O BMC Racing Team (código UCI: BMC) é un equipo ciclista con licenza estadounidense pero que ten a sede da súa fábrica de bicicletas, BMC, en Suíza. O equipo participa no UCI WorldTour e foi fundado no ano 2007.

BMC Racing Team
Información do equipo
Código UCI BMC
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Fundación 2007
Disciplina Ruta
Categoría UCI WorldTour
Director Jim Ochowicz
Director deportivo Allan Peiper
Denominacións
2007- BMC Racing Team

Historia

editar

O equipo comezou a crearse en 2005, cando o ex-ciclista Gavin Chilcott comezou coa idea de crear un equipo ciclista sub-23. No 2006, empezou cun equipo afeccionado que participaba no calendario estadounidense.

A finais dese mesmo ano, despois de diversas negociacións con Andy Rihs e Jim Ochowicz, Gavin Chilcott conseguiu que BMC patrocinara o equipo para a tempada seguinte.

Na tempada 2007, o equipo rexistrouse na Unión Ciclista Internacional como Continental e estaba formado por 14 ciclistas, dos cales 2 eran suízos pola defunción do Phonak polos casos de dopaxe.

 
As bicis e o vehículo que empregou o equipo no Tour de Francia 2014.

Xa en 2008, o equipo logrou o ascenso á categoría Profesional Continental, o que lle permitía poder ir de invitado a algunha das Grandes Voltas.

No 2010, o conxunto suízo-estadounidense quixo dar un salto de calidade para poder participar en Grandes Voltas e por iso xuntou un equipo de 25 ciclistas fichando grandes figuras como o campión do mundo en ruta do 2009 Cadel Evans, o campión do mundo en ruta do 2008 Alessandro Ballan, Karsten Kroon, Marcus Burghardt, Steve Morabito ou o experimentado veterano George Hincapie. Isto fixo que o BMC Racing Team disputase 19 das 26 probas do UCI WorldTour 2009, entre elas o Giro de Italia ou o Tour de Francia.

Para a tempada 2011, o equipo decidiu realizar o salto definitivo e participar dunha vez por todas no UCI WorldTour. Nesa mesma tempada, Cadel Evans alzouse co título do Tour de Francia.

En 2012, o conxunto reforzouse con fichaxes como o do especialista en clásicas Philippe Gilbert, o do campión do mundo en ruta do 2010 Thor Hushovd ou o da xove promesa estadounidense fillo de pais holandeses Tejay van Garderen. Neste ano, o belga Philippe Gilbert alzouse co Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta 2012.

No 2014, o BMC Racing Team conseguiu a vitoria na carreira contra o reloxo por equipos do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta 2012.

Mellores resultados

editar

2008

2010

2011

2012

2013

  Tour de California, Tejay van Garderen

2014

2015

Campionatos nacionais e mundiais

editar

2011

  •   Campionato Noruegués en Liña, Alexander Kristoff
  •   Campionato Suízo Contra o Reloxo, Martin Kohler

2012

  •   Campionato Suízo en Liña, Martin Kohler
  •   Campionato do Mundo en Liña, Philippe Gilbert

2013

  •   Campionato Italiano en Liña, Ivan Santaromita
  •   Campionato Italiano Contra o Reloxo, Marco Pinotti
  •   Campionato Suízo en Liña, Michael Schär
  •   Campionato Noruegués en Liña, Thor Hushovd

2014

  •   Campionato Estadounidense Contra o Reloxo, Taylor Phinney
  •   Campionato Eslovaco Contra o Reloxo, Peter Velits

2015

  •   Campionato Suízo Contra o Reloxo, Silvan Dillier
  •   Campionato Suízo en Liña, Danilo Wyss

Equipo

editar

No 1 de xaneiro de 2015

Ciclista Nacemento
  Darwin Atapuma 15 de xaneiro de 1988
  Brent Bookwalter 16 de febreiro de 1984
  Marcus Burghardt 30 de xuño de 1983
  Damiano Caruso 12 de agosto de 1987
  Alessandro De Marchi 19 de maio de 1986
  Rohan Dennis 28 de maio de 1990
  Silvan Dillier 3 de agosto de 1990
  Jempy Drucker 3 de setembro de 1986
  Campbell Flakemore 6 de agosto de 1992
  Philippe Gilbert 5 de xullo de 1982
  Ben Hermans 8 de xuño de 1986
  Stefan Küng 16 de novembro de 1993
  Klaas Lodewyck 24 de marzo de 1988
  Amaël Moinard 2 de febreiro de 1982
  Daniel Oss 13 de xaneiro de 1987
  Taylor Phinney 27 de xuño de 1990
  Manuel Quinziato 30 de outubro de 1979
  Joey Rosskopf 5 de setembro de 1989
  Samuel Sánchez 5 de febreiro de 1978
  Michael Schär 29 de setembro de 1986
  Egor Silin 25 de xuño de 1988
  Manuel Senni 11 de marzo de 1992
  Peter Stetina 8 de agosto de 1987
  Dylan Teuns 1 de marzo de 1992
  Greg Van Avermaet 17 de maio de 1985
  Tejay van Garderen 12 de agosto de 1988
  Peter Velits 12 de agosto de 1985
  Loïc Vliegen 20 de decembro de 1993
  Danilo Wyss 26 de agosto de 1985
  Rick Zabel 7 de decembro de 1993

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar