrada, antes de trocar para o equipo belga do Quick-Step. Gañou tres veces consecutivas a Copa do Mundo de ciclismo (2002, 2003 e 2004), de xeito que é o único ciclista que conseguiu tal mérito. O 14 de agosto de 2004 gañou a medalla de ouro nos Xogos de Atenas na proba de ciclismo en estrada masculina.
En 2006 consegiu finalmente o título mundial de ciclismo en estrada, ademais do título italiano, que xa obtivera por primeira vez en 2003.
Palmarés
editar- Campión do mundo 2006
- Campión olímpico 2004
- Campión de Italia de ciclismo en rota en 2003 e 2006.
- 1 tirada do Tour de Francia (2000.
- Copa do Mundo de ciclismo (2002, 2003, 2004)
- Mellor ciclisma do mundo para a Unión Ciclista Internacional (2002, 2003, 2004)
- 2 tiradas do Giro de Italia (2005 e 2006)
- 2 tiradas da Vuelta a España (2006 e 2007)
- 2 Liexa-Bastogne-Liexa (2000 e 2002)
- 2 Volta a Lombardía (2005 e 2006)
- 1 Milán-San Remo (2003)
- 1 Tirreno-Adriático (2004) e 4 tiradas Tirreno-Adriático (1999, 2000, e dúas en 2004)
- 1 Clásica de San Sebastián (2003)
- 1 tirada no Tour de Romandía (1999)
- 1 HEW Cyclassics (2003)
- 1 tirada na Volta a Suíza, Gran Premio de Camaiore.
- 1 tirada na Volta a California.
Vida persoal
editarEstá casado e ten unha filla. Tiña un irmán chamado Sauro, tamén ciclista, que faleceu nun accidente de estrada o 3 de outubro de 2006.
Predecesor: Tom Boonen |
Campión do mundo de ciclismo proba en estrada 2006 en Salzburgo |
Sucesor: por disputar |