Xogos Olímpicos de 2000

Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.

Xogos Olímpicos de 2000
SedeSydney, Australia Australia
LemaThe games of the new millennium
Share the Spirit - Dare to dream
Nacións199
Atletas10 651 (6 582 homes, 4 069 mulleres)[1]
Eventos300 en 28 deportes (40 disciplinas)
Apertura15 de setembro de 2099
Clasura1 de outubro de 2000
Inaugurado porGobernador Xeral William Deane[2]
Lapa olímpicaCathy Freeman[2]
EstadioStadium Australia

Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.

Proceso de candidatura editar

Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Pequín (China), Berlín (Alemaña), Istambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era Pequín.

Xogos Olímpicos de 2000
101º Sesión do Comité Olímpico Internacional
23 de setembro de 1993, Monte Carlo, Mónaco
Cidade País Votación
  Sidney Australia 30 30 37 45
  Pequín China 32 37 40 43
  Manchester Reino Unido 11 13 11 -
  Berlín Alemaña 9 9 - -
  Istambul Turquía 7 - - -
 
Estadio Olímpico de Sidney cheo durante a competición de atletismo.

Cerimonia de Apertura editar

 
Disputa do balonmán durante os Xogos de Sidney 2000.

O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman, nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos. Esta mesma atleta gañaría despois a medalla de ouro nos 400 metros lisos.

As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.

Catro atletas de Timor Leste, recentemente independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).

Atletas destacados editar

Ian Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.

Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.

O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participación do país en 1952.

O sistema de selección de deportistas olímpicos en cada país tamén deu lugar a situacións rechamantes, como a de Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial. Tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos deportistas destacados da competición.

Modalidades disputadas editar

Nestes Xogos, o tríatlon e o taekwondo fixeron a súa estrea olímpica.

 
Participantes.

Cadro de medallas editar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Estados Unidos 40 24 33 97
2   Rusia 32 28 28 88
3   China 28 16 15 59
4   Australia 16 25 17 58
5   Alemaña 13 17 26 56
6   Francia 13 14 11 38
7   Italia 13 8 13 34
8   Países Baixos 12 9 4 25
9   Cuba 11 11 7 29
10   Reino Unido 11 10 7 28

Notas editar

  1. "The Olympic Summer Games Factsheet" (PDF). International Olympic Committee. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar