Tour Down Under 2016

A 18ª edición do Tour Down Under (oficialmente denominada: 2016 Santos Tour Down Under) celebrouse nos arredores de Adelaida, Australia entre o 19 e o 24 de xaneiro de 2016.

Modelo:Competición deportivaTour Down Under 2016
Editar o valor em Wikidata
Nome oficialSantos Tour Down Under 2016 Editar o valor em Wikidata
TipoTour Down Under Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI World Tour 2016 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento781,3 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaProspect Editar o valor em Wikidata
Liña de metaAdelaida Editar o valor em Wikidata
Número de participantes140, inicio
134, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísAustralia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo19 de xaneiro de 2016 – 24 de xaneiro de 2016 Editar o valor em Wikidata
Número de edición18 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Simon Gerrans
Segundo da clasificación xeral Richie Porte
Terceiro da clasificación xeral Sergio Henao
Gañador da clasificación por puntos Simon Gerrans
Gañador da clasificación da montaña Sergio Henao
Vencedor da classificação dos jovens Jay McCarthy
Vencedora da classificação por equipas Cannondale-Drapac 2016
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialtourdownunder.com.au Editar o valor em Wikidata

2015 Editar o valor em Wikidata
2017 Editar o valor em Wikidata

A carreira comezou en Prospect e tras 781 quilómetros rematou en Adelaida. Nela participaron 140 ciclistas de 20 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, que tivo final no outeiro de Willunga.

Esta proba foi a carreira inaugural do UCI WorldTour 2016. O gañador foi o australiano Simon Gerrans, que empregou un tempo de 17 horas 19 minutos e 9 segundos para percorrer os 781,3 km cunha velocidade media de 40,7 km/h. Ademais, Simon Gerrans tamén logrou o maillot vermello dos sprints. O resto do podio conformárono o tamén australiano Richie Porte (que xa quedara segundo na pasada edición) seguido do colombiano Sergio Henao.

Nas clasificacións secundarias, o tamén australiano Jay McCarthy gañou o maillot branco dos xoves, o colombiano que finalizou terceiro da xeral Sergio Henao venceu na montaña e o equipo norteamericano do Cannondale-Drapac na clasificación dos equipos.

Equipos

editar

No Tour Down Under participaron 20 equipos diferentes: os 18 do UCI WorldTour de participación obrigada, máis o equipo australiano Profesional Continental do Drapac Professional Cycling e unha selección de xoves ciclistas locais que competiu co nome de UniSA-Australia patrocinados pola Universidade do Sur de Australia.

Equipo Código Categoría Xefe de filas
  AG2R La Mondiale ALM UCI WorldTour   Domenico Pozzovivo
  Astana AST UCI WorldTour   Lars Boom
  BMC Racing Team BMC UCI WorldTour   Richie Porte e   Rohan Dennis
  Cannondale Pro Cycling Team CPT UCI WorldTour   Simon Clarke
  Team Dimension Data DDD UCI WorldTour   Cameron Meyer
  Drapac Professional Cycling DPC Prof. Continental   Graeme Brown
  Etixx-Quick Step EQS UCI WorldTour   Petr Vakoc
  FDJ FDJ UCI WorldTour   Steve Morabito
  IAM Cycling IAM UCI WorldTour   Matteo Pelucchi
  Team Katusha KAT UCI WorldTour   Tiago Machado
  Lampre-Merida LAM UCI WorldTour   Federico Zurlo e   Diego Ulissi
  Lotto-Soudal LTS UCI WorldTour   Thomas De Gendt
  Movistar Team MOV UCI WorldTour   Juan José Lobato
  Orica-GreenEDGE OGE UCI WorldTour   Simon Gerrans
  Team Giant-Alpecin TGA UCI WorldTour   Simon Geschke
  Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI WorldTour   Bram Tankink
  Team Sky SKY UCI WorldTour   Geraint Thomas e   Sergio Henao
  Tinkoff TNK UCI WorldTour   Jay McCarthy
  Trek-Segafredo TFS UCI WorldTour   Jack Bobridge
  UniSA-Australia Selección nacional   Steele Von Hoff

Carreira de exhibición

editar

People's Choice Classic: Adelaida-Adelaida, 50 km

editar

Dous días antes do comezo do Tour Down Under (o 17 de xaneiro), disputouse unha clásica de exhibición de 50 quilómetros, non oficial, en Adelaida, na que participaron os corredores que posteriormente disputaron a volta.

Resultados da carreira

Posición Ciclista Equipo Tempo
1   Caleb Ewan Orica GreenEDGE 1h 2' 25"
2   Giacomo Nizzolo Trek-Segafredo m.t.
3   Adam Blythe Tinkoff m.t.

Etapas

editar
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 19 de xaneiro Prospect-Lyndoch 130,8   Caleb Ewan   Caleb Ewan
2.ª 20 de xaneiro Unley-Stirling 132   Jay McCarthy   Jay McCarthy
3.ª 21 de xaneiro Glenelg-Campbelltown   139   Simon Gerrans   Simon Gerrans
4.ª 22 de xaneiro Norwood-Victor Harbor 138   Simon Gerrans   Simon Gerrans
5.ª 23 de xaneiro McLaren Vale-Willunga Hill   151,5   Richie Porte   Simon Gerrans
6.ª 24 de xaneiro Adelaida 90   Caleb Ewan   Simon Gerrans
Total 781,3   Simon Gerrans

Clasificación xeral

editar

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Simon Gerrans   Orica GreenEDGE 19h 11' 33"
2   Richie Porte BMC Racing Team + 9"
3   Sergio Henao   Team Sky + 11"
4   Jay McCarthy   Tinkoff + 20"
5   Michael Woods Cannondale m.t.
6   Rubén Fernández Movistar Team + 28"
7   Domenico Pozzovivo Ag2r La Mondiale m.t.
8   Rafael Valls Lotto-Soudal + 36"
9   Steve Morabito FDJ + 49"
10   Patrick Bevin Cannondale + 50"

Outras clasificacións

editar

Clasificación dos sprints

editar
Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Simon Gerrans   Orica 51
2   Jay McCarthy   Tinkoff 46
3   Caleb Ewan Orica 38
4   Giacomo Nizzolo Trek 36
5   Ben Swift Sky 33

Clasificación da montaña

editar
Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Sergio Henao Sky 38
2   Richie Porte BMC 28
3   Michael Woods Cannondale 20
4   Reinardt Janse Van Rensburg Dimension Data 16
5   Lars Boom Astana 12

Clasificación dos xoves

editar
Pos. Ciclista Equipo Tempo
    Jay McCarthy BMC 19h 11' 53"
2   Rubén Fernández Movistar + 8"
3   Patrick Bevin Cannondale + 30"
4   Chris Hamilton Australia + 38"
5   Louis Meintjes Lampre + 44"

Clasificación por equipos

editar
Pos. Equipo Tempo
    Cannondale 57h 37' 15"
2   Movistar + 9"
3   Etixx-Quick Step + 1' 12"
4   Katusha + 1' 32"
5   Lotto-Soudal + 1' 49"

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar