Tour de Francia 2015

2014 << Tour de Francia 2015 >> 2016
TDF2015.jpg
Clasificacións 21 etapas, 3360 km
Jersey yellow.svg - Xeral Flag of the United Kingdom.svg Chris Froome
Jersey green.svg - Puntos Eslovaquia Peter Sagan
Jersey polkadot.svg - Montaña Flag of the United Kingdom.svg Chris Froome
Jersey white.svg - Xóvenes Flag of Colombia.svg Nairo Quintana

O Tour de Francia 2015 foi a 102ª eddición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto. O comezo da rolda gala celebrouse en Utrecht, Países Baixos e finalizou, coma se vén facendo estes últimos 40 anos, na Avenida dos Campos Elisios de París. Unha das novidades desta edición do Tour foi que se recuperaron as bonificacións para todas as etapas en liña (dende o Tour do 2007 non as había), premiando aos tres primeiros de cada etapa con 10, 8 e 6 segundos menos respectivamente.

O gañador final do maillot jaune foi o británico Chris Froome, na segunda posición rematou o colombiano Nairo Quintana e no terceiro lugar quedou o español Alejandro Valverde.

O maillot vert (verde) levouno o sprinter eslovaco Peter Sagan que dominou esta clasificación durante bastante tempo malia non gañar ningunha etapa. O maillot à pois rouges (a puntos vermellos) gañouno o campión, Chris Froome. Na clasificación do maillot blanc (branco) reinou o segundo da clasificación xeral, Nairo Quintana. A clasificación por equipos foi para o equipo navarro do Movistar Team e o premio supercombativo para o xove francés Romain Bardet.

O sprinter alemán André Greipel tamén foi un dos homes importantes da carreira, xa que venceu en catro etapas (unha delas a de París) e vestiu o maillot verde durante varios días.

Equipos participantesEditar

Na competición participaron 22 equipos diferentes, 17 da categoría UCI World Tour e 5 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Bretagne-Séché Environnement, Team Europcar e MTN Qhubeka). En total tomaron a saída 198 ciclistas de 22 equipos (9 participantes por equipo). A participación do MTN Qhubeka no Tour, foi histórica porque este conxunto foi o primeiro equipo africano de toda a historia en tomar a saída da volta francesa.

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
  Astana Pro Team AST UCI World Tour   Vincenzo Nibali
  Ag2r-La Mondiale ALM UCI World Tour   Jean-Christophe Péraud e   Romain Bardet
  FDJ FDJ UCI World Tour   Thibaut Pinot
  Team Sky SKY UCI World Tour   Chris Froome
  Tinkoff-Saxo TCS UCI World Tour   Alberto Contador
  Movistar Team MOV UCI World Tour   Nairo Quintana e   Alejandro Valverde
  BMC Racing Team BMC UCI World Tour   Tejay van Garderen
  Lotto-Soudal LTS UCI World Tour   Tony Gallopin
  Team Giant Alpecin TGA UCI World Tour   John Degenkolb e   Warren Barguil
  Team Katusha KAT UCI World Tour   Joaquim Rodríguez e   Alexander Kristoff
  Orica GreenEDGE OGE UCI World Tour   Simon Gerrans
  Etixx-Quick Step EQS UCI World Tour   Michał Kwiatkowski
  Team Europcar EUC Prof.Continental   Pierre Rolland
  Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI World Tour   Robert Gesink
  Trek Factory Racing TFR UCI World Tour   Bauke Mollema
  Lampre Merida LAM UCI World Tour   Rui Alberto Costa
  Team Cannondale-Garmin TCG UCI World Tour   Andrew Talansky
  Cofidis, Solutions Crédits COF Prof.Continental   Nacer Bouhanni
  IAM Cycling IAM UCI World Tour   Mathias Frank
  Bora-Argon 18 BOA Prof.Continental   Dominik Nerz
  Bretagne-Séché Environnement BSE Prof.Continental   Eduardo Sepúlveda
  MTN-Qhubeka MTN Prof.Continental   Edvald Boasson Hagen

