Michał Kwiatkowski

ciclista polaco


Michał Kwiatkowski

Información persoal
Nacemento Michał Kwiatkowski
2 de xuño de 1990 (33 anos)
Dzialyn, Polonia
Outros nome(s) Kwiato
Nacionalidade Polonia Polonia
Profesión Ciclista
Disciplina Estrada
Twitter: @michalkwiatek
Equipo
Último equipo Team Sky
Perfil de corredorClasicómano e corredor contra o reloxo
Equipo(s) Pro
2010
2011
2012-2015
2016-
Caja Rural
RadioShack
Omega Pharma/Etixx
Team Sky
Principais vitorias
Campionato Mundial en Ruta (2014)
E3 Harelbeke (2016)
Amstel Gold Race (2015)
Campionato de Polonia en Ruta (2013)
Campionato de Polonia Contra o reloxo (2014)

Michał Kwiatkowski, nado en Dzialyn o 2 de xuño de 1990, é un ciclista profesional polonés. Actualmente corre para o equipo ProTeam Sky.

Traxectoria editar

En 2010 deu o paso ao profesionalismo ao debutar co equipo español Caja Rural. En 2011 fichou polo equipo Team RadioShack e, tras a fusión deste co Leopard-Trek, pasa ao Omega Pharma-QuickStep. O ano 2013 supuxo a súa explosión como ciclista no pelotón internacional, ano no que recibiu o alcume de Tigre do Báltico.

2014: explosión e campionato mundial editar

Comeza a tempada 2014 vencendo nun dos catro trofeos da Challenge Ciclista a Mallorca. Despois consegue a Volta ao Algarve, por diante de corredores como Alberto Contador e Rui Costa, así como dúas etapas, a primeira nun ataque a falta de seis quilómetros de meta, e a segunda nunha exhibición contra o reloxo onde lograría quedar por diante de Adriano Malori e do seu compañeiro de equipo e gran especialista, Tony Martin.[1][2]

A continuación obtería a súa primeira vitoria en Italia ao derrotar ao eslovaco Peter Sagan na Strade Bianche, con quen escapou do pelotón a falta de 20 quilómetros. Na última pendente e a falta de 400 metros a meta Kwiatkowski atacou a Sagan e chegou á meta en solitario,con 19 segundos de renda sobre o seu compañeiro de escapada. Na Volta ao País Vasco rematou segundo na clasificación xeral por detrás de Alberto Contador. Nas Clásicas das Ardenas foi terceiro, tanto na Lieja-Bastoña-Lieja como na Frecha Valoa. Tamén acadaría o quinto lugar na Amstel Gold Race.[3][4]

En xuño proclamouse campión de Polonia contra o reloxo, estreando o maillot que o acreditaba como tal nun dos seus principais obxectivos: o Tour de Francia. Nesta carreira o seu obxectivo era rematar entre os dez primeiros da clasificación xeral, mais non o lograría, quedando vixésimo oitavo e coa sensación de que as carreiras de tres semanas non eran o seu forte.

Ao final da tempada 2014 gañou o Campionato do Mundo en Ruta en Ponferrada (España), logrando así o maillot arco-iris con tan só 24 anos. Obtívoo tras un ataque nos quilómetros finais e cun gran ritmo na última subida, o que lle permitiu aínda maiores diferenzas. Desta maneira chegaba á meta a tan só un segundo dun grupo perseguidor formado por Simon Gerrans e Alejandro Valverde, segundo e terceiro respectivamente, entre outros e a sete segundos do pelotón. Isto supuxo un fito para o seu país, converténdose no primeiro polaco en gañar un campionato do mundo en ruta elite.[5]

2015 editar

En abril consegue a Amstel Gold Race despois de ser quinto en 2014 e cuarto en 2013, gañando nun sprint ao español Alejandro Valverde e ao australiano Michael Matthews. Desta maneira é o primeiro polaco en gañar esta carreira e, ademais, vestido de arco da vella.[6]

No mes de setembro o equipo británico Team Sky anuncia a fichaxe de Kwiatkowski para o 2016[7].

Palmarés editar

2009

  • 1 etapa do Tour de Eslovaquia

2012

  • 1 etapa dos Tres Días de Flandres Occidental
  • 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo    

2013

  • 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo    
  • Campionato de Polonia en Ruta    

2014

  • 1 trofeo da Challenge Ciclista a Mallorca (Trofeo Serra de Tramuntana)
  • Volta ao Algarve, máis 2 etapas
  • Strade Bianche
  • 1 etapa do Tour de Romandía
  • Campionato de Polonia Contra o reloxo    
  • 1 etapa da Volta a Gran Bretaña
  • Campionato Mundial en Ruta    

2015

  • 1 etapa da París-Niza
  • Amstel Gold Race

2016

  • E3 Harelbeke

Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo editar

Durante a súa carreira deportiva acadou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos campionatos do mundo:

Carreira 2010 2011 2012 2013 2014 2015
Giro de Italia - - 51º - - -
Tour de Francia - - - 11º 28º Ab.
Vuelta a España - - - - - -
Mundial en Ruta  - 11º - Ab.

-: non participa
Ab.: abandono

Equipos editar

  • Caixa Rural (2010)
  • Team RadioShack (2011)
  • Omega Pharma/Etixx (2012)
    • Omega Pharma-QuickStep (2012-2014)
    • Etixx-Quick Step (2015)
  • Team Sky (2016-)

Notas editar