Unión Ciclista Internacional

A Unión Ciclista Internacional (UCI) é a asociación de federacións nacionais de ciclismo. Foi creada o 14 de abril de 1900 en París integrando inicialmente ás federacións de Francia, Bélxica, Italia, Suíza e Estados Unidos de América sendo o seu primeiro presidente o belga Emile de Beukelaer.

Unión Ciclista Internacional (UCI)
DeporteCiclismo
NomeUnion Cycliste Internationale
Fundación14 de abril de 1900
ÁmbitoMundial
SedeAigle, Suíza
Socios185
Presidente Brian Cookson
Na rede
http://www.uci.ch
Facebook: UCIcyclocross Twitter: UCI_cycling Instagram: uci_cycling Youtube: UCloqTh1nPpW13LCntQglS-Q Editar o valor em Wikidata

Actualmente a sede da UCI está en Aigle (Suíza) e o presidente en funcións é dende setembro do 2013 o británico Brian Cookson.

Historia editar

 
Sede da UCI en Aigle, Suíza.

A UCI foi fundada o 14 de abril de 1900 en París polas organizacións nacionais de ciclismo de Francia, Bélxica, Italia, Suíza e os Estados Unidos.

En 1965, presionados polo Comité Olímpico Internacional, a Unión Ciclista Internacional dividiuse en dúas federaciós coordinadas pola UCI: a "Federación Internacional de Ciclismo Afeccionado" (FICA) e a "Federación Internacional de Ciclismo Profesional" (FICP). A Federación de Afeccionados colocou a súa sede en Roma, a Federación Profesional en Luxemburgo e a UCI en Xenebra.

A Federación de afeccionados era a máis grande das dúas novas organizacións, xa que contaba con 127 membros diferentes de cinco continentes. Estaba dominada polos países de Europa do leste, que na súa maioría eran afeccionados. Ademais, as carreiras dos Xogos Olímpicos eran só para afeccionados. Estes ciclistas só se enfrontaban aos profesionais en raras ocasións.

En 1992, a UCI unificou a FIAC e a FICP, fusionándoas dentro dela. Toda a organización trasladou a sede a Lausana.

Funcións editar

A función principal que realiza a UCI é a de promover e favorecer o ciclismo como deporte en todos os seus hámbitos e apoiar ao colectivo de ciclistas que levan a cabo o deporte. Outras das funcións principais son:

  • Revisar e mellorar o regulamento no caso de que sexa necesario.
  • Levar a cabo un programa de formación ciclista.
  • Organizar probas e campionatos ciclistas para reforzar o deporte e a competición.
  • Revisar o calendario ciclista internacional para o correcto funcionamento e a viabilidade das probas en función dos requirimentos que se presentan ao longo da tempada.
  • Manter as relacións co Comité Olímpico Internacional para a colaboración na organización de todo o relacionado cos futuros eventos relativos ao ciclismo en cada unha das edicións dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.
  • Potenciar e fomentar a loita contra o dopaxe no ciclismo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar