Volta ao País Vasco
A Volta ao País Vasco (en éuscaro, Euskal Herriko Itzulia) é unha carreira ciclista profesional por etapas disputada no País Vasco en primavera.
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1924 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | itzulia.eus |
Historia
editarFoi creada en 1924 baixo o nome de Gran Premio Excelsior, cesou entre os anos 1936 e 1968 debido á Guerra Civil Española. En 1969 recuperouse uníndose á organización da Bicicleta Eibarresa. O diario La Voz de España apoiou esta iniciativa e converteuse no principal patrocinador. Esta unión durou ata o ano 1973. Para non complicar o palmarés de ambas as probas, este anos adoitan considerarse pertencentes á Volta ao País Vasco. Dende o 2005 está inscrita no programa UCI ProTour e os seus sucesores, actualmente UCI WorldTour. No ano 2008 acordouse fusionar novamente a Euskal Bizikleta coa Volta ao País Vasco, para relanzar a primeira ata, como mínimo, o ano 2012.
Actualmente está organizada polo Diario Vasco.
No seu palmarés destacan as vitorias de numerosos vencedores do Tour de Francia, como Nicolas Frantz, Maurice Dewaele, Gino Bartali, Jacques Anquetil, Luis Ocaña, Stephen Roche e Alberto Contador, vencedores da Volta a España como Giovanni Battaglin, Sean Kelly, Toni Rominger, Alex Zülle, Laurent Jalabert e Denis Menchov e do Giro de Italia como Danilo di Luca e Nairo Quintana.
Palmarés
editarPalmares por países
editarPaís | Vitorias |
---|---|
España | 25 |
Italia | 7 |
Suíza | 5 |
Francia | 4 |
Irlanda | 4 |
Bélxica | 3 |
Alemaña | 2 |
Colombia | 1 |
Estados Unidos | 1 |
Lituania | 1 |
Luxemburgo | 1 |
Países Baixos | 1 |
Rusia | 1 |