Tour Down Under

Pelotón do Tour Down Under 2004.

O Tour Down Under (actualmete por razóns de patrocinio Santos Tour Down Under) é unha carreira ciclista por etapas que se disputa en Adelaida e nos seus arredores dende o ano 1999. Sempre comeza o terceiro martes de xaneiro e remata o domingo desa mesma semana. O nome tómao do sobrenome de Australia: Down Under.

HistoriaEditar

O Tour Down Under creouse en 1999 na categoría 2.4. Ao ano seguinte a proba ascendeu á categoría 2.3. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI no ano 2005, a carreira integrouse no UCI Oceanía Tour coa categoría 2.HC (máxima categoría neses circuítos). No 2008 o Tour Down Under entrou no UCI ProTour (agora UCI WorldTour) sendo a primeira proba non europea en formar parte do circuíto. Xunto coa Cadel Evans Ocean Race, que se desputa tamén en Australia so unha semana depóis, son as únicas probas desta categoría en Oceanía.

No 2011 comenzaron a organizarse probas femininas en torno a carreira, pero so dende o 2016 ten recoñecemento de carreira oficial da UCI[1].

O corredor con mais vitorias na proba masculina é o australiano Simon Gerrants con catro edicións, e na feminina a súa compatriota Amanda Spratt con tres.

PercorridoEditar

A proba sempre comeza e remata na cidade de Adelaida con etapas fundamentalmente chás ás que co paso dos anos se lles foron introducindo dificultades. Dende o ano 2002 incluíuse unha etapa algo montañosa con chegada en Willunga, ao comezo cun paso e máis tarde con dous pasos por un porto puntuábel, cuxo final estaba a uns 20 km da meta e que dende 2012 se converteu en final en alto. A partir do 2009 incluíuse outra etapa rompepernas cun circuíto arredor de Stirling que normalmente produce cortes no pelotón principal. Ademais, dende a edición 2012 engadiuse outra etapa dalgunha dificultade montañosa, isto reduciu as posibilidades de que os sprinters conseguiran a vitoria final.

Palmarés MasculinoEditar

Ano Gañador Segundo Terceiro
1999   Stuart O'Grady   Jesper Skibby   Magnus Backstedt
2000   Giles Maignan   Stuart O'Grady   Steffen Wesemann
2001   Stuart O'Grady   Kai Hundertmarck   Fabio Sacchi
2002   Michael Rogers   Alexandre Botcharov   Patrik Jonker
2003   Mikel Astarloza   Lennie Kristensen   Stuart O'Grady
2004   Patrik Jonker   Robbie McEwen   Baden Cooke
2005   Luis León Sánchez   Allan Davis   Stuart O'Grady
2006   Simon Gerrans   Luis León Sánchez   Robbie McEwen
2007   Martin Elmiger   Karl Menzies   Lars Ytting Bak
2008   André Greipel   Allan Davis   José Joaquín Rojas
2009   Allan Davis   Stuart O'Grady   José Joaquín Rojas
2010   André Greipel   Luis León Sánchez   Gregory Henderson
2011   Cameron Meyer   Matthew Goss   Ben Swift
2012   Simon Gerrans   Alejandro Valverde   Tiago Machado
2013   Tom Slagter   Javier Moreno Bazán   Geraint Thomas
2014   Simon Gerrans   Cadel Evans   Diego Ulissi
2015   Rohan Dennis   Richie Porte   Cadel Evans
2016   Simon Gerrans   Richie Porte   Sergio Henao
2017   Richie Porte   Esteban Chaves   Jay McCarthy
2018   Daryl Impey   Richie Porte   Tom Slagter
2019   Daryl Impey   Richie Porte   Wout Poels
2020   Richie Porte   Diego Ulissi   Simon Geschke

Palmarés FemininoEditar

Ano Gañador Segundo Terceiro
2016   Katrin Garfoot   Shelley Olds   Lauren Kitchen
2017   Amanda Spratt   Janneke Ensing   Kirsten Wild
2018   Amanda Spratt   Lauren Stephens   Katrin Garfoot
2019   Amanda Spratt   Lucy Kennedy   Rachel Neyland
2020   Ruth Winder   Liane Lippert   Amanda Spratt

Palmarés por paísesEditar

País Vitorias
  Australia 11
  Alemaña 2
  España 2
  Suíza 1
  Francia 1
  Países Baixos 1

NotasEditar

  1. "Santos Women's Tour Down Under | Top 3 per edition". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-05-06. 

Vexase taménEditar

Ligazóns externasEditar