Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2014

O Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2014 foi a 81ª edición do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta. O campionato celebrouse entre o día 21 e o día 28 de setembro de 2014 na cidade de Ponferrada, capital do Bierzo.

Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta
Fundación1984
RexiónInternacional
OrganizadorUCI
Data21-28 de setembro de 2015
Sitio webwww.mundialciclismoponferrada.com

Elección da sedeEditar

A Unión Ciclista Internacional anunciou o 4 de abril de 2011 que Ponferrada era a mellor candidatura para albergar os Campionatos. A candidatura da cidade do Berzo tivo o seu punto forte na importancia dos elementos deportivos e económicos. Ponferrada xa intentara celebrar o Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2013 que finalmente foi para a Toscana. Outras candidaturas para os Campionatos do 2014 foron a de Hooglede-Gits en Bélxica, a de Chihuahua en México e a do Vendée en Francia.

ClasificaciónEditar

A clasificación principal baseouse en actuacións nos eventos UCI durante a tempada 2014. Os resultados de xaneiro ao 15 de agosto contaron para os criterios de clasificación.

Federacións participantesEditar

Nas competicións rexistráronse ciclistas de 68 federacións diferentes. Ademais desas nacións, un ciclista de Namibia completou a contra o reloxo por equipos masculina. O ciclista da República Dominicana e o de Turkmenistán non participaron nas súas respectivas carreiras.

Listaxe de nacións participantes

HorariosEditar

Todas as carreiras comezaron e remataron en Ponferrada na franxa horaria UTC+1.

Data Comezo Final Evento Distancia
Contrarreloxos por equipos
21 de setembro
10:00 11:25 Equipos femininos 36,15 km
12:00 17:05 Equipos masculinos 57,1 km
Contrarreloxos individuais
22 de setembro
10:00 11:30 Júnior feminino 13,9 km
14:00 16:35 Sub-23 masculino 36,15 km
23 de setembro
10:00 12:40 Júnior masculino 29,5 km
14:00 16:45 Elite feminino 29,5 km
24 de setembro
13:00 15:30 Elite masculino 53 km
Probas en liña
26 de setembro
9:00 11:10 Júnior feminino 72,8 km (4 voltas)
13:00 17:40 Sub-23 masculino 182 km (10 voltas)
27 de setembro
9:00 12:15 Júnior masculino 127,4 km (7 voltas)
14:00 17:20 Elite feminino 127,4 km (7 voltas)
28 de setembro
10:00 16:35 Elite masculino 254,8 km (14 voltas)

ResultadosEditar

Eventos eliteEditar

 
Maillot arco da vella co que se premia ao gañador das carreiras en liña.
 
Maillot arco da vella co que se premia ao gañador das carreiras contra o reloxo.
Evento Ouro Prata Bronce
Eventos masculinos
Ruta elite   Michał Kwiatkowski - 6h 29' 07"   Simon Gerrans - +1"   Alejandro Valverde - m.t.
Contra o reloxo elite individual   Bradley Wiggins - 56' 25.52"   Tony Martin - +26.2"   Tom Dumoulin - +40.64"
Contra o reloxo elite por equipos   BMC Racing Team - 1h 03' 29.85"   Orica-GreenEDGE - +31.84"   Omega Pharma-Quick Step - +35.22"
Eventos femininos
Ruta elite   Pauline Ferrand-Prévot - 3h 29' 21"   Lisa Brennauer - m.t.   Emma Johansson - m.t.
Contra o reloxo elite individual   Lisa Brennauer - 38' 48.16"   Hanna Solovyn - +18.68"   Evelyn Stevens - +21.25"
Contra o reloxo elite por equipos   Specialized-lululemon - 43' 33.35"   Orica-AIS - +1' 17.56"   Astana BePink - +2' 19.64"

Eventos sub-23Editar

Evento Ouro Prata Bronce
Ruta sub-23   Sven Erik Bystrøm - 4h 32' 39"   Caleb Ewan - +7"   Kristoffer Skjerping - m.t.
Contra o reloxo sub-23   Campbell Flakemore - 43' 49.94"   Ryan Mullen - +0.48"   Stefan Küng - +9.22"

Eventos júniorEditar

Evento Ouro Prata Bronce
Eventos masculinos
Ruta júnior   Jonas Bokeloh - 3h 07' 00"   Alexandr Kulikovskiy - m.t.   Peter Lenderink - m.t.
Contra o reloxo júnior   Lennard Kämna - 36' 13.49"   Adrien Costa - +44.66"   Michael Storer - + 58.11"
Eventos femininos
Ruta júnior   Amalie Dideriksen - 2h 02' 59"   Sofia Bertizzolo - m.t.   Agnieszka Skalniak - m.t.
Contra o reloxo júnior   Macey Stewart - 20' 18.47"   Pernille Mathiesen - +10.79"   Anna-Leeza Hull - +13.31"

MedalleiroEditar

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1   Estados Unidos 3 3 2 8
2   Alemaña 2 1 2 5
3   Francia 1 0 2 3
4   Belarús 1 0 0 1
4   Reino Unido 1 0 0 1
4   Dinamarca 1 0 0 1
4   Nova Zelandia 1 0 0 1
8   Países Baixos 0 3 1 4
9   Italia 0 2 0 2
10   Bélxica 0 1 0 1
11   Australia 0 0 1 1
11   España 0 0 1 1
11   Polonia 0 0 1 1

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar