Grandes Voltas

as carreiras ciclistas Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España

As Grandes Voltas, en ciclismo, é o nome que reciben as tres carreiras por etapas máis importantes: Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España.

O pelotón do Tour de Francia en 2005

Características comúns

editar

Duración e organización

editar
 
Thor Hushovd gañando o prólogo do Tour 2006

As tres Grandes Voltas teñen en común a súa duración. Todas elas comezan un sábado e rematan un domingo; e teñen polo xeral 21 tiradas (tendo en conta a existencia de dous días de descanso, no Tour de Francia e na Vuelta a España os dous últimos luns).

É común que as Grandes Voltas comecen cunha contra o reloxo prólogo, aínda que isto non se fai tódolos anos; adoita haber dúas contra o reloxo chás (que no Tour teñen lugar sempre en sábado) e, ás veces, algunha contra o reloxo de montaña (cronoescalada). A última etapa é case sempre chá, e remata nas cidades de Milán, París ou Madrid.

As etapas de montaña son, xunto coas contra o reloxo, as máis importantes para os ciclistas que aspiran a gañar as Grandes Voltas. No Giro, sitúanse nos Alpes e nos Apeninos; no Tour, nos Alpes e Pireneos; na Vuelta, na Cordilleira Cantábrica, os Pireneos e Serra Nevada.

Desenvolvemento das tiradas

editar

As tiradas das Grandes Voltas aseméllanse ás habituais no ciclismo en estrada, pero teñen certas peculiaridades derivadas da súa lonxitude.

Poden distinguirse catro tipos de tiradas:

Tiradas chás

editar

Son aquelas que case non teñen dificultades montañosas. Adoitan situarse ó principio das Grandes Voltas, aínda que, como xa se dixo antes, a última o é tamén.

Nestas tiradas, o máis habitual é que un ou varios ciclistas se separen do pelotón ó principio para intentar unha vitoria en solitario. Porén, é frecuente que o pelotón avance e reabsorba estes ciclistas escapados, producíndose así ó final un desenlace ó sprint.

Tiradas de alta montaña

editar
 
Unha tirada de montaña no Giro

Son aquelas nas que hai grandes dificultades montañosas (portos de montaña de primeira categoría ou categoría especial). En moitas destas tiradas, o final lévase a cabo no cume dunha montaña (final en alto); noutras, ten lugar despois de subilas e baixalas.

Nestas tiradas adoita producirse unha escapada semellante ás das etapas chás ó principio. Nestes casos, é moito máis habitual que os ciclistas escapados disputen entre eles a vitoria da tirada; porén, ás veces, son reabsorbidos polo pelotón.

Estas tiradas, en especial as de final en alto, son moi importantes para a clasificación xeral das carreiras (é dicir, para decidir o gañador da Volta Grande). Tamén, evidentemente, son fundamentais na clasificación da montaña.

Tiradas de media montaña

editar

Son as tiradas nas que hai unha serie de dificultades montañosas, polo xeral portos de entre primeira e terceira categoría, que adoitan ter un final chan.

Nestas tiradas máis que en ningunha outra, as escapadas adoitan chegar á meta con bastante vantaxe respecto do pelotón.

Un exemplo sería o Macizo Central do Tour de Francia.

Contra o reloxo

editar

Son aquelas nas que os ciclistas non corren xuntos, senón que cada un o fai por separado. Ó final, compútanse os tempos que lle levou a cada un facer o percorrido. Polo xeral, estas contra o reloxo teñen unha lonxitude próxima ós 30-50 quilómetros.

Nestas tiradas, ademais das de montaña, é onde se decide a clasificación xeral da carreira. Polo xeral, os gañadores das contra o reloxo son os homes máis fortes da carreira e os que ocupan os primeiros postos.

Existen contra o reloxo especiais:

  • Prólogos. Son as contra o reloxo curtas, duns 10 quilómetros, que se disputan o primeiro día de cada Volta Grande. Serven para fixar a clasificación xeral de cara á primeira semana de carreira. Moitos anos non se celebran.
  • Cronoescaladas. Son aquelas contra o reloxo nas que, no canto de percorrerse un tramo chan, se sobe unha montaña, polo xeral unha de primeira categoría ou categoría especial. Non son moi frecuentes porque adoitan supor grandes cambios na clasificación da carreira.