EtapasEditar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 4 de xullo   Utrecht-  Utrecht   13,8 (CRI)   Rohan Dennis   Rohan Dennis
2.ª 5 de xullo   Utrecht-  Neeltje-Jans 166   André Greipel   Fabian Cancellara
3.ª 6 de xullo   Antuerpen-  Huy   159,5   Joaquim Rodríguez   Chris Froome
4.ª 7 de xullo   Seraing-Cambrai 223,5   Tony Martin   Tony Martin
5.ª 8 de xullo Arrás-Amiens 189,5   André Greipel   Tony Martin
6.ª 9 de xullo Abbeville-Le Havre 191,5   Zdeněk Štybar   Tony Martin
7.ª 10 de xullo Livarot-Fougères 190,5   Mark Cavendish   Chris Froome
8.ª 11 de xullo Rennes-Mûr-de-Bretagne   181,5   Alexis Vuillermoz   Chris Froome
9.ª 12 de xullo Vannes-Plumelec   28 (CRE)   BMC Racing Team   Chris Froome
10.ª 14 de xullo Tarbes-La Pierre-Saint-Martin   167   Chris Froome   Chris Froome
11.ª 15 de xullo Pau-Cauterets   188   Rafal Majka   Chris Froome
12.ª 16 de xullo Lannemezan-Plateau de Beille   195   Joaquim Rodríguez   Chris Froome
13.ª 17 de xullo Muret-Rodez   198,5   Greg Van Avermaet   Chris Froome
14.ª 18 de xullo Rodez-Mende   178,5   Stephen Cummings   Chris Froome
15.ª 19 de xullo Mende-Valence 183   André Greipel   Chris Froome
16.ª 20 de xullo Bourg-de-Péage-Gap 201   Rubén Plaza   Chris Froome
17.ª 22 de xullo Digne-les-Bains-Pra-Loup   161   Simon Geschke   Chris Froome
18.ª 23 de xullo Gap-Saint-Jean-de-Maurienne   186,5   Romain Bardet   Chris Froome
19.ª 24 de xullo Saint-Jean-de-Maurienne-La Toussuire (Les Sybelles)   138   Vincenzo Nibali   Chris Froome
20.ª 25 de xullo Modane-Alpe d'Huez   110,5   Thibaut Pinot   Chris Froome
21.ª 26 de xullo Sèvres-París 109,5   André Greipel   Chris Froome
Total 3.496   Chris Froome

Clasificación xeralEditar

A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Chris Froome Team Sky 84h 46' 14"
2   Nairo Quintana Movistar Team + 1' 12"
3   Alejandro Valverde Movistar Team + 5' 25"
4   Vincenzo Nibali Astana Pro Team + 8' 36"
5   Alberto Contador Tinkoff-Saxo + 9' 48"
6   Robert Gesink Team Lotto NL-Jumbo + 10' 47"
7   Bauke Mollema Trek Factory Racing + 15' 14"
8   Mathias Frank IAM Cycling + 15' 39"
9   Romain Bardet Ag2r La Mondiale + 16' 00"
10   Pierre Rolland Team Europcar + 17' 30"
11   Andrew Talansky Cannondale-Garmin + 22' 06"
12   Samuel Sánchez BMC Racing Team + 22' 50"
13   Serge Pauwels MTN-Qhubeka + 31' 03"
14   Warren Barguil Giant-Alpecin + 31' 15"
15   Geraint Thomas Team Sky + 31' 39"
16   Thibaut Pinot FDJ + 38' 52"
17   Roman Kreuziger Tinkoff-Saxo + 1h 02' 59"
18   Mikael Cherel Ag2r La Mondiale + 1h 05' 00"
19   Jarlinson Pantano IAM Cycling + 1h 09' 08"
20   Jan Bakelants Ag2r La Mondiale + 1h 16' 36"

Outras clasificaciónsEditar

Clasificación por puntosEditar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Peter Sagan Tinkoff-Saxo 432
2   André Greipel Lotto-Soudal 366
3   John Degenkolb Giant-Alpecin 298
4   Mark Cavendish Etixx-Quick Step 206
5   Bryan Coquard Europcar 152

Clasificación da montañaEditar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Chris Froome Sky 119
2   Nairo Quintana Movistar 108
3   Romain Bardet Ag2r La Mondiale 90
4   Thibaut Pinot FDJ 82
5   Joaquim Rodríguez Katusha 78

Clasificación dos xovesEditar

Pos. Ciclista Equipo Tempo
    Nairo Quintana Movistar 84h
47' 26"
2   Romain Bardet Ag2r La Mondiale 14' 48"
3   Warren Barguil Giant-Alpecin 30' 03"
4   Thibaut Pinot FDJ 37' 40"
5   Bob Jungels Katusha 1h
32' 09"

Clasificación por equiposEditar

Pos. Equipo Tempo
    Movistar Team 255h
24' 24"
2   Team Sky 57' 23"
3   Tinkoff-Saxo 1h
00' 12"
4   Astana Pro Team 1h
12' 09"
5   MTN-Qhubeka 1h
14' 32"

Premio da combatividadeEditar

Posición Ciclista Equipo
    Romain Bardet Ag2r-La Mondiale

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar