Tour Down Under 2015

2014 << Tour Down Under 2015 >> 2016
Clasificacións 6 etapas, 812,3 km
- Xeral Australia Rohan Dennis
- Sprints Daryl Impey
- Montaña Bélxica Jack Bobridge
- Xóvenes Australia Rohan Dennis

A 17ª edición do Tour Down Under (oficialmente polo patrocinio: Santos Tour Down Under) celebrouse nos arredores de Adelaida, Australia entre o 20 e o 25 de xaneiro de 2015.

A carreira comezou en Tanunda e tras 812 quilómetros rematou en Adelaida. Nela participaron 133 ciclistas de 19 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, que tivo final no outeiro de Willunga.

Esta proba foi a carreira inaugural do calendario do UCI WorldTour 2015. O gañador foi o australiano Rohan Dennis, que empregou un tempo de 19 horas 15 minutos e 18 segundos para percorrer os 812 km cunha velocidade media de 42,18 km/h. Ademais, Rohan Denis tamén logrou o maillot branco dos xoves. O resto do podio tamén foi local, xa que segundo quedou Richie Porte e terceiro o excampión do Tour de Francia e do mundo, Cadel Evans.

Nas clasificacións secundarias, o tamén australiano Jack Bobridge gañou o maillot de puntos azuis da montaña, o surafricano Daryl Impey logrou a clasificación dos sprints e o equipo navarro do Movistar Team venceu na clasificación por equipos.

Equipos editar

No Tour Down Under participaron 19 equpos diferentes: os 17 do UCI WorldTour (participación obrigada), 1 equipo australiano de categoría Profesional Continental e unha selección de xoves ciclistas locais que competiu co nome de UniSA-Australia polo patrocinio da Universidade do Sur de Australia.

Equipo Código Categoría Xefe de filas
  Ag2r La Mondiale ALM UCI WorldTour   Domenico Pozzovivo
  Astana Pro Team AST UCI WorldTour   Luis León Sánchez e   Lars Boom
  BMC Racing Team BMC UCI WorldTour   Cadel Evans e   Rohan Dennis
  Drapac Professional Cycling DPC Prof. Continental   Graeme Brown
  Etixx-Quick Step EQS UCI WorldTour   Gianni Meersman e   Maxime Bouet
  FDJ FDJ UCI WorldTour   Jérémy Roy
  IAM Cycling IAM UCI WorldTour   Stef Clement e   Henrich Haussler
  Team Katusha KAT UCI WorldTour   Giampaolo Caruso e   Tiago Machado
  Lampre-Merida LAM UCI WorldTour   Niccolò Bonifazio
  Lotto-Soudal LTS UCI WorldTour   Thomas De Gendt e   Adam Hansen
  Movistar Team MOV UCI WorldTour   Juan José Lobato e   Gorka Izagirre
  Orica-GreenEDGE OGE UCI WorldTour   Simon Clarke e   Daryl Impey
  Team Cannondale-Garmin TCG UCI WorldTour   Ryder Hesjedal
  Team Giant-Alpecin TGA UCI WorldTour   Marcel Kittel e   Tom Dumoulin
  Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI WorldTour   George Benett e   Maarten Tjallingii
  Team Sky SKY UCI WorldTour   Richie Porte
  Tinkoff-Saxo TCS UCI WorldTour   Michael Rogers
  Trek Factory Racing TFR UCI WorldTour   Giacomo Nizzolo
  UniSA-Australia Selección nacional   Jack Bobridge

Etapas editar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 20 de xaneiro Tanunda-Campbelltown 132,6   Jack Bobridge   Jack Bobridge
2.ª 21 de xaneiro Unley-Stirling 150,5   Juan José Lobato   Jack Bobridge
3.ª 22 de xaneiro Norwood-Paracombe   143,2   Rohan Dennis   Rohan Dennis
4.ª 23 de xaneiro Glenelg-Mt Barker 144,5   Steele von Hoff   Rohan Dennis
5.ª 24 de xaneiro McLaren Vale-Willunga Hill   151,5   Richie Porte   Rohan Dennis
6.ª 25 de xaneiro Adelaida 90   Wouter Wippert   Rohan Dennis
Total 812,3   Rohan Dennis

Clasificación xeral editar

A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Rohan Dennis   BMC Racing Team 19h 15' 18"
2   Richie Porte Team Sky + 2"
3   Cadel Evans BMC Racing Team + 20"
4   Tom Dumoulin Team Giant-Alpecin + 22"
5   Rubén Fernández Movistar Team + 24"
6   Domenico Pozzovivo Ag2r La Mondiale + 31"
7   Daryl Impey   Orica-GreenEDGE + 35"
8   Gorka Izagirre Movistar Team + 52"
9   Jarlinson Pantano IAM Cycling + 53"
10   George Bennett Team LottoNL-Jumbo + 57"
11   Tsgabu Grmay Lampre-Merida + 1' 00"
12   Tiago Machado Team Katusha + 2' 00"
13   Luis León Sánchez Astana m.t.
14   Michael Rogers Tinkoff-Saxo + 2' 14"
15   Maxime Bouet Etixx-Quick Step + 2' 28"
16   Jack Haig UniSA-Australia + 2' 31"
17   Adam Hansen Lotto-Soudal + 2' 33"
18   Simon Geschke Team Giant-Alpecin + 2' 41"
19   Jérémy Roy FDJ + 2' 43"
20   Julien Berard Ag2r La Mondiale + 2' 46"

Outras clasificacións editar

Clasificación dos sprints editar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Daryl Impey Orica 55
2   Niccolo Bonifazio Lampre 39
3   Cadel Evans BMC 37
4   Tom Dumoulin Giant-Alpecin 36
5   Richie Porte Sky 34

Clasificación da montaña editar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Jack Bobridge Australia 36
2   Rohan Dennis    BMC 34
3   Richie Porte Sky 22
4   Cadel Evans BMC 18
5   Domenico Pozzovivo Ag2r 14

Clasificación dos xoves editar

Pos. Ciclista Equipo Tempo
    Rohan Dennis   BMC 19h 15' 18"
2   Tom Dumoulin Giant-Alpecin + 22"
3   Rubén Fernández Movistar + 24"
4   George Bennett LottoNL-Jumbo + 57"
5   Tsgabu Grmay Lampre + 1' 00"

Clasificación por equipos editar

Pos. Equipo Tempo
    Movistar 57h 48' 48"
2   BMC 1' 21"
3   Lotto-Soudal 4' 24"
4   Ag2r La Mondiale 5' 46"
5   IAM 5' 57"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar