Abrir o menú principal

Tour de Francia 2014

2013 << Tour de Francia 2014 >> 2015
Route of the 2014 Tour de France.png
Clasificacións 21 etapas, 3663 km
Jersey yellow.svg - Xeral Italia Vincenzo Nibali
Jersey green.svg - Puntos Eslovaquia Peter Sagan
Jersey polkadot.svg - Montaña Polonia Rafal Majka
Jersey white.svg - Xóvenes Francia Thibaut Pinot

O Tour de Francia 2014 foi a 101ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo na cidade inglesa de Leeds e rematou o 27 de xullo en París. Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables de Nairo Quintana que viña de gañar o Giro de Italia, e Bradley Wiggins que estaba a preparar a Vuelta a España. Ningún ciclista galego participou nesta edición. Os principais favoritos eran Chris Froome e Alberto Contador, que viñan de gañar a meirande parte das carreiras anteriores nas que competiran. Tamén salientables eran as presenzas de Vincenzo Nibali e Alejandro Valverde na carreira, así como as de Joaquim Rodríguez e Andy Schleck que non chegaban cunha boa preparación. Non obstante, as caídas dos dous grandes favoritos (Froome e Contador) na primeira semana de carreira supuxo o seu abandono e que a disputa pola clasificación xeral quedase en mans doutros corredores.

A vitoria final foi para o italiano Vincenzo Nibali que aproveitou a súa ocasión dominando a clasificación xeral con moita vantaxe, gañando 4 etapas, e vestindo o Maillot jaune (amarelo) en 18 das 21 etapas do Tour. Esta vitoria supuxo que Nibali entrase nun pequeno grupo de corredores que ó longo da historia gañaron a tres grandes voltas (Giro de Italia, Tour de Francia e Vuelta a España), composto por Jacques Anquetil, Felice Gimondi, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Alberto Contador. O resto das clasificacións foron gañadas por:

  • Maillot vert (verde) da clasificación por puntos: Foi para o eslovaco Peter Sagan, que dominou esta clasificación durante toda a carreira malia non gañar ningunha etapa.
  • Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) da clasificación da montaña: Foi para o polaco Rafal Majka, seguido de preto polo líder da clasificación xeral Vincenzo Nibali, que chegou a liderar esta clasificación nunha das etapas dos Pireneos.
  • Maillot blanc (branco) da clasificación dos xóvenes: Foi para o francés Thibaut Pinot, terceiro da clasificación xeral, despois de que o tamén francés Romain Bardet o levase posto durante a primeira metade da carreira.
  • Clasificación por equipos: Venceu o equipo francés AG2R La Mondiale.
  • Premio da combatividade: Foi para Alessandro de Marchi pola súa frecuente presenza en escapadas.

O alemán Marcel Kittel tamén tivo unha actuación moi salientable acadando catro triunfos parciais en chegadas ao sprint, unha delas en París, e sendo o primeiro líder da carreira.

EtapasEditar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 5 de xullo   Leeds-  Harrogate 191   Marcel Kittel   Marcel Kittel
2.ª 6 de xullo   York-  Sheffield   201   Vincenzo Nibali   Vincenzo Nibali
3.ª 7 de xullo   Cambridge-  Londres 155   Marcel Kittel   Vincenzo Nibali
4.ª 8 de xullo Le Touquet-Paris-Plage-Villeneuve-d'Ascq 164   Marcel Kittel   Vincenzo Nibali
5.ª 9 de xullo   Ypres-Arenberg Porte du Hainaut 152,5   Lars Boom   Vincenzo Nibali
6.ª 10 de xullo Arrás-Reims 194   André Greipel   Vincenzo Nibali
7.ª 11 de xullo Épernay-Nancy 233   Matteo Trentin   Vincenzo Nibali
8.ª 12 de xullo Tomblaine-Gérardmer La Mauselaine   161   Blel Kadri   Vincenzo Nibali
9.ª 13 de xullo Gérardmer-Mulhouse   166   Tony Martin   Tony Gallopin
10.ª 14 de xullo Mulhouse-Planche des Belles Filles   161   Vincenzo Nibali   Vincenzo Nibali
11.ª 16 de xullo Besanzón-Oyonnax   186   Tony Gallopin   Vincenzo Nibali
12.ª 17 de xullo Bourg-en-Bresse-Saint-Étienne 183   Alexander Kristoff   Vincenzo Nibali
13.ª 18 de xullo Saint-Étienne-Chamrousse   200   Vincenzo Nibali   Vincenzo Nibali
14.ª 19 de xullo Grenoble-Risoul   177   Rafal Majka   Vincenzo Nibali
15.ª 20 de xullo Tallard-Nimes 222   Alexander Kristoff   Vincenzo Nibali
16.ª 22 de xullo Carcasona-Bagnères-de-Luchon   237   Michael Rogers   Vincenzo Nibali
17.ª 23 de xullo Saint-Gaudens-Saint-Lary-Soulan   125   Rafal Majka   Vincenzo Nibali
18.ª 24 de xullo Pau-Hautacam   145   Vincenzo Nibali   Vincenzo Nibali
19.ª 25 de xullo Maubourguet Pays du Val d’Adour-Bergerac 208   Ramunas Navardauskas   Vincenzo Nibali
20.ª 26 de xullo Bergerac-Périgueux   54 (CRI)   Tony Martin   Vincenzo Nibali
21.ª 27 de xullo Évry-París 136   Marcel Kittel   Vincenzo Nibali
Total 3.663   Vincenzo Nibali

Clasificación xeralEditar

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral trala última etapa do Tour 2014:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Vincenzo Nibali Astana Pro Team 89h 59' 06"
2.º   Jean-Christophe Péraud Ag2r La Mondiale + 07' 37"
3.º   Thibaut Pinot FDJ.fr + 08' 15"
4.º   Alejandro Valverde Movistar Team + 09' 40"
5.º   Tejay van Garderen BMC Racing Team + 11' 24"
6.º   Romain Bardet Ag2r La Mondiale + 11' 26"
7.º   Leopold Konig Team NetApp-Endura + 14' 32"
8.º   Haimar Zubeldia Trek Factory Racing + 17' 57"
9.º   Laurens ten Dam Belkin-Pro Cycling + 18' 11"
10.º   Bauke Mollema Belkin-Pro Cycling + 21' 15"

Véxase taménEditar