As clasificacións e as camisolas

editar
 
A maglia rosa do Giro

Nas Grandes Voltas, hai varias clasificacións:

  • A clasificación xeral. Consiste na suma dos tempos que os ciclistas tardaron en levar a cabo o percorrido das tiradas. O gañador desta clasificación é, polo tanto, o gañador da Volta. O líder da clasificación xeral recibe unha camisola especial: maglia rosa no Giro, maillot amarelo no Tour; jersey oro na Vuelta.
  • A clasificación dos puntos. En tódalas tiradas, agás nas contra o reloxo, hai sprints intermedios. Estes consisten en pequenas metas situadas a metade de carreira (polo xeral hai dous por tirada) nas que se proporcionan puntos ós primeiros que as cruzan. Ademais, tamén se engaden puntos ós primeiros que chegan á liña de meta. O corredor que acumula maior cantidade destes puntos recibe unha camisola especial: maglia ciclamino (malva) no Giro; maillot vert no Tour; jersey de puntos na Vuelta.
  • Nas Grandes Voltas tamén se lles proporcionan puntos ós corredores que pasan en primeiro lugar os cumes das montañas. O ciclista que é líder na clasificación da montaña recibe unha camisola concreta: maglia verde no Giro; maillot à pois rouges (de puntos vermellos) no Tour; jersey malva na Vuelta.
  • No Tour de Francia hai unha camisola especial para o novo (de menos de vinte e cinco anos) mellor situado na clasificación xeral: maillot blanc (branco).
  • Na Vuelta a España hai tamén un jersey azul para a clasificación combinada.
  • No Giro hai unha maglia azzurra para o ciclista con máis puntos na clasificación dos sprints intermedios (é dicir, igual que a clasificación por puntos pero excluíndo os das metas).

Características particulares

editar
 
O Stelvio, un porto do Giro d'Italia

As tres Grandes Voltas teñen bastantes diferenzas entre elas. Polo xeral, considérase que:

  • O Tour de Francia é a carreira máis prestixiosa e, polo tanto, a máis difícil de gañar. A súa media de velocidade é sempre a máis alta, e a lonxitude das súas tiradas é moi superior á das do Giro ou a Volta.
  • O Giro de Italia é especialmente coñecido pola dificultade das súas etapas de montaña. Crese, polo xeral, que é unha Volta máis destinada ós escaladores (ciclistas que soben ben nas montañas) que as outras dúas.
  • A Vuelta a España é unha carreira tamén moi centrada nas montañas, aínda que non tanto coma o Giro; a súa dificultade é moito menor ca do Tour.

Ademais, as tres carreiras distínguense en moitas das normas. O sistema de puntuación nas clasificación secundarias como a clasificación da montaña e da regularidade son distintas.

Estatísticas

editar

Marcas de corredores

editar

Tan só 6 ciclistas na historia gañaron as 3 grandes voltas durante a súa carreira, aínda que ningún gañou as 3 nun mesmo ano.

Bernard Hinault e Alberto Contador son os únicos que lograron repetir a vitoria nas tres carreiras.

Gimondi, Merckx e Hinault, ademais, lograron tamén gañar o Campionato do Mundo de ciclismo.

Podios nas tres grandes Voltas

editar

Catorce ciclistas lograron acadar o podio nas tres grandes voltas

Ciclista Tour Giro Volta Total
  Jacques Anquetil 6 6 1 13
  Eddy Merckx 6 5 1 12
  Felice Gimondi 2 9 1 12
  Bernard Hinault 7 3 2 12
  Miguel Indurain 5 3 1 9
  Vincenzo Nibali 3 3 2 8
  Alejandro Valverde 1 1 6 8
  Carlos Sastre 3 1 3 7
  Alberto Contador 2 2 3 7
  Laurent Fignon 3 2 1 6
  Tony Rominger 1 1 4 6
  Cadel Evans 3 1 1 5
  Nairo Quintana 3 1 1 5
  Denis Menchov 1 1 2 4
  José Manuel Fuente 1 1 2 4
  Joaquim Rodríguez 1 1 2 4
  Herman Van Springel 1 1 1 3

Gañadores de dúas Grandes Voltas no mesmo ano

editar

Nove corredores foron capaces de gañar dúas grandes voltas no mesmo ano.

Tour e Giro:

  • Fausto Coppi  : 1949 e 1952.
  • Jacques Anquetil  : 1964.
  • Eddy Merckx  : 1970, 1972, 1974.
  • Bernard Hinault  : 1982, 1985.
  • Stephen Roche  : 1987.
  • Miguel Indurain  : 1992, 1993.
  • Marco Pantani  : 1998.

Tour e Vuelta:

  • Jacques Anquetil  : 1963.
  • Bernard Hinault  : 1978

Giro e Vuelta:

  • Eddy Merckx  : 1973.
  • Giovani Battaglin  : 1981.
  • Alberto Contador  : 2008.

Gañadores de etapa nas tres Grandes Voltas

editar

O primeiro ciclista que logrou vitorias nas tres Grandes Voltas foi o italiano Fiorenzo Magni que o logrou en 1955, tras acadar a súa primeira vitoria de etapa na Vuelta Ciclista a España. Anteriormente xa o conseguira no Giro de Italia en 1948, e no Tour de Francia en 1949.

Tras Fiorenzo Magni, moitos corredores o conseguiro, pero só tres ciclistas conseguiron vencer etapas das tres Grandes Voltas no mesmo ano:

  •   Miguel Poblet en 1956, 3 etapas da Vuelta s España, 4 etapas do Giro de Italia e 1 etapa do Tour de Francia.
  •   Pierino Baffi en 1958, 2 etapas da Vuelta a España, 1 etapa do Giro de Italia e 3 etapas do Tour de Francia.
  •   Alessandro Petacchi en 2003, 6 etapas do Giro de Italia, 4 etapas do Tour de Francia e 5 etapas da Vuelta a España.

Gañadores das tres clasificacións nunha Gran Volta

editar

Só tres ciclistas lograron vencer o mesmo ano a clasificación xeral, a da regularidade e a da montaña dunha Gran Volta:

  •   Eddy Merckx, no Giro de Italia 1968 e no Tour de Francia 1969.
  •   Tony Rominger, na Vuelta a España 1993.
  •   Laurent Jalabert, na Vuelta a España 1995.

Máximos gañadores de Grandes Voltas

editar

Os corredores que gañaron máis dunha gran volta ó largo da súa carreira deportiva.

Nome Total Tour Giro Vuelta
  Eddy Merckx 11 5 (1969, 1970, 1971, 1972, 1974) 5 (1968, 1970, 1972, 1973, 1974) 1 (1973)
  Bernard Hinault 10 5 (1978, 1979, 1981, 1982, 1985) 3 (1980, 1982, 1985) 2 (1978, 1983)
  Jacques Anquetil 8 5 (1957, 1961, 1962, 1963, 1964) 2 (1960, 1964) 1 (1963)
  Miguel Indurain 7 5 (1991, 1992, 1993, 1994, 1995) 2 (1992, 1993) 0
  Fausto Coppi 7 2 (1949, 1952) 5 (1940, 1947, 1949, 1952, 1953) 0
  Alberto Contador 7 2 (2007, 2009) 2 (2008, 2015) 3 (2008, 2012, 2014)
  Gino Bartali 5 2 (1938, 1948) 3 (1936, 1937, 1946) 0
  Felice Gimondi 5 1 (1965) 3 (1967, 1969, 1976) 1 (1968)
  Alfredo Binda 5 0 5 (1923, 1925, 1927, 1928, 1929) 0
  Vincenzo Nibali 4 1 (2014) 2 (2013, 2016) 1 (2010)
  Tony Rominger 4 0 1 (1995) 3 (1992, 1993, 1994)
  Roberto Heras 4 0 0 4 (2000, 2003, 2004, 2005)
  Philippe Thys 3 3 (1913, 1914, 1920) 0 0
  Louison Bobet 3 3 (1953, 1954, 1955) 0 0
  Greg LeMond 3 3 (1986, 1989, 1990) 0 0
  Chris Froome 3 3 (2013, 2015, 2016) 0 0
  Laurent Fignon 3 2 (1983, 1984) 1 (1989) 0
  Charly Gaul 3 1 (1958) 2 (1956, 1959) 0
  Pedro Delgado 3 1 (1988) 0 2 (1985, 1989)
  Carlo Galetti 3(*) 0 3 (1910, 1911, 1912(*)) 0
  Giovanni Brunero 3 0 3 (1921, 1922, 1926) 0
  Fiorenzo Magni 3 0 3 (1948, 1951, 1955) 0
  Lucien Petit-Breton 2 2 (1907, 1908) 0 0
  Firmin Lambot 2 2 (1919, 1922) 0 0
  Ottavio Bottecchia 2 2 (1924, 1925) 0 0
  Nicolas Frantz 2 2 (1927, 1928) 0 0
  André Leducq 2 2 (1930, 1932) 0 0
  Antonin Magne 2 2 (1931, 1934) 0 0
  Sylvère Maes 2 2 (1936, 1939) 0 0
  Bernard Thévenet 2 2 (1975, 1977) 0 0
  Hugo Koblet 2 1 (1951) 1 (1950) 0
  Stephen Roche 2 1 (1987) 1 (1987) 0
  Marco Pantani 2 1 (1998) 1 (1998) 0
  Jan Janssen 2 1 (1968) 0 1 (1967)
  Roger Pingeon 2 1 (1967) 0 1 (1969)
  Luis Ocaña 2 1 (1973) 0 1 (1970)
  Joop Zoetemelk 2 1 (1980) 0 1 (1979)
  Jan Ullrich 2 1 (1997) 0 1 (1999)
  Giovanni Valetti 2 0 2 (1938, 1939) 0
  Franco Balmamion 2 0 2 (1962, 1963) 0
  Giuseppe Saronni 2 0 2 (1979, 1983) 0
  Ivan Gotti 2 0 2 (1997, 1999) 0
  Gilberto Simoni 2 0 2 (2001, 2003) 0
  Paolo Savoldelli 2 0 2 (2002, 2005) 0
  Ivan Basso 2 0 2 (2006, 2010) 0
  Giovanni Battaglin 2 0 1 (1981) 1 (1981)
  Denis Menchov 2 0 1 (2009) 1 (2007)
  Nairo Quintana 2 0 1 (2014) 1 (2016)
  Gustaaf Deloor 2 0 0 2 (1935, 1936)
  Julián Berrendero 2 0 0 2 (1941, 1942)
  José Manuel Fuente 2 0 0 2 (1972, 1974)
  Alex Zülle 2 0 0 2 (1996, 1997)

* A edición de 1912 do Giro de Italia correuse por equipos. O equipo Atala, do que formaba parte Galetti, foi o vencedor.

Máis podios en Grandes Voltas

editar

Independentemente que non o conseguisen nas tres Grandes Voltas.

Corredor Tour Giro Vuelta Total
  Jacques Anquetil 6 6 1 13
  Bernard Hinault 7 3 2 12
  Eddy Merckx 6 5 1 12
  Felice Gimondi 2 9 1 12
  Raymond Poulidor 8 0 2 10
  Gino Bartali 3 7 0 10
  Miguel Indurain 5 3 1 9
  Fausto Coppi 2 7 0 9
  Joop Zoetemelk 7 0 1 8
  Pedro Delgado 3 0 5 8
  Vincenzo Nibali 3 3 2 8
  Alejandro Valverde 1 1 6 8

