Abrir o menú principal

Cadel Evans, nado o 14 de febreiro de 1977 en Katherine, é un ciclista australiano. Antes de pasarse ao ciclismo de estrada, competía na disciplina de mountain bike, onde obtivo grandes triunfos, incluíndo 2 Copas do Mundo na modalidade raíña de cross-country, nos anos 1998 e 1999. En 2001 deixou a montaña e pasouse á estrada. En 2007 Cadel Evans proclamouse campión na clasificación do UCI ProTour[1], e o 27 de setembro de 2009 acadou o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta disputado en Mendrisio, Suíza.

Cadel Evans
Cadel Evans - Criterium du Dauphiné 2012 - 1ere étape (cropped).jpg
Nacemento14 de febreiro de 1977
 Katherine
NacionalidadeAustralia
Ocupaciónciclista
PremiosMedalha Australiana dos Desportos
editar datos en Wikidata ]
Cadel Evans en 2011.

Resultados nas Grandes VoltasEditar

Ata 2011 as participacións mais salientables de Cadel Evans nas grandes voltas eran os 2 segundos postos acadados nas edicións 2007 e 2008 do Tour de Francia. No Tour de Francia 2011 Cadel Evans proclamouse gañador por vez primeira da carreira gala.

2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013
Giro de Italia 14º - - - - - - - - -
Tour de Francia - - - 30º 26º
Vuelta a España - Ab. 30º - - - - - -

-:non participa
Ab.: abandono

EquiposEditar

Fonte [1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar