Albi
Albi é unha comuna francesa capital do departamento de Tarn e da rexión Mediodía-Pireneos, situada a carón do río Tarn. Actualmente ten 48.916 habitantes (2010). Os albixenses tomaron o seu nome da cidade.
Cidade episcopal de Albi | |
---|---|
![]() Catedral de Santa Cecilia e o Palacio Berbiee | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 43°55′41″N 2°08′45″L / 43.92806, -2.14583 |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV, V |
Inscrición | 2010 (34ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1337 |
A cidade foi fundada polos romanos, e foi coñecida como Albiga. Entre os monumentos da cidade está a basílica gótica de Sainte Cécile (1282-1480), a construción en ladrillo máis grande do mundo, e a Ponte Vella, aínda en uso despois de mil anos de existencia.
O pintor Henri de Toulouse-Lautrec naceu en Albi.
AdministraciónEditar
A súa alcaldesa (2014) é Stéphanie Guiraud-Chaumeil, dunha coalición de partidos de centro-dereita[1].
NotasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Albi |