Contra o reloxo
As contra o reloxo[1] constitúen a terceira gran familia de carreiras de ciclismo na estrada (as outras son as Clásicas e as carreiras por etapas).
Características
editarDende mediados dos anos 1990, hai tamén un Campionato do Mundo destinado a corredores nesta especialidade. Nas probas por etapas sempre adoita haber unha ou varias probas contra o reloxo, dependendo polo xeral da súa duración.
A diferenza do que ocorre nas carreiras en liña, Clásicas ou por etapas, as probas contra o reloxo dispútanse en solitario ou equipos, con saídas separadas de minuto en minuto nas distancias máis curtas (menos de 30 quilómetros), ou de dous en dous, e mesmo de tres en tres minutos para distancias superiores.
Notas
editar- ↑ Contra o reloxo: Proba ciclista que se realiza saíndo os participantes un a un e cun intervalo, en vez de saíren todos a un tempo Arquivado 28 de decembro de 2014 en Wayback Machine. Exemplo: Recuperou o liderado na proba contra o reloxo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Cycling Time Trials (en inglés).