Tour de Francia 2013
O Tour de Francia 2013 foi a 100ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 29 de xuño na cidade corsa de Porto-Vecchio e rematou o 21 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 22, 19 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 3 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).
A carreira presentou as ausencias salientables do vixente gañador Bradley Wiggins, e Vincenzo Nibali que viña de gañar no Giro de Italia. Ningún ciclista galego participou nesta edición.
Entre os principais favoritos estaban Alberto Contador e Cadel Evans, gañadores de edicións anteriores, e Chris Froome segundo na anterior edición. Tamén participaban importantes corredores como Andy Schleck, Alejandro Valverde e Joaquim Rodríguez. O británico Chris Froome acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando na montaña e na contra o reloxo. Segundo foi Nairo Quintana e terceiro Joaquim Rodríguez.
Etapas
editarClasificación xeral
editarA seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2013:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Chris Froome | Sky Procycling | 83h 56' 40" | |
2 | Nairo Quintana | Movistar Team | + 4' 20" |
3 | Joaquim Rodríguez | Katusha | + 5' 04" |
4 | Alberto Contador | Team Saxo-Tinkoff | + 6' 27" |
5 | Roman Kreuziger | Team Saxo-Tinkoff | + 7' 27" |
6 | Bauke Mollema | Belkin Pro Cycling Team | + 11' 42" |
7 | Jakob Fuglsang | Astana Pro Team | + 12' 17" |
8 | Alejandro Valverde | Movistar Team | + 15' 26" |
9 | Dani Navarro | Cofidis | + 15' 52" |
10 | Andrew Talansky | Garmin Sharp | + 17' 39" |