Gañadores das Grandes Voltas

editar
Ano   Giro de Italia   Tour de Francia   Vuelta a España
2016   Vincenzo Nibali   Chris Froome   Nairo Quintana
2015   Alberto Contador   Chris Froome   Fabio Aru
2014   Nairo Quintana   Vincenzo Nibali   Alberto Contador
2013   Vincenzo Nibali   Chris Froome   Chris Horner
2012   Ryder Hesjedal   Bradley Wiggins   Alberto Contador
2011   Michele Scarponi [1]   Cadel Evans   Juanjo Cobo
2010   Ivan Basso   Andy Schleck [1]   Vincenzo Nibali
2009   Denis Menchov   Alberto Contador   Alejandro Valverde
2008   Alberto Contador   Carlos Sastre   Alberto Contador
2007   Danilo di Luca   Alberto Contador   Denis Menchov
2006   Ivan Basso   Óscar Pereiro [2]   Alexander Vinokourov
2005   Paolo Savoldelli [3]   Roberto Heras
2004   Damiano Cunego [3]   Roberto Heras
2003   Gilberto Simoni [3]   Roberto Heras
2002   Paolo Savoldelli [3]   Aitor González
2001   Gilberto Simoni [3]   Ángel Casero
2000   Stefano Garzelli [3]   Roberto Heras
1999   Ivan Gotti [3]   Jan Ullrich
1998   Marco Pantani   Marco Pantani   Abraham Olano
1997   Ivan Gotti   Jan Ullrich   Alex Zülle
1996   Pável Tonkov   Bjarne Riis   Alex Zülle
1995   Tony Rominger   Miguel Indurain   Laurent Jalabert
1994   Eugeni Berzin   Miguel Indurain   Tony Rominger
1993   Miguel Indurain   Miguel Indurain   Tony Rominger
1992   Miguel Indurain   Miguel Indurain   Tony Rominger
1991   Franco Chioccioli   Miguel Indurain   Melchor Mauri
1990   Gianni Bugno   Greg Lemond   Marco Giovannetti
1989   Laurent Fignon   Greg Lemond   Pedro Delgado
1988   Andrew Hampsten   Pedro Delgado   Sean Kelly
1987   Stephen Roche   Stephen Roche   "Lucho" Herrera
1986   Roberto Visentini   Greg Lemond   Álvaro Pino
1985   Bernard Hinault   Bernard Hinault   Pedro Delgado
1984   Francesco Moser   Laurent Fignon   Eric Caritoux
1983   Giuseppe Saronni   Laurent Fignon   Bernard Hinault
1982   Bernard Hinault   Bernard Hinault   Marino Lejarreta
1981   Giovanni Battaglin   Bernard Hinault   Giovanni Battaglin
1980   Bernard Hinault   Joop Zoetemelk   Faustino Rupérez
1979   Giuseppe Saronni   Bernard Hinault   Joop Zoetemelk
1978   Johan De Muynck   Bernard Hinault   Bernard Hinault
1977   Michel Pollentier   Bernard Thévenet   Freddy Maertens
1976   Felice Gimondi   Lucien Van Impe   José Pesarrodona
1975   Fausto Bertoglio   Bernard Thévenet   Agustín Tamames
1974   Eddy Merckx   Eddy Merckx   José Manuel Fuente
1973   Eddy Merckx   Luis Ocaña   Eddy Merckx
1972   Eddy Merckx   Eddy Merckx   José Manuel Fuente
1971   Gösta Pettersson   Eddy Merckx   Ferdinand Bracke
1970   Eddy Merckx   Eddy Merckx   Luis Ocaña
1969   Felice Gimondi   Eddy Merckx   Roger Pingeon
1968   Eddy Merckx   Jan Janssen   Felice Gimondi
1967   Felice Gimondi   Roger Pingeon   Jan Janssen
1966   Gianni Motta   Lucien Aimar   Francisco Gabica
1965   Vittorio Adorni   Felice Gimondi   Rolf Wolfshohl
1964   Jacques Anquetil   Jacques Anquetil   Raymond Poulidor
1963   Franco Balmanion   Jacques Anquetil   Jacques Anquetil
1962   Franco Balmanion   Jacques Anquetil   Rudi Altig
1961   Arnaldo Pambianco   Jacques Anquetil   Angelino Soler
1960   Jacques Anquetil   Gastone Nencini   Franz De Mulder
1959   Charly Gaul   Federico Martín Bahamontes   Antonio Suárez
1958   Ercole Baldini   Charly Gaul   Jean Stablinski
1957   Gastone Nencini   Jacques Anquetil   Jesús Loroño
1956   Charly Gaul   Roger Walkowiak   Angelo Conterno
1955   Fiorenzo Magni   Louison Bobet   Jean Dotto
1954   Carlo Clerici   Louison Bobet [4]
1953   Fausto Coppi   Louison Bobet [4]
1952   Fausto Coppi   Fausto Coppi [4]
1951   Fiorenzo Magni   Hugo Koblet [4]
1950   Hugo Koblet   Ferdi Kübler   Emilio Rodríguez
1949   Fausto Coppi   Fausto Coppi [4]
1948   Fiorenzo Magni   Gino Bartali   Bernardo Ruiz
1947   Fausto Coppi   Jean Robic   Edouard van Dyck
1946   Gino Bartali [5]   Dalmacio Langarica
1945 [5] [5]   Delio Rodríguez
1944 [5] [5] [5]
1943 [5] [5] [5]
1942 [5] [5]   Julián Berrendero
1941 [5] [5]   Julián Berrendero
1940   Fausto Coppi [5] [6]
1939   Giovanni Valetti   Sylvère Maes [6]
1938   Giovanni Valetti   Gino Bartali [6]
1937   Gino Bartali   Roger Lapébie [6]
1936   Gino Bartali   Sylvère Maes   Gustaaf Deloor
1935   Vasco Bergamaschi   Romain Maes   Gustaaf Deloor
1934   Learco Guerra   Antonin Magne -
1933   Alfredo Binda   Georges Speicher -
1932   Antonio Pesenti   André Leducq -
1931   Francesco Camusso   Antonin Magne -
1930   Luigi Marchisio   André Leducq -
1929   Alfredo Binda   Maurice De Waele -
1928   Alfredo Binda   Nicolas Frantz -
1927   Alfredo Binda   Nicolas Frantz -
1926   Giovanni Brunero   Lucien Buysse -
1925   Alfredo Binda   Ottavio Bottecchia -
1924   Giuseppe Enrici   Ottavio Bottecchia -
1923   Costante Girardengo   Henri Pélissier -
1922   Giovanni Brunero   Firmin Lambot -
1921   Giovanni Brunero   Léon Scieur -
1920   Gaetano Bellonio   Philippe Thys -
1919   Costante Girardengo   Firmin Lambot -
1918 [7] [7] -
1917 [7] [7] -
1916 [7] [7] -
1915 [7] [7] -
1914   Alfonso Calzolari   Philippe Thys -
1913   Carlo Oriani   Philippe Thys -
1912   Atala [8]   Odile Defraye -
1911   Carlo Galetti   Gustave Garrigou -
1910   Carlo Galetti   Octave Lapize -
1909   Luigi Ganna   François Faber -
1908 -   Lucien Petit-Breton -
1907 -   Lucien Petit-Breton -
1906 -   René Pottier -
1905 -   Louis Trousselier -
1904 -   Henri Cornet [9] -
1903 -   Maurice Garin -
  1. 1,0 1,1 En principio o gañador foi Alberto Contador pero foi desclasificado por dopaxe (ver Caso Contador).
  2. "Óscar Pereiro é o gañador do Tour de Francia 2006, o dopaxe de Floyd Landis foi confirmado pola UCI". Consultado o 22 de novembro de 2007. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 A UCI confirmou a solicitude da USADA de desposuír a Lance Armstrong dos seus títulos conseguidos despois de 1998.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Edicións suspendidas por falta de colaboración económica.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 Edicións suspendidas pola II Guerra Mundial.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Edicións suspendidas pola Guerra Civil española.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Edicións suspendidas pola I Guerra Mundial.
  8. Edición disputada por equipos, sen clasificación individual.
  9. Levouse a cabo unha serie de descualificacións e penalizacións polas que o gañador, Maurice Garin, xunto cos tres seguentes, foron borrados da clasificación xeral. Finalmente, elaborouse unha polémica lista que situaba como vencedor a Henri Cornet, que quedou quinto. Grazas a isto, Henri Cornet ten o récord no Tour, de ser o máis novo en vencer. Tamén as vitorias de etapa de Garin foron eliminadas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar