Jacques Anquetil
Jacques Anquetil, nado en Mont-Saint-Aignan (Francia) o 8 de xaneiro de 1934 e finado en Ruán o 18 de novembro de 1987, foi un ciclista francés, o primeiro en acadar a vitoria en cinco ocasións no Tour de Francia.
Traxectoria
editarGañou os Tours de 1957, 1961, 1962, 1963, 1964 e foi segundo en 1959. Venceu en dúas ocasións no Giro de Italia nos anos 1960 e 1964, sendo segundo en 1959 e 1961 e terceiro en 1966 e 1967. Triunfou na Volta a España de 1963, na Volta a Cataluña de 1967, na Volta ao País Vasco de 1969, na Dauphine Libere de 1963 e 1965 e na París-Niza de 1957, 1961, 1963, 1965, 1966. Gañou 16 tiradas no Tour de Francia, 6 tiradas do Giro de Italia e 1 tirada na Volta a España. No Tour de 1963 foi líder dende a primeira etapa ata a derradeira.
Foi o primeiro ciclista en gañar as tres grandes voltas por etapas. Unha das súas marcas históricas son as nove vitorias no Gran Premio das Nacións. En 1956 bateu o récord da hora (46,159 km) que posuía dende había 14 anos Fausto Coppi.
Foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |