Marco Pantani

ciclista italiano

Marco Pantani, nado en Cesenatico, o 13 de xaneiro de 1970 e finado en Rimini o 14 de febreiro de 2004, foi un ciclista italiano.

Infotaula de personaMarco Pantani

(1997) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1970 Editar o valor em Wikidata
Cesena, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 2004 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Rimini, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSobredose Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCesenatico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Altura172 cm Editar o valor em Wikidata
Peso57 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoEscalador Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1992-1996 Carrera (en) Traducir
1997-2003 Mercatone Uno Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
19991999 UCI Road World Rankings (en) Traducir (27º)
1998Q53844933 Traducir (4º)
1997Q53844932 Traducir (26º)
19951995 UCI Road World Rankings (en) Traducir (34º)
19941994 UCI Road World Rankings (en) Traducir (26º)
Tour de Francia Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpantani.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1150399 Discogs: 2123517 Find a Grave: 8394773 Editar o valor em Wikidata
Marco Pantani.

De 1,72 metros de altura e 57 quilos de peso, Pantani tiña o tipo clásico de escalador como demostrou no Tour do seu debut, en 1994, quedando terceiro na clasificación final e obtendo a vitoria no mítico cume de Alpe d'Huez. Xusto cando se adiviñaba o camiño cara ao éxito da súa carreira, Pantani sufriu unha terrible colisión cun automóbil no transcurso da Milán - Turín que lle provocou unha dobre fractura nunha perna ameazando co prematuro fin da súa carreira profesional.

Traxectoria editar

En 1997, recuperado da grave lesión, retornou á competición, pero durante o Giro sufriu unha caída ao cruzarse un gato negro no seu camiño que provocou a súa retirada da carreira. No Tour dese ano protagonizou unha intensa loita polo maillot amarelo; aínda que se mostrou imbatible na montaña, Jan Ullrich, moi superior nas etapas contra o reloxo, soubo limitar o tempo perdido nos Alpes e Pireneos logrando a vitoria final e relegando a Pantani ao terceiro posto.

O ano seguinte (1998) Pantani logrou por fin derrotar a Ullrich ao obter sobre el unha vantaxe de 7 minutos nunha única etapa de montaña. Aínda que Ullrich tratou de recuperar o tempo perdido nas etapas posteriores a remontada non foi posible e Pantani converteuse no primeiro italiano, desde Felice Gimondi en 1965, en vestir a camisola amarela en París. O seu logro foi notable xa que durante moitos anos o Tour estivera dominado por especialistas da contra o reloxo como Miguel Indurain, Jan Ullrich e Bjarne Riis, desde os tempos de Pedro Delgado ningún escalador obtivera a vitoria, e o seu éxito, en certo xeito, fixo rexurdir a lenda do especialista da montaña.

O mesmo ano proclamouse vencedor dun Xiro deseñado á súa medida con multitude de etapas de montaña. A vantaxe que obtivo nos cumes italianas, onde gañou 2 etapas, permitiulle superar finalmente a especialistas da contra o reloxo como Alex Zülle e Pavel Tonkov.

No Giro de 1999, tras vencer en catro etapas e sendo líder da carreira, foi descualificado ao observarse altos niveis de hematocrito no seu sangue, o que suxería un caso de dopaxe con EPO, aínda que este extremo non se puido probar de forma concluínte. No Tour do 2000 correu sen posibilidades de vitoria aínda que mostrou escintileos da súa calidade na montaña. Nun man a man no ascenso ao Mont Ventoux, conseguiu escapar xunto a Lance Armstrong, que resultaría vencedor final do Tour, ao alcanzar a meta Armstrong cedeulle a vitoria de etapa, con todo Pantani non agradeceu o xesto orixinando as malas relacións entre ambos, agravadas ao referirse Armstrong a Pantani como o Elefantino, un sobrenome que odiaba. Esta sería a penúltima vitoria de Pantani gañando esta vez en solitario outra etapa nese mesmo tour, que a partir de entón só se subiu á bicicleta en contadas ocasións.

A pesar do caso da acusación de dopaxe, a popularidade de Pantani non decaeu debido aos seus explosivos ataques que animaban a carreira tras anos de dominio de especialistas na contra o reloxo e restituían á montaña o protagonismo na carreira que tivo outrora.

Foi considerado por moitos o mellor escalador profesional da súa xeración, en boa parte debido ao seu triunfo no Tour de Francia e o Giro de Italia en 1998. A cinta que adoitaba levar na súa cabeza rapada e o seu estilo atacante na bicicleta valéronlle o sobrenome de 'Il Pirata'. Con todo, a partir de 1999, a súa carreira viuse truncada por acusacións de dopaxe, que el sempre rexeitou.

Morte editar

O 14 de febreiro de 2004 foi atopado morto Pantani no cuarto dun hotel na localidade costeira italiana Rimini, onde chegara uns días antes. A sospeita de que se suicidara, despois de que se atoparon no cuarto medicamentos antidepresivos (deles algunhas caixas baleiras e outra abertas) foi descartada polo fiscal investigador, con todo, non foi completamente rebatida. Marco Pantani atravesaba por unha crise depresiva orixinada principalmente por problemas de dopaxe na súa carreira ciclista truncada.

A autopsia deu por causa de morte un paro do corazón como resultado dun edema pulmonar e cerebral. O 19 de marzo de 2004 o informe ofical da autopsia a Pantani estableceu, que este morreu por unha sobredose de cocaína. A súa adicción á cocaína remontábase ao outono de 1999 e era coñecida no círculo de amigos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar